Igrexa de San Pedro da Mezquita: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
Liña 14: Liña 14:
Ficheiro:Frontal igrexa de San Pedro da Mezquita, A Merca.jpg|Igrexa.
Ficheiro:Frontal igrexa de San Pedro da Mezquita, A Merca.jpg|Igrexa.
Ficheiro:Portada igrexa de San Pedro da Mezquita, A Merca.jpg|Portada da igrexa.
Ficheiro:Portada igrexa de San Pedro da Mezquita, A Merca.jpg|Portada da igrexa.
Ficheiro:Cabeceira da igrexa de San Pedro da Mezquita.jpg|Cabeceira.
Ficheiro:Contrafortes igrexa de San Pedro da Mezquita, A Merca.jpg|Imaxes no contraforte.
Ficheiro:Contrafortes igrexa de San Pedro da Mezquita, A Merca.jpg|Imaxes no contraforte.
Ficheiro:A Mezquita San Pedro Südportal585.JPG|Porta sur.
Ficheiro:A Mezquita San Pedro Südportal585.JPG|Porta sur.

Revisión como estaba o 4 de xuño de 2012 ás 22:05

Igrexa de San Pedro da Mezquita

A igrexa de San Pedro da Mezquita é un templo católico parroquial. Está situada na Mezquita (A Merca), e foi declarada Monumento Nacional en 1931. É de orixe románica (ten unha inscrición de 1202, malia que xa aparece citada no ano 986), con elementos de transición ao gótico.

Características

É de planta lonxitudinal e unha sola nave, con contrafortes e delimitada por unha imposta que percorre todo o edificio, baixo a que se atopa unha sucesión continua de modillóns que representan animais simbólicos (lobo, serpe), figuras antropomorfas e unha roseta. Remata nun piñón sobre o que se dispón un Agnus Dei e unha cruz antefixa co cordeiro mirando cara ao oeste, caso único en Galicia.

Na entrada no ángulo da cornixa e contrafortes hai dúas figuras: San Pedro, patrón, coa chave na man dereita, e a Virxe. Baixo os contrafortes unha loba amamanta aos seus lobetos e un lobo devora un cordeiro. No segundo corpo da fachada ábrense dúas ventás superpostas; a inferior, entre a portada e o rosetón, é de arco de medio punto axadrezado, e a superior é un simple portelo sobre a cornixa. O rosetón está decorado con motivos florais da corrente santiaguesa. A portada sur, ademais de dúas ventás de arco de medio punto con capiteis, mostra dous leóns que apoian as súas patas dianteiras sobre un cordonciño dun canastillo, baixo o arco de descarga. A ábsida, dividida por altas columnas, con tres ventás e canzorros na cornixa, está cuberto por dous teitos de elementos desiguais que alteran as súas medidas en altura e anchura. A nave comunícase mediante un arco dobremente partido coa ábsida, na que se observan columnas truncadas baixo unha bovediña.

Galería de imaxes