Eustaquio Ilundáin: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: eu:Eustaquio Ilundain
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 6: Liña 6:
Durante o seu período na [[diocese de Ourense]] prestou especial atención á formación dos seminaristas e promoveu os seus coñecementos científicos. Realizou importantes investimentos para subministrar aparellos ao gabinete de [[Física]] e [[Historia Natural]] que el mesmo fundou.
Durante o seu período na [[diocese de Ourense]] prestou especial atención á formación dos seminaristas e promoveu os seus coñecementos científicos. Realizou importantes investimentos para subministrar aparellos ao gabinete de [[Física]] e [[Historia Natural]] que el mesmo fundou.


En [[1914]] suspendeu ''a divinis'' ao crego e líder agrarista [[Basilio Álvarez]] pola campaña xornalística e política que este emprendera en defensa do campesiñado e contra os poderes conservadores. Eustaquio Ilundáin viviu tamén mentres foi bispo de Ourense a aceptación por parte da poboación de novas formas de ocio, entre elas o [[cinematógrafo]], que foi visto como unha ameaza á [[doutrina]] da [[Igrexa]] e aos seus valores morais{{cómpre referencia}}, visión esta que retratou [[Carlos Casares]] na novela ''[[Ilustrísima]]''.
En [[1914]] suspendeu ''a divinis'' ao crego e líder agrarista [[Basilio Álvarez]] pola campaña xornalística e política que este emprendera en defensa do campesiñado e contra os poderes conservadores. Eustaquio Ilundáin viviu tamén mentres foi bispo de Ourense a aceptación por parte da poboación de novas formas de ocio, entre elas o [[cinematógrafo]], que foi visto como unha ameaza á [[doutrina]] da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]] e aos seus valores morais{{cómpre referencia}}, visión esta que retratou [[Carlos Casares]] na novela ''[[Ilustrísima]]''.


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 7 de xuño de 2012 ás 06:56

Eustaquio Ilundáin y Esteban, nado en Pamplona o 20 de setembro de 1862 e falecido en Sevilla o 10 de agosto de 1937, foi bispo de Ourense entre os anos 1904 e 1920 e posteriormente arcebispo de Sevilla ata a súa morte.

Traxectoria

Recibiu formación en Teoloxía nos seminarios de Pamplona e Ciudad Real. Na capital navarra foi ordenado sacerdote no ano 1886 e alí serviu ata 1891. Entre 1901 e 1904 foi reitor do Seminario de Segovia.

Durante o seu período na diocese de Ourense prestou especial atención á formación dos seminaristas e promoveu os seus coñecementos científicos. Realizou importantes investimentos para subministrar aparellos ao gabinete de Física e Historia Natural que el mesmo fundou.

En 1914 suspendeu a divinis ao crego e líder agrarista Basilio Álvarez pola campaña xornalística e política que este emprendera en defensa do campesiñado e contra os poderes conservadores. Eustaquio Ilundáin viviu tamén mentres foi bispo de Ourense a aceptación por parte da poboación de novas formas de ocio, entre elas o cinematógrafo, que foi visto como unha ameaza á doutrina da Igrexa e aos seus valores morais[Cómpre referencia], visión esta que retratou Carlos Casares na novela Ilustrísima.

Véxase tamén

Ligazóns externas