Liga ACB 2011-12: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Liña 98: Liña 98:
<!-- Semifinais -->
<!-- Semifinais -->
| | 1 - '''[[Regal FC Barcelona]]''' | 3 | 4 - [[Valencia BC]] | 1
| | 1 - '''[[Regal FC Barcelona]]''' | 3 | 4 - [[Valencia BC]] | 1
| | 2 - [[Real Madrid (baloncesto)|Real Madrid]] | 2 | 3 - [[Saski Baskonia|Caja Laboral]] | 2 |
| | 2 - '''[[Real Madrid (baloncesto)|Real Madrid]]''' | 3 | 3 - [[Saski Baskonia|Caja Laboral]] | 2 |
<!-- Final -->
<!-- Final -->
| 1 - [[Regal FC Barcelona]] | - | - | - |
| 1 - [[Regal FC Barcelona]] | - | 2 - [[Real Madrid (baloncesto)|Real Madrid]] | - |
}}
}}



Revisión como estaba o 3 de xuño de 2012 ás 14:55

A tempada 2011-12 da Liga ACB é a 29ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. A liga comezou o 8 de outubro de 2011, e rematará co derradeiro encontro da final.

Composta por 18 conxuntos, a liga tivo unha tempada regular con 34 xornadas, e de seguido os 8 primeiros equipos da táboa comezaron a disputa das eliminatorias polo título. Pola contra, os dous últimos da táboa descenderon de categoría.

Tempada regular

A tempada regular rematou o 6 de maio despois da disputa de 34 xornadas. O Regal FC Barcelona acadou o primeiro posto da táboa con 29 vitorias, seguido polo Real Madrid Basket que venceu en 26 encontros. Pola parte baixa da táboa o máis salientable foi o descenso de categoría do Asefa Estudiantes por vez primeira na súa longa historia. O Blu:sens Monbus Obradoiro, único representante galego na elite do baloncesto español, levou a cabo a mellor tempada da súa historia, acadando a permanencia na penúltima xornada, e rematou a súa participación con 13 vitorias. Así quedou a táboa clasificatoria ó cabo das 34 xornadas da tempada regular:

Rolda final

Unha vez rematada a tempada regular, os oito primeiros conxuntos da táboa comezarán a disputa polo campionato. Cada eliminatoria dos cuartos de final decídese ó mellor de 3 encontros:

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  1 - Regal FC Barcelona   2
  8 - CB Lucentum   0  
  1 - Regal FC Barcelona   3
    4 - Valencia BC   1  
  4 - Valencia BC   2
  5 - Lagun Aro GBC   1  
  1 - Regal FC Barcelona   -
    2 - Real Madrid   -
  2 - Real Madrid   2
  7 - Banca Cívica   0  
  2 - Real Madrid   3
    3 - Caja Laboral   2  
  3 - Caja Laboral   2
  6 - Gescrap Bizkaia   0  


Estatísticas

Categoría Xogador Equipo Media Encontros Total
Valoración James Augustine UCAM Murcia 18,6 34 631
Puntos por encontro Andy Panko Lagun Aro GBC 18,9 34 643
Rebotes por encontro James Augustine UCAM Murcia 8,32 34 283
Asistencias por encontro España Javi Rodríguez Assignia Manresa 6,24 29 181
Tapóns por encontro D'or Fischer Gescrap Bizkaia 1,90 31 59
Recuperacións por encontro Pablo Prigioni Caja Laboral 1,91 32 61
Mates por encontro Senegal Boniface Ndong FC Barcelona Regal 1,66 29 48
Porcentaxe de tiros de 1 España Alberto Corbacho Blu:Sens Monbús 93,65% 33 59/63
Porcentaxe de tiros de 2 Gustavo Ayón Mad-Croc Fuenlabrada 66,35% 10 69/104
Porcentaxe de tiros de 3 Lituania Kristaps Valters Unicaja Málaga 47,27% 29 52/110
Perdas España Álex Mumbrú Gescrap Bizkaia 2,96 34 94

Premios

MVP da Tempada
Xogador máis espectacular
Xogador revelación
Xogador máis deportivo
Mellor adestrador
Quinteto ideal da tempada
Posición Xogador Equipo
Base España Sergio Llull Real Madrid
Escolta España Sergi Vidal Lagun Aro GBC
Aleiro Andy Panko Lagun Aro GBC
Ala-pívot Bosnia e Hercegovina Mirza Teletovic Caja Laboral
Pívot Eslovenia Erazem Lorbek FC Barcelona Regal

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas