Diferenzas entre revisións de «Concentración (química)»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
sen resumo de edición
m (image)
m
Dependendo da proporción de soluto con respecto ao disolvente, unha solución pode estar diluída ou concentrada:
 
* '''Solución diluída:''' aquela onde a cantidade de soluto está nunha pequena proporción nun [[Volume (física)|volume]] determinado.
* '''Solución concentrada:''' aquela que ten unha cantidade considerábel de soluto nun volume determinado. As [[Solución saturada|solucións saturadas]] e [[Solución sobresaturada|sobresaturadas]] son altamente concentradas.
 
A diferenza das concentracións expresadas dunha maneira cualitativa ou empírica, as concentracións expresadas en termos cuantitativos ou valorativos teñen en conta dunha maneira moi precisa as proporcións entre as cantidades de soluto e disolvente que se están utilizando nunha solución. Este tipo de clasificación das concentracións e a que se utiliza adoito na ciencia, na farmacia e na industria, xa que en todas estas actividades necesitan medicións moi precisas das concentracións dos produtos manexados.
 
Hai diferentes maneiras de expresar a concentración cuantitativamente. As máis comúns relaciónanse máis abaixo. Baséanse na [[masa]], o [[Volume (física)|volume]], ou ambas as magnitudes. Dependendo no que se basean non é sempre trivial converter unha medida en outra, xa que o coñecemento da [[densidade]] pode ser necesario. Ocasionalmente esta información pode non estar dispoñíbel, particularmente se a temperatura varía.
 
En termos cuantitativos (ou valorativos), a concentración da disolución pode expresarse como:
<center><math>m = \frac{\mbox{moles de soluto}}{\mbox{kg de disolvente}} </math></center>
 
A principal vantaxe deste método de medida respecto á [[molaridade]] é que como o [[Volume (física)|volume]] dunha disolución depende da [[temperatura]] e da [[presión]], cando estas cambian, o volume cambia con elas. Grazas a que a molalidade non está en función do volume, é independente da temperatura e da presión, e pode medirse con maior precisión.
 
Emprégase menos que a molaridade pero é igual de importante.
19.710

edicións

Menú de navegación