Capa S: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{entradución}}
Unha '''capa S''' (capa superficial) é unha parte da envoltura celular de moitas [[bacteria]]s e tamén de [[arquea]]s de composición proteica. <ref>[http://www.sciencedirect.com/science?_ob=ArticleURL&_udi=B6T9N-44M1F9J-4&_user=10&_origUdi=B7CTD-4SH7GMN-7&_fmt=high&_coverDate=01%2F31%2F2002&_rdoc=1&_orig=article&_acct=C000050221&_version=1&_urlVersion=0&_userid=10&md5=cddfffd5c87e8cc6c0c119e71873cd77 ''S-layers on cell walls of cyanobacteria''] Micron Volume 33, Issue 3, January 2002, Pages 257–277; doi:10.1016/S0968-4328(01)00031-2</ref>

Consiste nunha capa monomolecular composta de [[proteína]]s idénticas ou [[glicoproteína]]s. Esta estrutura bidimensional constrúese por autoensamblaxe e envolve toda a superficie celular. A proteína da capa S pode representar ata o 10–15% do total do contido proteico da célula bacteriana <ref name = "ref1">{{cite journal |author=Messner P, Sleytr U |title=Crystalline bacterial cell-surface layers |journal=Adv. Microb. Physiol. |volume=33 |issue= |pages=213–75 |year=1992 |pmid=1636510 |doi=10.1016/S0065-2911(08)60218-0}}</ref>

Revisión como estaba o 1 de xuño de 2012 ás 20:06

Unha capa S (capa superficial) é unha parte da envoltura celular de moitas bacterias e tamén de arqueas de composición proteica. [1] Consiste nunha capa monomolecular composta de proteínas idénticas ou glicoproteínas. Esta estrutura bidimensional constrúese por autoensamblaxe e envolve toda a superficie celular. A proteína da capa S pode representar ata o 10–15% do total do contido proteico da célula bacteriana [2] [3] .[4] As proteínas da capa S están pobremente conservadas ou non conservadas en absoluto entre especies, e poden diferir marcadamente mesmo entre especies relacionadas. Dependendo da especie, as capas S teñen un grosor entre 5 e 25 nm e posúen poros idénticos de 2–8 nm de diámetro. [5] As capas S mostran unha simetría reticular que pode ser oblicua (p1, p2), cadrada (p4) ou hexagonal (p3, p6). Dependendo desta simetría, a capa S está composta por unha (P1), dous (P2), tres (P3), catro (P4), ou seis (P6) subunidades proteicas idénticas, respectivamente. O espazado de centro a centro (ou dimensión da cela unidade) entre estas subunidades vai de 2,5 a 35 nm.

Fixación das capas S á parede celular

  • Nas bacterias Gram-negativas, as capas S están asociadas aos lipopolisacáridos por interaccións iónicas, carbohidrato–carbohidrato, proteína–carbohidrato e/ou proteína–proteína.
  • En bacterias Gram-positivas cuxas capas S conteñen dominios de homoloxía da capa superficial, a unión establécese co peptidoglicano e a un polímero secundario da parede celular (por exemplo, os ácidos teicoicos). En ausencia destes dominios de homoloxía, a unión ocorre por interaccións electrostáticas entre os estremos N-terminais cargados positivamente das proteínas da capa S e os cargados negativamente do polímero secundario da parede.
  • Nas arqueas Gram-negativas, as proteínas da capa S posúen unha ancoraxe hidrofóbica que está asociada coa membrana lipídica que hai debaixo.
  • Nas arqueas Gram-positivas, as proteínas da capa S únense á pseudomureína ou á metanocondroitina.

Funcións biolóxicas da capa S

Para moitas bacterias as capas S representan a zona de interacción máis externa co ambiente que as rodea. As súas funcións son moi diversas e varían dunha especie a outra. Nas arqueas a capa S é o único compoñente da parede celular e, por tanto, é importante para a estabilización mecánica. Funcións adicionais asociadas coas capas S son:

  • Protección contra os bacteriófagos, Bdellovibrios, e a fagocitose.
  • Resistencia contra os pHs baixos.
  • Barreira contra substancias de alto peso molecular (por exemplo, encimas líticos).
  • Adhesión (nas capas S glicosiladas)
  • Estabilización da membrana.
  • Proporciona sitios de adhesión para exoproteínas.
  • Proporciona un compartimento periplásmico nos procariotas Gram-positivos xunto co peptidoglicano e a membrana plasmática.

Notas

  1. S-layers on cell walls of cyanobacteria Micron Volume 33, Issue 3, January 2002, Pages 257–277; doi:10.1016/S0968-4328(01)00031-2
  2. Messner P, Sleytr U (1992). "Crystalline bacterial cell-surface layers". Adv. Microb. Physiol. 33: 213–75. PMID 1636510. doi:10.1016/S0065-2911(08)60218-0. 
  3. Pum D, Messner P, Sleytr U (1991). "Role of the S layer in morphogenesis and cell division of the archaebacterium Methanocorpusculum sinense". J. Bacteriol. 173 (21): 6865–73. PMC 209039. PMID 1938891. 
  4. Sleytr U, Messner P, Pum D, Sára M (1993). "Crystalline bacterial cell surface layers". Mol. Microbiol. 10 (5): 911–6. PMID 7934867. doi:10.1111/j.1365-2958.1993.tb00962.x. 
  5. Sleytr U, Bayley H, Sára M, Breitwieser A, Küpcü S, Mader C, Weigert S, Unger F, Messner P, Jahn-Schmid B, Schuster B, Pum D, Douglas K, Clark N, Moore J, Winningham T, Levy S, Frithsen I, Pankovc J, Beale P, Gillis H, Choutov D, Martin K (1997). "Applications of S-layers". FEMS Microbiol. Rev. 20 (1–2): 151–75. PMID 9276930. doi:10.1016/S0168-6445(97)00044-2.