Río Támese: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: zu:Umfula Thames
m left -> esquerda
Liña 17: Liña 17:


== Historia ==
== Historia ==
[[Ficheiro:The Frozen Thames 1677.jpg|thumb|left|200px|''O Támesis xeado''(1677).]]
[[Ficheiro:The Frozen Thames 1677.jpg|thumb|esquerda|200px|''O Támesis xeado''(1677).]]
[[Ficheiro:Thames river lambeth bridge.jpg|thumb|left|200px|O Támesis ao seu paso por Londres visto dende o [[London Eye]].]]
[[Ficheiro:Thames river lambeth bridge.jpg|thumb|esquerda|200px|O Támesis ao seu paso por Londres visto dende o [[London Eye]].]]
Durante o [[Pleistoceno]], o primitivo río Támesis fluía dende [[Gales]] ata Clancton-on-Sexa, percorrendo o que na actualidade é o [[Mar do Norte]] para rematar sendo un afluínte do [[Rin]]. Este curso bloqueouse por unha masa de xeo durante a [[Idade de Xeo]]. O río desviouse ata tomar o seu curso actual, chegando ata a que hoxe é a cidade de [[Londres]].
Durante o [[Pleistoceno]], o primitivo río Támesis fluía dende [[Gales]] ata Clancton-on-Sexa, percorrendo o que na actualidade é o [[Mar do Norte]] para rematar sendo un afluínte do [[Rin]]. Este curso bloqueouse por unha masa de xeo durante a [[Idade de Xeo]]. O río desviouse ata tomar o seu curso actual, chegando ata a que hoxe é a cidade de [[Londres]].



Revisión como estaba o 27 de maio de 2012 ás 23:33

Támesis
[[Ficheiro:|250px]]
Curso do río Támesis
PaísInglaterra
Lonxitude346
Conca12.935
Caudal medio65.8
DesembocaduraMar do Norte

O río Támesis (en inglés Thames, pronunciado /temz/) é un río de Inglaterra que conecta Londres co mar. Hoxe en día é o río máis importante de Inglaterra e a principal fonte de abastecemento de auga en Londres.

Curso

As fontes do Támesis atópanse preto da localidade de Kemble; segue logo ata Oxford, Wallingford, Reading, Henley-on-Thames, Marlow, Maidenhead, Eton, Windsor e Londres. O Támesis ten unha lonxitude de 346 quilómetros e desemboca no Mar do Norte.

Historia

O Támesis xeado(1677).
O Támesis ao seu paso por Londres visto dende o London Eye.

Durante o Pleistoceno, o primitivo río Támesis fluía dende Gales ata Clancton-on-Sexa, percorrendo o que na actualidade é o Mar do Norte para rematar sendo un afluínte do Rin. Este curso bloqueouse por unha masa de xeo durante a Idade de Xeo. O río desviouse ata tomar o seu curso actual, chegando ata a que hoxe é a cidade de Londres.

Durante os séculos XVI e XVII, o río foi un dos principais medios de transporte entre Londres e Westminster. Durante os séculos XVII e XVIII, o río conxeouse en diversas ocasións. Dende entón, o Támesis non se volveu a conxear totalmente. A construción dunha nova ponte de Londres, con menos alicerces cá antiga, permite que o río flúa con máis facilidade, evitaron que a corrente sexa demasiado lenta, o que permitiría a conxelación das augas.

A partir do século XIX o río comezou a contaminarse. A finais dese século e ata mediados do século XX, realizouse unha limpeza masiva do Támesis. Na actualidade é un dos ríos máis limpos dos que flúen a través dunha gran cidade.

A regata Oxford-Cambridge

O Támesis é o escenario dunha das carreiras máis populares do Reino Unido: a regata Oxford-Cambridge, que enfronta cada ano aos remeiros das universidades de Oxford e Cambridge.

Véxase tamén

Ligazóns externas