Lois XIV de Francia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Guerra nos Países Baixos: Ducado de Brabante
m left -> esquerda
Liña 22: Liña 22:
Trala morte de Filipe IV de España, tío e sogro de Luís XIV, en [[1665]], o seu fillo (da súa segunda esposa) ascendeu ao trono como [[Carlos II de España]]. Luís XIV reclamou o territorio de [[Ducado de Brabante|Brabante]], nos [[Países Baixos]], gobernados até entón polo rei de España, que debían ser "devoltos" á súa esposa, María Tareixa, medio irmá maior de Carlos II (filla do primeiro matrimonio do pai de ámbolos dous). Luís argumentou que os costumes de Brabante non permitían que un fillo sufrise prexuízos polas consecuencias de que o seu pai volvese casar, polo que tiña prioridade sobre os fillos dos seguintes matrimonios á hora de herdar. Estas reclamacións darían pé á [[Guerra de Devolución]] de [[1667]], na cal Luís participou persoalmente.
Trala morte de Filipe IV de España, tío e sogro de Luís XIV, en [[1665]], o seu fillo (da súa segunda esposa) ascendeu ao trono como [[Carlos II de España]]. Luís XIV reclamou o territorio de [[Ducado de Brabante|Brabante]], nos [[Países Baixos]], gobernados até entón polo rei de España, que debían ser "devoltos" á súa esposa, María Tareixa, medio irmá maior de Carlos II (filla do primeiro matrimonio do pai de ámbolos dous). Luís argumentou que os costumes de Brabante non permitían que un fillo sufrise prexuízos polas consecuencias de que o seu pai volvese casar, polo que tiña prioridade sobre os fillos dos seguintes matrimonios á hora de herdar. Estas reclamacións darían pé á [[Guerra de Devolución]] de [[1667]], na cal Luís participou persoalmente.


