Jilin: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 63: | Liña 63: | ||
* [http://www.jl.gov.cn/ Goberno provincial de Jilin] {{zh}}, (en coreano), {{en}}, {{ru}}, {{ja}} |
* [http://www.jl.gov.cn/ Goberno provincial de Jilin] {{zh}}, (en coreano), {{en}}, {{ru}}, {{ja}} |
||
{{xina}} |
|||
[[Categoría:provincias de China]] |
[[Categoría:provincias de China]] |
Revisión como estaba o 7 de xuño de 2012 ás 20:44
Capital | Changchun (3,341.000 hab.) |
Área | 187.400 km² |
Poboación | 27,462.297 hab. |
Densidade | 146 hab./km² |
Jilin (axuda · info) é unha provincia da República Popular da China situada ao noreste do país del país, limita con Corea do Norte e Rusia ao leste, Heilongjiang ao norte, Liaoning ao sur, e Mongolia Interior ao oeste. No ano 2010 tiña unha pobación de 27.462.297 habitantes.
O topónimo "Jilin" podería vir de Girin ula, un termo manchú que se traduce como "ao longo do río", transcrito como Jilin wula (T: 吉林烏拉 / S: 吉林乌拉) ao chinés, e simplificado como Jilin, que literalmente en chinés é "bosque auspicioso".
Xeografía
A zona de maior altitude de Jilin atópase no sueste, descendendo lenemente cara ao noroeste. Nas Montañas Changbai, na zona suroriental, sitúase o cumio máis alto da provincia, o monte Baiyun (2.691 metros). Outras cadeas montañosas son Jilinhada, Zhang Guangcai e Longgang. En Jilin hai diversas concas fluvials: as dos ríos Yalu e Tume (que forman a fronteira entre China e Corea do Norte no suoeste, as de diversos afluentes do río Liao na fronteira meridional e dos ríos Songhua e Nen, que desembocan no río Amur. El clima é continental monzónico con invernos longos e moi fríos e veráns curtos e cálidos. A temperatura media do mes de xaneiro obscila entre -20 °C e -14 °C. As precipitacións son escasas, cunha media de 350-1000 mm
División Administrativa
Jilin divídese en 8 prefecturas e 1 prefectura autónoma.
- Changchun (长春市 : Chángchūn shì)
- Cidade de Jilin (吉林市 : Jílín shì)
- Siping (四平市 : Sìpíng shì)
- Liaoyuan (辽源市 : Liáoyuán shì)
- Tonghua (通化市 : Tōnghuà shì)
- Baishan (白山市 : Báishān shì)
- Songyuan (松原市 : Sōngyuán shì)
- Baicheng (白城市 : Báichéng shì)
- Prefectura Autónoma Coreana de Yanbian (延边朝鲜族自治州 : Yánbiān Cháoxiǎnzú Zìzhìzhōu)
Demografía
Grups étnicos de Jilin, censo de 2000 | ||
---|---|---|
Nacionalidade | Poboación | Percentaxe |
Chineses han | 24,348,815 | 90.85% |
coreanos | 1,145,688 | 4.27% |
Manxús | 993,112 | 3.71% |
Mongois | 172,026 | 0.642% |
Hui | 125,620 | 0.469% |
Excluídos militares en servizo activo.
Historia
Na antigüídade habitaban Jilin diversos pobos, como os Mohe e os Wuji. O reino de Balhae establecuse na zona o ano 698 e perdurou ata o 926, caendo sucesivamente nas mans da dinastía Liao dos Khitan, a Jin dos Jurchen e a Yuan dos mongois. Durante a dinastía Qing gran parte da zona estaba baixo o control do xeneral de Jilin, que gobernaba ata o Mar do Xapón. Nesta época a inmigración han estaba estrictamente controlada, o que vai mudar despois da cesión a Rusia de Primorie. O goberno Qing comezou a abrir a zona aos inmigrantes han, a maioría procedentes de Shandong, e ao comezar o século XX eran a etnia dominante na rexión. En 1932, Jilin incorporouse ao estado do Manchukuo que tiña como capital Changchun. Despois da derrota do Xapón en 1945 a rexión foi liberada polos soviéticos para os comunistas chineses, que a utilizaron como plataforma para ocupar o resto da China.
En 1949, a provincia de Jilin era moito máis pequena, abranguendo tan só os arredores de Changchun e a cidade de Jilin, onde estaba a capital. Nos anos cincuenta ampliouse ata a súa extensión actual. Durante a Revolución Cultural ampliouse de novo para incluír parte da Mongolia Interior, ata a fronteira con Mongolia, aínda que este cambio non durou moito.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jilin |
- Goberno provincial de Jilin (en chinés), (en coreano), (en inglés), (en ruso), (en xaponés)
`