Porto de España: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: pl:Port of Spain
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: br:Port of Spain
Liña 69: Liña 69:
[[bn:পোর্ট অফ স্পেন]]
[[bn:পোর্ট অফ স্পেন]]
[[bo:པོ་རོ་ཊི་ཨོཕ་སི་པེ་ན།]]
[[bo:པོ་རོ་ཊི་ཨོཕ་སི་པེ་ན།]]
[[br:Port of Spain]]
[[bs:Port of Spain]]
[[bs:Port of Spain]]
[[ca:Port-of-Spain]]
[[ca:Port-of-Spain]]

Revisión como estaba o 4 de xuño de 2012 ás 21:10

Modelo:Cidade

Port of Spain, ás veces tamén denominada Porto España, é a capital de Trindade e Tobago e o terceiro concello máis grande do país, logo de Chaguanas e San Fernando. A poboación do seu municipio é de 49.031 (censo de 2000), entanto a poboación metropolitana estimábase en 128.026 no ano 1990.

Xeografía

Port of Spain está situada ao noroeste da illa de Trindade, entre o golfo de Paria, os outeiros do North Range e o pantano Caroni. Parte da cidade está sentada sobre terreos gañados ao mar.

Estrutura urbana

Port of Spain, oficialmente ten pouca poboación, o que reflicte os estritos límites do seu concello, que inclúen o distrito central de negocios e algúns barrios economicamente deprimidos. Fronte a poboación oficial contrasta a conurbación do corredor leste-oeste que se achega aos 600.000 habitantes.[1]. O corredor é unha área edificada ao norte da illa de Trindade que se estende desde a capital, Port of Spain, uns 15 km cara o leste até Arima, e que inclúe as cidades de Barataria, San Juan, St. Joseph, Curepe, St. Augustine, Tunapuna, Tacarigua, Arouca e máis Five Rivers, nun tempo comunidades diferentes e actualmente distritos que conforman unha área urbana continua. Na súa maior parte espállase ao longo da Eastern Main Road, entre a Churchill-Roosevelt Highway e a base dos outeiros da Northern Range (Cordal Norte).[2]

Historia

Port of Spain foi fundada pos españois a mediados do século XVI sobre o antigo emprazamento índio de Cumucarapo ou Conquerabia. Foi denominado Puerto de los Españoles.

A fins do século XVIII, o último gobernador, José María Chacón, trasladou a capital da illa desde San José de Oruña (hoxe denominada Saint Joseph) para a cidade. Despois da conquista de Trindade por Inglaterra, durante as Guerras Revolucionarias Francesas, en 1797, continuou sendo a capital da colonia, mais con o novo nome de Port of Spain. Con a independencia do arquipélago (1962) pasou a ser a capital do novo estado.

Anos antes, entre 1958 e 1962, Port of Spain foi capital da Federación das Indias Occidentais, aínda que se pensara en facer capital federal a Chaguaramas, ao oeste da cidade.

Economía

Port of Spain é o centro comercial, financeiro e de negocios da maior parte do país. Dous dos maiores bancos do Caribe, Republic Bank, Trinidad and Tobago Limited e RBTT (antes Royal Bank de Trindade e Tobago) teñen aquí a súa sede. Tamén a maioría das oficinas gubernativas están asentadas na cidade. en distintas localizacións: The Government Campus Plaza (en construción), Red House ou Eric Williams Plaza. O porto de Port of Spain é o maior porto de embarques con contedores e ten capacidade abondo para que amarren nos seus peiraos os maiores buques.

A economía de Trindade baséase no gas natural e o petróleo. Aínda que ningunha industria pesada está situada no mesmo Port of Spain, si que unha importante refinería petroleira, moitas plantas petroquímicas, siderúrxicas e de aluminio sitúanse ou están planificadas en lugares do sur da cidade[3]. Os altos ingresos procedentes da exportación de gas natural serviron para que o país finanzase o Port of Spain International Waterfront project. Port of Spain ten sona de ser o "eixo industrial" do Caribe, como a cidade máis desenvolvida do seu país.

Comunicacións

O tráfico automobilístico é extremadamente denso, sobretodo ás horas punta. A fin de facilitar o tránsito de entrada e saída a cidade, existen varios proxectos. Un deles é preparar a autovía Churchill-Roosevelt con vías rápidas; outro extender o servizo de buques transbordadores (que cargan vehículos) desde Port of Spain até os centros urbanos máis importantes da costa oeste.

Entretanto existe un importante servizo de transporte público de autobuses, e privado de minibuses, que serve City Gate, localizado en South Quay, xusto ao sur de Independence Square. O servizo actual de transbordador conecta Port of Spain con Scarborough, Tobago.

Para comunicacións aéreas, Port of Spain está atendido polo Aeroporto Internacional Piarco, situado na localidade de Piarco, que é o aeródromo internacional de todo o país.

Notas

  1. Trinidad and Tobago - Country overview, Location and size, Population, Industry, Oil and gas, Manufacturing, Services, Tourism
  2. Northern Range of Trinidad Travel Guide
  3. US State Department Background Notes - Trinidad and Tobago(11/07)[1]
Vista parcial de Port of Spain
Localización de Port of Spain en Trindade e Tobago