Os problemas internos da [[República dos Sete Países Baixos Unidos]] beneficiaron os intereses de Luís nos Países Baixos. O político máis importante do momento nas Provincias Unidas, [[Johan de Witt]], temía que o mozo [[Guillerme III, Príncipe de Orange]], se fixese co poder nas Provincias Unidas. De Witt pensaba que unha guerra naval contra Francia se podería levar, mais non unha guerra terrestre, que permitiría a intervención de Guillerme III, deixándolle co poder. Así, coas Provincias Unidas divididas nun conflito interno entre os seguidores de De Witt e os de Guillerme de Orange, xunto coas refregas entre ingleses e holandeses, Francia non tivo ningunha dificultade en conquistar [[Flandres]] e o [[Franco Condado]]. Ante a velocidade do triunfo francés, as Provincias Unidas uníronse a [[Inglaterra]] e [[Suecia]] nunha [[Tripla Alianza (1668)|Tripla Alianza]] no ano [[1668]]. A formación da Tripla Alianza puña a Luís XIV ante o problema de verse no medio dunha guerra de maiores dimensións, polo que aceptou firmar a paz no [[Tratado de Aquisgrán (1668)|Tratado de Aquisgrán]], polo cal a Francia se quedaba co control de [[Flandres]], pero devolvía o Franco Condado á España.[[Ficheiro:ES Francia 1552-1798.png|left|thumb|350px|Expansión francesa baixo Luís XIV (en laranxa).]]A Tripla Alianza non durou moito. En [[1670]], [[Carlos II de Inglaterra]], atraído por subornos franceses, asinou en segredo o [[Tratado de Dover]], converténdose en aliado francés. Ámbolos dous reinos declararon a [[Guerra Franco-Holandesa|guerra ás Provincias Unidas]] en [[1672]]. A rápida invasión e ocupación da práctica totalidade dos Países Baixos, salvo [[Ámsterdam]], provocou un [[golpe de estado]] contra De Witt, o que lle permitiu a Guillerme III facerse co poder. Guillerme III aliouse coa España e o Sacro Imperio, e, tras dous anos de loita en [[1674]], asinou un tratado de paz coa Inglaterra forzando aos ingleses a retirárense dos Países Baixos. Guillerme incluso chegou a casar con [[María II de Inglaterra]], sobriña de Carlos II de Inglaterra. Porén, e a pesar destes movementos diplomáticos, a guerra continuou con grandes vitorias francesas sobre as forzas da coalición opoñente. De feito, as nacións implicadas, extenuadas pola guerra, comezaron a negociar unha paz, chegando no [[1678]] á [[Paz de Nimega]]. No devandito tratado Luís XIV, malia devolver todo o territorio holandés capturado, gañou a posesión de máis cidades e retivo o Franco Condado, que fora invadido en poucas semanas.
Os problemas internos da [[República dos Sete Países Baixos Unidos]] beneficiaron os intereses de Luís nos Países Baixos. O político máis importante do momento nas Provincias Unidas, [[Johan de Witt]], temía que o mozo [[Guillerme III, Príncipe de Orange]], se fixese co poder nas Provincias Unidas. De Witt pensaba que unha guerra naval contra Francia se podería levar, mais non unha guerra terrestre, que permitiría a intervención de Guillerme III, deixándolle co poder. Así, coas Provincias Unidas divididas nun conflito interno entre os seguidores de De Witt e os de Guillerme de Orange, xunto coas refregas entre ingleses e holandeses, Francia non tivo ningunha dificultade en conquistar [[Flandres]] e o [[Franco Condado]]. Ante a velocidade do triunfo francés, as Provincias Unidas uníronse a [[Inglaterra]] e [[Suecia]] nunha [[Tripla Alianza (1668)|Tripla Alianza]] no ano [[1668]]. A formación da Tripla Alianza puña a Luís XIV ante o problema de verse no medio dunha guerra de maiores dimensións, polo que aceptou firmar a paz no [[Tratado de Aquisgrán (1668)|Tratado de Aquisgrán]], polo cal a Francia se quedaba co control de [[Flandres]], pero devolvía o Franco Condado á España.[[Ficheiro:ES Francia 1552-1798.png|esquerda|thumb|350px|Expansión francesa baixo Luís XIV (en laranxa).]]A Tripla Alianza non durou moito. En [[1670]], [[Carlos II de Inglaterra]], atraído por subornos franceses, asinou en segredo o [[Tratado de Dover]], converténdose en aliado francés. Ámbolos dous reinos declararon a [[Guerra Franco-Holandesa|guerra ás Provincias Unidas]] en [[1672]]. A rápida invasión e ocupación da práctica totalidade dos Países Baixos, salvo [[Ámsterdam]], provocou un [[golpe de estado]] contra De Witt, o que lle permitiu a Guillerme III facerse co poder. Guillerme III aliouse coa España e o Sacro Imperio, e, tras dous anos de loita en [[1674]], asinou un tratado de paz coa Inglaterra forzando aos ingleses a retirárense dos Países Baixos. Guillerme incluso chegou a casar con [[María II de Inglaterra]], sobriña de Carlos II de Inglaterra. Porén, e a pesar destes movementos diplomáticos, a guerra continuou con grandes vitorias francesas sobre as forzas da coalición opoñente. De feito, as nacións implicadas, extenuadas pola guerra, comezaron a negociar unha paz, chegando no [[1678]] á [[Paz de Nimega]]. No devandito tratado Luís XIV, malia devolver todo o territorio holandés capturado, gañou a posesión de máis cidades e retivo o Franco Condado, que fora invadido en poucas semanas.


