Diferenzas entre revisións de «Sardes»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
m (r2.7.1) (Bot: Engado: uk:Сарди)
Eliminada a dinastía lidia, Sardes convértese ne capital dunha [[satrapía]] persa sobre o [[-540]]. Durante a revolta dos [[xonios]] dirixida por Aristágoras e Histieo ([[-499]]), os xonios, con axuda de naves de [[Atenas]] ocuparon toda a cidade menos a cidadela, defendida por [[Artafernes]] e a gornición persa. A cidade incendiouse accidentalmente e os xonios e atenienses retiráronse. Sardes foi reconstruída. O rei de Persia, en represalia, declarou a guerra a Atenas. [[Xerxes]] pasou en Sardes o inverno anterior á invasión de Grecia.
 
[[Ciro o Mozo|Ciro]] o mozo reuniu as forzas militares contra o seu irmán [[Artaxerxes II]]. Despois da vitoria de [[Alexandre o Grande]] en [[Gránico]] ([[-334]]), Sardes rendeuse sen loita, e, en agradecemento, o rei macedonio deu aos seus habitantes a liberdade e a facultade de restauraren as súas antigas leis e institucións.
 
Despois da morte de Alexandre, Sardes quedou en posesión de [[Antígono]] o chosco. Despois da súa morte na [[batalla de Ipsos]] ([[-301]]) pasou a mans de [[Lisímaco]] de Tracia, e o [[-282]] dos seléucidas, ata que o [[-222]] [[Aqueo]], parente do rei seléucida [[Antígono III o grande]] e gobernador da Asia Menor, actuou alí como rei e se cadra mesmo tomou o título real. [[Antíoco o Grande]] asediou a Aqueo na cidade durante un ano ata que o cretense Lagoras escalou as murallas por un punto sen vixilancia e puido ocupar a cidade ([[-214]]), que quedou moi danada e parcialmente destruída. Despois da derrota do seléucida Antíoco en [[Magnesia do Sipilo]], Sardes quedou no poder de Roma, quen renunciou o ano seguinte no tratado de [[Apamea]] ([[-188]]) en favor do [[Reino de Pérgamo]], do que volveu a Roma o [[-133]] e formou parte da provincia de [[Asia, Provincia romana|Asia]].
19.713

edicións

Menú de navegación