Sármatas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
eli, elimino ligazón a homónimos
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 1: Liña 1:
Os '''sármatas''' eran unha coalición de [[tribo]]s [[nomáde]]s [[iraniano|iranianas]] relacionadas cos [[escita]]s que se desprazaron gradualmente desde as chairas ao [[norte]] do [[Mar Caspio]] até o [[leste]] de [[Europa]] e ameazaron o [[Imperio Romano]].
Os '''sármatas''' eran unha coalición de [[tribo]]s [[nómade]]s [[iraniano|iranianas]] relacionadas cos [[escita]]s que se desprazaron gradualmente desde as chairas ao [[norte]] do [[Mar Caspio]] até o [[leste]] de [[Europa]] e ameazaron o [[Imperio Romano]].

[[Herodoto]], o historiador grego, descríbeos nas súas ''Historias'' como descendentes de pais [[escita]]s e nais [[amazona]]s. Isto é pura lenda, pero os sármatas si habitaron nas chairas que van do [[Mar Negro]] ao [[Mar Caspio]], ao norte do [[Cáucaso]] e naquela altura o [[río Don]] servía de separación entre eles e os escitas.

Liña 5: Liña 5:
Durante os séculos que seguiron, os sármatas viaxaron cara o oeste. Un texto de mediados do século IV a.C. (aínda que atribuído ao explorador do século VI a.C. [[Escilax de Carianda]]) sitúaos xa ao oeste do Don. A mediados do século III a.C. esta tribo controlaba unha boa parte de [[Escitia]], o cal se deduce dos restos de tumbas. Os gregos describen a súa fereza, que lles permitiu requirir tributo das cidades gregas situadas na costa norte do Mar Negro. As relacións, porén, non foron sempre malas e sármatas e gregos comerciaban e chegaban mesmo a unírense para repeler aos escitas. Estes últimos desaparecen da historia e o seu territorio pasa a coñecerse como [[Sarmacia]].

No século II a.C., [[Pausanias]] explica que non traballaban os metais pero que usaban ósos e pezuños para as súas armas, resultando nunha efectividade parella. As armaduras medievais posibelmente teñan a súa orixe nas coirazas destes materiais que utilizaban os sármatas e que lles permitiron enfrontarse con éxito ás chuvias de frechas, táctica típica dos escitas.
No século II a.C., [[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]] explica que non traballaban os metais pero que usaban ósos e pezuños para as súas armas, resultando nunha efectividade parella. As armaduras medievais posibelmente teñan a súa orixe nas coirazas destes materiais que utilizaban os sármatas e que lles permitiron enfrontarse con éxito ás chuvias de frechas, táctica típica dos escitas.

A comezos do século I a.C. aliáronse con [[Mitrídades]], que reinaba sobre varios países nos arredores do [[Mar Negro]] e era un dos máis inimigos máis irredutíbeis do [[Imperio Romano]]. Foi derrotado por [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]] en [[-66]], pero retirouse a [[Crimea]] e continuou enfrontándose aos romanos apoiado polos sármatas até que foi obrigado a suicidarse. Os sármatas continuaron a alianza antirromana co seu fillo [[Farnaces]], a quen venceu [[Xulio César]] en [[-47]] en [[Zela]] (ocasión que este describiu co célebre "''Vini, vidi, vinci''").

Revisión como estaba o 8 de xuño de 2012 ás 16:22

Os sármatas eran unha coalición de tribos nómades iranianas relacionadas cos escitas que se desprazaron gradualmente desde as chairas ao norte do Mar Caspio até o leste de Europa e ameazaron o Imperio Romano.

Herodoto, o historiador grego, descríbeos nas súas Historias como descendentes de pais escitas e nais amazonas. Isto é pura lenda, pero os sármatas si habitaron nas chairas que van do Mar Negro ao Mar Caspio, ao norte do Cáucaso e naquela altura o río Don servía de separación entre eles e os escitas.

Durante os séculos que seguiron, os sármatas viaxaron cara o oeste. Un texto de mediados do século IV a.C. (aínda que atribuído ao explorador do século VI a.C. Escilax de Carianda) sitúaos xa ao oeste do Don. A mediados do século III a.C. esta tribo controlaba unha boa parte de Escitia, o cal se deduce dos restos de tumbas. Os gregos describen a súa fereza, que lles permitiu requirir tributo das cidades gregas situadas na costa norte do Mar Negro. As relacións, porén, non foron sempre malas e sármatas e gregos comerciaban e chegaban mesmo a unírense para repeler aos escitas. Estes últimos desaparecen da historia e o seu territorio pasa a coñecerse como Sarmacia.

No século II a.C., Pausanias explica que non traballaban os metais pero que usaban ósos e pezuños para as súas armas, resultando nunha efectividade parella. As armaduras medievais posibelmente teñan a súa orixe nas coirazas destes materiais que utilizaban os sármatas e que lles permitiron enfrontarse con éxito ás chuvias de frechas, táctica típica dos escitas.

A comezos do século I a.C. aliáronse con Mitrídades, que reinaba sobre varios países nos arredores do Mar Negro e era un dos máis inimigos máis irredutíbeis do Imperio Romano. Foi derrotado por Pompeio en -66, pero retirouse a Crimea e continuou enfrontándose aos romanos apoiado polos sármatas até que foi obrigado a suicidarse. Os sármatas continuaron a alianza antirromana co seu fillo Farnaces, a quen venceu Xulio César en -47 en Zela (ocasión que este describiu co célebre "Vini, vidi, vinci").

Os sármatas, como todas as tribos, constituían sociedades pouco organizadas. Durante a súa migración cara o oeste foron asimilando outros grupos étnicos e constituíronse nunha federación de tribos. Polo xeógrafo Estrabón, a mediados do século I a.C., coñécese a existencia de polo menos catro tribos sármatas entre o Dniper e o Danubio.

A sociedade sármata era xerárquica e dividíase entre aristocracia guerreira (argaragantes) e escravos (limigantes). A tribo era aínda nómade e desprazábase en cabalo ou en carromatos cubertos (kibitkas). As mulleres gozaban dun estatuto social moito mellor que en Grecia ou Roma e podíanse dedicar tamén á guerra (de onde se explica que os gregos afirmasen que os sármatas descendían das amazonas).

A mediados do século I, algunhas tribos sármatas chegaron a Romenia e Hungría, onde se enfrontaron coa lexión III Gallica en 68/69, aínda que a súa chegada favorecía a Roma pois debilitaba o reino dacio. Pouco despois, porén, dacios e sármatas coligáronse e destruíron unha lexión romana (no 92). Os romanos decidíronse pola conquista de territorios na beira norte do Danubio e entre 102 e 106 Traxano subxugounos. O seu sucesor, Hadriano, liberounos a cambio de que se convertesen en aliados do Imperio.

Sendo Marco Aurelio emperador, os sármatas rebeláronse xunto con outros grupos, como os alanos e os marcomanos. Roma venceu habitualmente nesta ocasión así como en distintos enfrontamentos durante o século II. No século III os sármatas ocuparon a Dacia. A comezos do IV, Diocleciano desprazounos e o seu sucesor, Constantino, aceptounos como granxeiros nos Balcáns. Os que ficaran ao norte do Danubio foron destruídos polos Hunos.