O tratado de Nimega incrementou aínda máis a influencia francesa en Europa, pero non satisfixo a Luís XIV. O rei despediu o seu ministro de asuntos exteriores, [[Simon Arnauld de Pomponne]], no ano [[1679]], porque consideraba a súa actitude demasiado comprometida cos aliados. Luís XIV continuou agrandando o seu exército, aínda que en vez de conseguir as súas reclamacións territoriais polas armas, fíxoo por medio de xuízos. Debido ás redaccións ambiguas dos tratados da época, Luís conseguiu reclamar que os territorios que se lle cederan nos tratados asinados previamente, debíanse ceder xunto coas dependencias e terras que tivesen pertencido a eses territorios formalmente. <!-- French [[Chambers of Reunion]] were appointed to ascertain which territories formally belonged to France; the French troops later occupied them. --> A anexión destes territorios tiña o obxectivo de proporcionar á Francia unha fronteira máis defendible. Luís tamén desexaba a cidade de [[Estrasburgo]], un emprazamento estratéxico importante. Estrasburgo estaba emprazada na [[Alsacia]], territorio que non se lle cedera a Luís na [[Paz de Westfalia]]. Porén, Luís XIV ocuparíao en [[1681]], usando pretextos legais.
O tratado de Nimega incrementou aínda máis a influencia francesa en Europa, pero non satisfixo a Luís XIV. O rei despediu o seu ministro de asuntos exteriores, [[Simon Arnauld de Pomponne]], no ano [[1679]], porque consideraba a súa actitude demasiado comprometida cos aliados. Luís XIV continuou agrandando o seu exército, aínda que en vez de conseguir as súas reclamacións territoriais polas armas, fíxoo por medio de xuízos. Debido ás redaccións ambiguas dos tratados da época, Luís conseguiu reclamar que os territorios que se lle cederan nos tratados asinados previamente, debíanse ceder xunto coas dependencias e terras que tivesen pertencido a eses territorios formalmente. <!-- French [[Chambers of Reunion]] were appointed to ascertain which territories formally belonged to France; the French troops later occupied them. --> A anexión destes territorios tiña o obxectivo de proporcionar á Francia unha fronteira máis defendible. Luís tamén desexaba a cidade de [[Estrasburgo]], un emprazamento estratéxico importante. Estrasburgo estaba emprazada na [[Alsacia]], territorio que non se lle cedera a Luís na [[Paz de Westfalia]]. Porén, Luís XIV ocuparíao en [[1681]], usando pretextos legais.
Liña 33: Liña 33:
No apartado da diminución da influencia nobiliaria, Luís seguiu o traballo emprendido polos Cardeais Richelieu e Mazarino. Trala experiencia da Fronda, Luís cría que o único xeito de manter o seu poder era colocar plebeos ou, cando menos, membros da nova aristocracia nos cargos importantes. A devandita política baseábase na idea de que Luís podería reducir a un plebeo que tivese unha grande influencia polo seu cargo tan só con despedilo, cousa que non podería facer coa influencia dun gran nobre. Por iso, Luís adicou a toda a grande aristocracia no posto de cortesáns, á vez que nomeaba ministros a plebeos e novos aristócratas. Como cortesáns, o poder da nobreza diminuíu notablemente. Esa falta de poder vese reflectida na ausencia de rebelións, como a Fronda, tras Luís XIV. De feito, esta vitoria da coroa sobre a nobreza asegurou que non houbese ningunha guerra civil importante na Francia, até a ‘’Revolución’’ e a ‘’Era Napoleónica’’.
No apartado da diminución da influencia nobiliaria, Luís seguiu o traballo emprendido polos Cardeais Richelieu e Mazarino. Trala experiencia da Fronda, Luís cría que o único xeito de manter o seu poder era colocar plebeos ou, cando menos, membros da nova aristocracia nos cargos importantes. A devandita política baseábase na idea de que Luís podería reducir a un plebeo que tivese unha grande influencia polo seu cargo tan só con despedilo, cousa que non podería facer coa influencia dun gran nobre. Por iso, Luís adicou a toda a grande aristocracia no posto de cortesáns, á vez que nomeaba ministros a plebeos e novos aristócratas. Como cortesáns, o poder da nobreza diminuíu notablemente. Esa falta de poder vese reflectida na ausencia de rebelións, como a Fronda, tras Luís XIV. De feito, esta vitoria da coroa sobre a nobreza asegurou que non houbese ningunha guerra civil importante na Francia, até a ‘’Revolución’’ e a ‘’Era Napoleónica’’.


