Zona especial de conservación: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m A Rioxa - La Rioja
Rezabot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: eo:Loko de Komunuma Gravo
Liña 16: Liña 16:
[[ca:Lloc d'Importància Comunitària]]
[[ca:Lloc d'Importància Comunitària]]
[[en:Site of Community Importance]]
[[en:Site of Community Importance]]
[[eo:Loko de Komunuma Gravo]]
[[es:Lugar de Importancia Comunitaria]]
[[es:Lugar de Importancia Comunitaria]]
[[et:Loodusala]]
[[et:Loodusala]]

Revisión como estaba o 30 de maio de 2012 ás 08:03

Os lugares de importancia comunitaria (LIC) son espazos naturais situados no territorio dos estados membros da Unión Europea designados na directiva 92/43 como ecosistemas a protexer co obxecto de contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. Estes lugares seleccionados polos diferentes países en función dun estudo científico pasarán a formar parte das zonas de especial conservación, que se integrarán na Rede Natura 2000 europea.

Lugares de importancia comunitaria en España

En España existen na actualidade (xuño 2007 [1]) un total de 1.381 áreas protexidas baixo esta denominación, que representan case 12 millóns de hectáreas, un 22.21% do territorio.

Na comunidade de Madrid, o territorio protexido con esta figura representa un 39,89% do territorio da comunidade autónoma; nas Illas Canarias, o 36.90%; na Rioxa, o 33.25%.

Lugares de importancia comunitaria en Galicia

A nosa comunidade é a que posúe a menor porcentaxe de territorio protexido coa denominación de Lugar de Importancia Comunitaria: 371.868 hectáreas, que representan só o 11.61%.

O número de espazos protexidos en Galicia é de 59.