Río Wouri: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Amirobot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: zh:武里河
m left -> esquerda
Liña 10: Liña 10:
== Exploración e nomes ==
== Exploración e nomes ==
Cóidase que foi o explorador e navegante portugués [[Fernão do Pó]], ou Fernando Poo, o primeiro europeo que se achegou ao estuario do río Wouri, arredor do ano [[1472]]. El e os seus acompañantes notaron a abundancia de [[camaróns]]s e [[langostín]]s que había no río, polo que o denominaron ''Rio dos Camarões'', de aí procede, precisamente, o nome do país: Camerún.
Cóidase que foi o explorador e navegante portugués [[Fernão do Pó]], ou Fernando Poo, o primeiro europeo que se achegou ao estuario do río Wouri, arredor do ano [[1472]]. El e os seus acompañantes notaron a abundancia de [[camaróns]]s e [[langostín]]s que había no río, polo que o denominaron ''Rio dos Camarões'', de aí procede, precisamente, o nome do país: Camerún.
[[Ficheiro:SSL22396.JPG|thumb|left|250px|A ponte de Bonabéri]]
[[Ficheiro:SSL22396.JPG|thumb|esquerda|250px|A ponte de Bonabéri]]


== A ponte Bonabéri ==
== A ponte Bonabéri ==

Revisión como estaba o 27 de maio de 2012 ás 23:33

Estuario do río Wouri

O Wouri (tamén grafado Vouri ou Vuri) é un río de Camerún, que desemboca no Océano Atlántico despois de percorrer 160 km.

Percurso

O Wouri está formado pola confluencia doutros dous ríos, o Ykam e o Makombé, que se xuntan 32 km ao nordeste da cidade de Yabassi. O Wouri flúe a partir de aí por 160 km, en dirección suleste, até formar o seu estuario á par da cidade de Douala, o porto máis importante e o principal centro industrial de Camerún, no suroeste do país, sobre o Golfo de Guinea.

Navegabilidade

O río é navegábel por 64 km, augas arriba, a contar desde Douala.

Exploración e nomes

Cóidase que foi o explorador e navegante portugués Fernão do Pó, ou Fernando Poo, o primeiro europeo que se achegou ao estuario do río Wouri, arredor do ano 1472. El e os seus acompañantes notaron a abundancia de camarónss e langostíns que había no río, polo que o denominaron Rio dos Camarões, de aí procede, precisamente, o nome do país: Camerún.

A ponte de Bonabéri

A ponte Bonabéri

Na década de 1950, durante o período colonial, os francese sconstruíron unha ponte sobre o Wouri, que ligaba a cidade de Douala con a de Bonabéri. Dita ponte tornouse nun dos eixos máis importantes para a economía do oeste camerunés, polo intenso tráfico que soporta. En 2004 a ponte sufríu importantes obras de rehabilitación.