[[Ficheiro:Versailles_Garden.jpg|thumb|left|250px|O palacio de Versalles, construído por Luís XIV.]]Luís XIV converteu o [[palacio de Versalles]], orixinariamente nun refuxio de caza construído polo seu pai, nun espectacular palacio real. O [[6 de maio]] de [[1682]] mudouse oficialmente aló con toda a súa corte. Luís tiña varias razóns para crear un palacio extravagante de tanta opulencia e mudar para alá a residencia da monarquía. A afirmación, con todo, de que odiaba París é imprecisa porque Luís non deixou de embelecer a súa capital con monumentos, mentres a melloraba e a desenvolvía. Versalles cumpría como o sitio admirable e sobrecolledor para os asuntos de estado e para recibir aos mandatarios estranxeiros, onde a atención non se dividía entre a capital e a xente, senón que recaía totalmente sobre o rei. A vida da corte centrábase na grandeza. Os cortesáns rodeábanse de vidas luxosas, vestidos con gran magnificencia, sempre asistindo a ceas, representacións, celebracións, etc. De feito, moitos nobres víronse na obriga de deixaren toda a súa influencia ou a dependeren totalmente dos subsidios e subvencións reais para poder manter o custoso estilo de vida versallés. Esta situación fixo que os nobres deixasen de tentar retomar o poder, o que podería resultar en potenciais problemas para a coroa, centrándose, porén, en competiren por seren invitados a cear na mesa do rei ou polo privilexio de levaren unha candea cando o rei se retiraba aos seus apousentos.
[[Ficheiro:Versailles_Garden.jpg|thumb|esquerda|250px|O palacio de Versalles, construído por Luís XIV.]]Luís XIV converteu o [[palacio de Versalles]], orixinariamente nun refuxio de caza construído polo seu pai, nun espectacular palacio real. O [[6 de maio]] de [[1682]] mudouse oficialmente aló con toda a súa corte. Luís tiña varias razóns para crear un palacio extravagante de tanta opulencia e mudar para alá a residencia da monarquía. A afirmación, con todo, de que odiaba París é imprecisa porque Luís non deixou de embelecer a súa capital con monumentos, mentres a melloraba e a desenvolvía. Versalles cumpría como o sitio admirable e sobrecolledor para os asuntos de estado e para recibir aos mandatarios estranxeiros, onde a atención non se dividía entre a capital e a xente, senón que recaía totalmente sobre o rei. A vida da corte centrábase na grandeza. Os cortesáns rodeábanse de vidas luxosas, vestidos con gran magnificencia, sempre asistindo a ceas, representacións, celebracións, etc. De feito, moitos nobres víronse na obriga de deixaren toda a súa influencia ou a dependeren totalmente dos subsidios e subvencións reais para poder manter o custoso estilo de vida versallés. Esta situación fixo que os nobres deixasen de tentar retomar o poder, o que podería resultar en potenciais problemas para a coroa, centrándose, porén, en competiren por seren invitados a cear na mesa do rei ou polo privilexio de levaren unha candea cando o rei se retiraba aos seus apousentos.


=== A unificación nacional: O galicanismo ===
=== A unificación nacional: O galicanismo ===

Revisión como estaba o 27 de maio de 2012 ás 22:48

Luís XIV, rei de Francia, retratado por Hyacinthe Rigaud en 1701.

Luís XIV de Borbón (en francés Louis XIV), nado en Saint-Germain-en-Laye o 5 de setembro de 1638 e finado en Versalles o 1 de setembro de 1715, foi rei de Francia e de Navarra dende o 14 de maio de 1643 até a súa morte con case 77 anos de idade e 72 de reinado. Cando era menor de idade, unha revolta da nobreza francesa e do Parlamento de París puxo en perigo o seu trono. Aínda que a revolta foi sufocada polo 1º ministro o cardeal Mazarino, cando Luís XIV accedeu ao trono decidiu reforzar a autoridade monárquica.

Coñecido como O Rei Sol (Le Roi Soleil) ou Luís o Grande (Louis le Grand), foi o primoxénito e sucesor de Luís XIII e de Ana de Austria (filla do Rei Filipe III de España). Luís XIV incrementou o poder e a influencia francesa en Europa, combatendo en tres grandes guerras: a Guerra de Holanda, a Guerra dos Nove Anos e a Guerra de Sucesión Española.

