Théodred: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Théodred''' é un personaxe ficticio que aparece na obra de J. R. R. Tolkien en ''O Señor dos Aneis'' e ''Unfinished Tales of Númenor and Middle-earth''. Era un ..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 8 de xuño de 2012 ás 07:34

Théodred é un personaxe ficticio que aparece na obra de J. R. R. Tolkien en O Señor dos Aneis e Unfinished Tales of Númenor and Middle-earth. Era un home de Rohan, fillo único do rei Théoden e Elfhild, quen morreu no parto en 2978 da T.E. Théodred medrou xunto ó seu curmán Éomer e á súa curmá Éowyn, ós que amaba como irmáns.

Etimoloxía

O nome “Théodred” é unha verba anglosaxoa, como o resto dos nomes que Tolkien lles deu ós Rohirrim. Está composto de "_þeod_" ("pobo", "xente", "nación") e "_ræd_" ("consello").

Historia

Durante a Guerra do Anel, Théodred era Segundo Mariscal da Marca, tiña a súa sede de mando no Abismo de Helmo, e reunía ás tropas do Folde Oeste.

Como tal tivo ó seu cargo a defensa dos Vaos do Isen ante a acción de Saruman de invadir Rohan. Morreu na Primeira Batalla dos Vaos do Isen en 3019 da T.E. Grimbold acudiu no seu auxilio pero foi demasiado tarde, porque o fillo de Théoden morreu nos seus brazos.

Como o seu pai Théoden non tiña outro fillo, o décimo noveno rei da Marca foi Éomer.