Diferenzas entre revisións de «Recife»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
left -> esquerda
m (r2.7.1) (Bot: Modifico: th:เรซีฟี)
m (left -> esquerda)
'''Recife''' é a capital do estado de [[Pernambuco]] e está situada no litoral [[Brasil|brasileiro]]. Tiña una poboación de 1.422.905 habitantes segundo o censo de 2000.
 
[[Ficheiro:Recife-Boa-Viagem.jpg|thumb|255px|leftesquerda|Predios do Centro da cidade do Recife.]]
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Cidade mauricia.jpg|thumb|leftesquerda|255px|Vista de Maurícia (Recife), baixo o dominio holandés. Imaxe baseada en deseño de Franz Post, de 1645.]]
Recife foi fundada polos [[Portugal|portugueses]] en [[1537]] e ocupada polos [[Holanda|holandeses]] en [[1630]]. Naquela época, Portugal, e así tamén o [[Brasil]], estaban baixo o dominio de [[España]], da cal Holanda era inimiga. Despois da restauración da coroa portuguesa, os holandeses permaneceran no Recife, e só foron expulsos totalmente no [[1654]]. No período holandés, Recife coñeceu alguna tolerancia relixiosa (pois os holandeses, de relixión protestante, tiñan que convivir cos portugueses [[catolicismo|católicos]], e precisaban da axuda dos comerciantes portugueses, moitos deles [[xudaísmo|xudeus]]). Desta época data a primeira sinagoga das Américas, situada hoxe no barrio do Recife Antigo.
 
Lugares salientables son a [[praia]] de Boa Viagem, o barrio do Recife Antigo e as súas construcións, as súas igrexas e fortes antigos (como o Forte Cinco Pontas e a Fortaleza do Brum) e a feira de Artesanato na ''Casa de Cultura'' (onde antes funcionaba un presidio, dende o que se pode mirar, na outra marxe do río Capibaribe, a ''Rúa da Aurora'' e as súas casas antigas. Próxima do Recife está a cidade de [[Olinda, Brasil|Olinda]], cuxa parte antiga é considerada Patrimonio Cultural da Humanidade pola [[UNESCO]].
 
[[Ficheiro:Carnival Recife Brazil.JPG|thumb|leftesquerda|200px|Carnaval no Recife.]]
Non se pode tamén esquecer o seu [[Carnaval]], que non ten no [[samba]] a súa música, pero si o ''[[frevo]]'', un ritmo rexional de Pernambuco.
 
 
== Cultura ==
[[Ficheiro:Panorama instituto ricardo brennand.jpg|thumb|leftesquerda|300px|[[Instituto Ricardo Brennand]].]]
 
O Recife é berce de escritores, poetas, músicos e varios artistas de moitas formas de expresión. [[Manuel Bandeira]], [[João Cabral de Melo Neto]] e [[Carlos Pena Filho]] son nomes da poesía do Brasil que retrataron o Recife nas súas obras. Alén da poesía, no municipio naceron nomes como [[Nélson Rodrigues]] e [[Gilberto Freyre]] na literatura, [[Lenine]], [[Antônio Nóbrega]], [[Robertinho do Recife]] e [[Reginaldo Rossi]] na música, [[Francisco Brennand]], [[Vicente do Rego Monteiro]] e [[Lauro Villares]] nas artes plásticas, entre outros.
As manifestacións culturais máis relevantes de Pernambuco ocorren na capital, resaltando o [[Movimento de Escritores Independentes de Pernambuco]] que na década de 1980 reuniu grande número de poetas. O [[Abril Pro Rock]], onde naceu o movemento [[Manguebit]], revelador nacional de bandas como [[Nação Zumbi]] e [[Mundo Livre S/A]].
 
[[Ficheiro:L'ensemble Melonious 002.jpg|thumb|leftesquerda|Interior do [[Teatro de Santa Isabel]].]]
 
O [[frevo]] naceu no municipio hai máis de cen anos e durante o [[Carnaval do Recife]] é o ritmo musical máis común con bloques como o [[Galo da Madrugada]].
103.099

edicións

Menú de navegación