Baixo o seu mandato, Francia non só conseguiu o poder político e militar, senón tamén o dominio cultural con personaxes coma Molière, Racine, Boileau, La Fontaine, Lully, Rigaud, Le Brun e Le Nôtre. Estes logros culturais contribuíron ao prestixio de Francia, do seu pobo, da súa lingua e do seu rei. Luís XIV, un dos máis destacados reis da historia francesa, conseguiu crear un réxime absolutista e centralizado, até o punto de que o seu reinado é considerado o prototipo da monarquía absoluta na Europa. A frase "L'État, c'est moi" ("O estado son eu") atribúeselle frecuentemente, aínda que é considerada polos historiadores como unha imprecisión histórica (se se fai caso ás datas, Luís tería cinco anos cando o dixo), sendo máis probable que a devandita frase fose forxada polos seus inimigos políticos para resaltaren unha visión estereotipada do absolutismo político que Luís representaba. En contraposición a esa cita apócrifa, Luís XIV dixo antes de morrer a causa das queimaduras do Sol, algo moi común na súa época: "Je m'en vais, mais l'État demeurera toujours." ("Marcho, mais o Estado sempre permanecerá").

Infancia e ascenso ao trono

Coroación de Luís XIV en Reims, ano 1654.

O nacemento de Luís, en Saint-Germain-en-Laye no ano 1638, foi recibido como un don divino polos seus pais: Luís XIII e Ana de Austria, os cales non tiveran descendencia en vinte e tres anos; por iso foi bautizado como "Louis-Dieudonné" (Dieudonné significa "dado por Deus"); á parte outorgáronselle os títulos de premier fils de France ("Primeiro Fillo de Francia") ademais do máis tradicional de Delfín de Viennois. Luís XIV proviña dun ambiente multicultural xa que os seus avós paternos, Henrique IV de Francia e María de Médicis, eran navarro e italiana respectivamente e os seus avós maternos, Filipe III de España e Margarida de Austria, eran Habsburgos, el español e ela austríaca.

Luís XIII e Ana tiveron ao seu segundo fillo, Filipe d'Anjou que posteriormente sería Filipe I, Duque de Orleáns no ano 1640.

Luís XIII non se fiaba da habilidade da súa esposa para gobernar Francia trala súa morte, polo que decretou que un consello rexente gobernase no nome do seu fillo durante a súa minoría de idade, para reducir así o poder da Raíña Nai durante a rexencia. De feito, trala morte de Luís XIII e o ascenso ao trono, con cinco anos, de Luís XIV o 14 de maio de 1643, Ana anulou o testamento de Luís XIII no Parlamento, rompeu co consello e quedou como única rexente. Durante a súa rexencia, confiou o poder ao seu primeiro ministro, o italiano Cardeal Mazarino, ao que a maioría dos círculos políticos franceses desprezaban pola súa orixe non francesa.

Ao finalizar a Guerra dos Trinta Anos, no ano 1648, comezou unha guerra civil francesa coñecida como a Fronda. Mazarino continuou coas políticas de centralización emprendidas polo seu predecesor, Richelieu, aumentando así o poder real a expensas da nobreza. En 1648, intentou impoñer un imposto aos membros do Parlamento, o cal estaba constituído, principalmente, por membros da nobreza e altos cargos eclesiásticos. Os membros do Parlamento non só rexeitaron o imposto, senón que tamén ordenaron a queima de tódolos editos financeiros de Mazarino. Nunha ocasión na que o cardeal ordenou arrestar a algúns dos membros do Parlamento, París estalou en insurrección. Un grupo de parisinos molestos irrompeu no palacio real demandando ver ao rei. Tras seren conducidos á alcoba real, ficaron mirando a Luís XIV, o cal se facia o durmido, e marcharon tranquilamente. Debido ao perigo que corría a familia real e a monarquía, Ana fuxiu de París co rei e os seus cortesáns. Pouco tempo despois, a sinatura da Paz de Westfalia permitiu ao exército francés volver a axudar a Luís XIV e á súa corte real. Xa en xaneiro de 1649 comezou o asedio da rebelde París. A subsecuente Paz de Rueil rematou co conflito, cando menos temporalmente.

