Zambia: Diferenzas entre revisións
m homónimos |
m left -> esquerda |
||
Liña 85: | Liña 85: | ||
Zambia é un país interior sen saída ao mar. O seu territorio é fundamentalmente montañoso e presenta numerosas depresións e afundimentos tectónicos. O punto máis alto atópase nas montañas Mafinga a 2.301 m, e o máis baixo a 329 m no río Zambeze, que da nome ó país. A [[altitude]] media non supera os 1.500 m, e as depresións son frecuentemente de carácter pantanoso, e están ocupadas por ríos coma o [[río Kafue|Kafue]], afluente do Zambeze, ou por lagos, coma o Bangüelo (Bangweulu), Moero (Mweru), e Kariba. No leste do país, e en dirección nordeste-sudoeste, extendense os montes Muchinga, que se elevan ata os 2.164 m. |
Zambia é un país interior sen saída ao mar. O seu territorio é fundamentalmente montañoso e presenta numerosas depresións e afundimentos tectónicos. O punto máis alto atópase nas montañas Mafinga a 2.301 m, e o máis baixo a 329 m no río Zambeze, que da nome ó país. A [[altitude]] media non supera os 1.500 m, e as depresións son frecuentemente de carácter pantanoso, e están ocupadas por ríos coma o [[río Kafue|Kafue]], afluente do Zambeze, ou por lagos, coma o Bangüelo (Bangweulu), Moero (Mweru), e Kariba. No leste do país, e en dirección nordeste-sudoeste, extendense os montes Muchinga, que se elevan ata os 2.164 m. |
||
[[Ficheiro:Victoriafälle.jpg|thumb|150px| |
[[Ficheiro:Victoriafälle.jpg|thumb|150px|esquerda|Cataratas Victoria]] |
||
Os cursos fluviais principais son o río Zambeze, o Kafue e o Luangwa. Ao sur do país, no río Zambeze, facendo fronteira con Cimbabue, atópanse as [[cataratas Victoria]]. As cataratas constitúen un dos principais focos turísticos da África austral en Cimbabue e tamén da rexión de Livingstone en Zambia. |
Os cursos fluviais principais son o río Zambeze, o Kafue e o Luangwa. Ao sur do país, no río Zambeze, facendo fronteira con Cimbabue, atópanse as [[cataratas Victoria]]. As cataratas constitúen un dos principais focos turísticos da África austral en Cimbabue e tamén da rexión de Livingstone en Zambia. |
||
Revisión como estaba o 28 de maio de 2012 ás 00:02
Modelo:País Zambia é un país interior de África, limitado a norte co República Democrática do Congo e Tanzania; ao leste co Malaui; a sur co Mozambique, Cimbabue e Namibia; e a oeste co Angola.
Historia
Visitada polos portugueses no século XVIII, a actual Zambia foi explorada polo británico David Livingstone. A penetración colonial iniciouse no ano 1890, por medio da British South Africa Company.
Antigamente chamada Rhodesia do Norte, en 1953 o Reino Unido intentou unila á Cimbabue e Malawi, pero os intereses dos colonos brancos de Cimbabue fixeron que en 1964 se separase, formando o novo estado de Zambia. O nome de Zambia débese ó río Zambeze.
Goberno e Política
Zambia é unha república, na que o poder executivo reside no presidente -que é tamén o xefe de estado- e o primeiro ministro, elixido por un período de cinco anos por voto popular, xunto có vicepresidente xeral, designados ambos polo presidente. O goberno está composto por un gabinete elixido polo presidente entre os membros da Asemblea Nacional. O poder lexislativo é unicameral; o país non acepta a xurisdición da Corte Internacional de Xustiza. O poder xudicial reside na corte suprema, aínda que os xuíces son designados polo presidente.
Economía
- Artigo principal: Economía de Zambia.
A economía depende, en gran medida, do cobre, mineral do que Zambia é un dos primeiros produtores mundiais e que representa o 90% do valor das exportacións. Este país pertence ao chamado "cinto de cobre", prolongación dos xacementos de Katanga O petróleo é importado e chega desde o porto de Dar es Salaam (Tanzania). Dentro do sector industrial destaca o tratamento de minerais (sobre todo o refino do cobre). Tamén é importante a produción de cemento e as industrias derivadas da agricultura: aceites vexetais, manufacturas do algodón, azucre, xabón, etc.
A agricultura atópase pouco desenrolada, centrándose basicamente nos cultivos de subsistencia: batata, cacahuetes, millo e mandioca. Tamén presenta cultivos de carácter comercial (algodón, café, cana de azucre, tabaco). Nos lagos e cursos fluviais practícase a pesca.
O turismo internacional, buscando os espazos naturais do país, constitúe unha importante fonte de ingresos.
Organización político-administrativa
Zambia divídese en nove provincias:
- Provincia Central (Kabwe).
- Provincia de Copperbelt (Ndola).
- Provincia Oriental (Chipata).
- Provincia de Luapula (Mansa).
- Provincia de Lusaka (Lusaka).
- Provincia do Norte (Kasama).
- Provincia do Noroeste (Solwezi).
- Provincia do Sur (Livingstone).
- Provincia Occidental (Mongu).
Xeografía
Zambia é un país interior sen saída ao mar. O seu territorio é fundamentalmente montañoso e presenta numerosas depresións e afundimentos tectónicos. O punto máis alto atópase nas montañas Mafinga a 2.301 m, e o máis baixo a 329 m no río Zambeze, que da nome ó país. A altitude media non supera os 1.500 m, e as depresións son frecuentemente de carácter pantanoso, e están ocupadas por ríos coma o Kafue, afluente do Zambeze, ou por lagos, coma o Bangüelo (Bangweulu), Moero (Mweru), e Kariba. No leste do país, e en dirección nordeste-sudoeste, extendense os montes Muchinga, que se elevan ata os 2.164 m.
Os cursos fluviais principais son o río Zambeze, o Kafue e o Luangwa. Ao sur do país, no río Zambeze, facendo fronteira con Cimbabue, atópanse as cataratas Victoria. As cataratas constitúen un dos principais focos turísticos da África austral en Cimbabue e tamén da rexión de Livingstone en Zambia.
O clima é tropical, suavizado pola altura. As oscilacións térmicas estacionais varían entre os 15 °C (xullo) e os 20 °C (xaneiro).
Demografía
A poboación zambiana concentrase no alto Zambeze e ao longo do corredor da vía férrea norte-sur, onde se emprazan as cidades deste país, un dos máis urbanizados da África negra. Agás na capital, Lusaka, o resto de principais urbes están na rexión mineira próxima á R.D. do Congo.
No ano 2006, Zambia tiña unha poboación de 11.500.000 habitantes. O 99% é de raza negra e o restante é de raza branca (europeos ou descendentes). O idioma oficial é o inglés. A esperanza de vida é de 40 anos. A media de fillos por muller é de 5.39. O 80% da poboación está alfabetizada. Calcúlase que o 16.5% da poboación está infectada có virus do VIH.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Zambia |