A segunda Fronda comezou ao rematar a primeira Fronda (Fronde Parlementaire), en 1650. Nobres de todo rango, dende princesas de Sangue Real e curmáns do rei, como Gastón, duque de Orleáns, a súa filla, Ana María Luísa de Orleáns e Montpensier, Luís II de Borbón-Condé e Armando de Borbón-Conti, a nobres de longa liñaxe como François VI, Duque da Rochefoucauld, Frédéric Maurice de La Tour d'Auvergne, o seu irmán, Turenne e Marie de Rohan-Montbazon, incluso nobres de descendencia real lexítima como Henrique II de Orleáns e Francisco de Vendôme, participaron na rebelión contra o poder real. Incluso o clero tiña representación na rebelión na persoa de Jean-François Paul de Gondi. Como resultado a estes días tumultuosos, nos que se di que a Raíña Nai tivo que vender as súas xoias para alimentar aos seus fillos, Luís XIV desenvolveu unha gran desconfianza da nobreza.

Fin da guerra e reinado persoal

O seu casamento en 1660.

Namentres, a guerra coa España continuaba. Os franceses recibiron apoio militar de Inglaterra, dirixido por Oliver Cromwell. A alianza anglo-francesa venceu en 1658 na Batalla das Dunas. O resultado da guerra foi o Tratado dos Pirineos que fixou a fronteira entre a España e máis a Francia nos Pirineos, cedendo a España varias provincias e cidades á Francia nos Países Baixos españois e no Rosellón. Este tratado cambiou a balanza de poder, Luís XIV casou coa filla de Filipe IV de España: María Tareixa de Austria. O matrimonio celebrouse o 9 de xuño de 1660.

Guerra nos Países Baixos

Trala morte de Filipe IV de España, tío e sogro de Luís XIV, en 1665, o seu fillo (da súa segunda esposa) ascendeu ao trono como Carlos II de España. Luís XIV reclamou o territorio de Brabante, nos Países Baixos, gobernados até entón polo rei de España, que debían ser "devoltos" á súa esposa, María Tareixa, medio irmá maior de Carlos II (filla do primeiro matrimonio do pai de ámbolos dous). Luís argumentou que os costumes de Brabante non permitían que un fillo sufrise prexuízos polas consecuencias de que o seu pai volvese casar, polo que tiña prioridade sobre os fillos dos seguintes matrimonios á hora de herdar. Estas reclamacións darían pé á Guerra de Devolución de 1667, na cal Luís participou persoalmente.

Os problemas internos da República dos Sete Países Baixos Unidos beneficiaron os intereses de Luís nos Países Baixos. O político máis importante do momento nas Provincias Unidas, Johan de Witt, temía que o mozo Guillerme III, Príncipe de Orange, se fixese co poder nas Provincias Unidas. De Witt pensaba que unha guerra naval contra Francia se podería levar, mais non unha guerra terrestre, que permitiría a intervención de Guillerme III, deixándolle co poder. Así, coas Provincias Unidas divididas nun conflito interno entre os seguidores de De Witt e os de Guillerme de Orange, xunto coas refregas entre ingleses e holandeses, Francia non tivo ningunha dificultade en conquistar Flandres e o Franco Condado. Ante a velocidade do triunfo francés, as Provincias Unidas uníronse a Inglaterra e Suecia nunha Tripla Alianza no ano 1668. A formación da Tripla Alianza puña a Luís XIV ante o problema de verse no medio dunha guerra de maiores dimensións, polo que aceptou firmar a paz no Tratado de Aquisgrán, polo cal a Francia se quedaba co control de Flandres, pero devolvía o Franco Condado á España.

Expansión francesa baixo Luís XIV (en laranxa).

A Tripla Alianza non durou moito. En 1670, Carlos II de Inglaterra, atraído por subornos franceses, asinou en segredo o Tratado de Dover, converténdose en aliado francés. Ámbolos dous reinos declararon a guerra ás Provincias Unidas en 1672. A rápida invasión e ocupación da práctica totalidade dos Países Baixos, salvo Ámsterdam, provocou un golpe de estado contra De Witt, o que lle permitiu a Guillerme III facerse co poder. Guillerme III aliouse coa España e o Sacro Imperio, e, tras dous anos de loita en 1674, asinou un tratado de paz coa Inglaterra forzando aos ingleses a retirárense dos Países Baixos. Guillerme incluso chegou a casar con María II de Inglaterra, sobriña de Carlos II de Inglaterra. Porén, e a pesar destes movementos diplomáticos, a guerra continuou con grandes vitorias francesas sobre as forzas da coalición opoñente. De feito, as nacións implicadas, extenuadas pola guerra, comezaron a negociar unha paz, chegando no 1678 á Paz de Nimega. No devandito tratado Luís XIV, malia devolver todo o territorio holandés capturado, gañou a posesión de máis cidades e retivo o Franco Condado, que fora invadido en poucas semanas.

O tratado de Nimega incrementou aínda máis a influencia francesa en Europa, pero non satisfixo a Luís XIV. O rei despediu o seu ministro de asuntos exteriores, Simon Arnauld de Pomponne, no ano 1679, porque consideraba a súa actitude demasiado comprometida cos aliados. Luís XIV continuou agrandando o seu exército, aínda que en vez de conseguir as súas reclamacións territoriais polas armas, fíxoo por medio de xuízos. Debido ás redaccións ambiguas dos tratados da época, Luís conseguiu reclamar que os territorios que se lle cederan nos tratados asinados previamente, debíanse ceder xunto coas dependencias e terras que tivesen pertencido a eses territorios formalmente. A anexión destes territorios tiña o obxectivo de proporcionar á Francia unha fronteira máis defendible. Luís tamén desexaba a cidade de Estrasburgo, un emprazamento estratéxico importante. Estrasburgo estaba emprazada na Alsacia, territorio que non se lle cedera a Luís na Paz de Westfalia. Porén, Luís XIV ocuparíao en 1681, usando pretextos legais.

Dominación na década de 1680

Na década de 1680 o poder francés sobre Europa, baixo o mandato de Luís XIV, aumentara enormemente. A xestión económica dun dos ministros máis famosos de Luís, Jean-Baptiste Colbert, morto en 1683, produciu un gran cambio na tesouraría real; os ingresos da coroa triplicáronse so a súa supervisión. Os príncipes europeos comezaron a imitar o modelo francés en tódolos seus aspectos. As colonias francesas no estranxeiro multiplicáronse, tanto na América como na África ou na Asia, iniciándose relacións diplomáticas con nacións como Siam e Persia. Por exemplo, o explorador René Robert Cavelier de La Salle reclamou para a Francia, no 1682, a cunca do Río Mississippi, nomeándoa "Luisiana" en honor de Luís XIV. Incluso os xesuítas franceses tiñan presenza na corte Manchú na China.

Nun intento de aumentar máis o seu dominio na Europa, Luís XIV reforzou o galicanismo, unha doutrina que limitaba o poder papal na Francia. Ademais, Luís XIV tomou medidas para diminuír a influencia e o poder da nobreza e o clero. Estas medidas incluían conservar o control sobre o segundo estado (a nobreza), empregando a táctica de manter á alta nobreza na corte do palacio de Versalles, conseguindo así que os nobres se quedasen a meirande parte do ano baixo a vixilancia de Luís XIV, e non nos seus territorios, onde podían planear rebelións e insurreccións. Alén disto, manténdose preto do rei era o único xeito posible para poder gañar favores reais como pensións e privilexios necesarios cara á posición social. Luís divertía a estes visitantes permanentes con festas extravagantes e outras distraccións, feito que contribuía notablemente ao control real sobre unha nobreza pouco disciplinada.

No apartado da diminución da influencia nobiliaria, Luís seguiu o traballo emprendido polos Cardeais Richelieu e Mazarino. Trala experiencia da Fronda, Luís cría que o único xeito de manter o seu poder era colocar plebeos ou, cando menos, membros da nova aristocracia nos cargos importantes. A devandita política baseábase na idea de que Luís podería reducir a un plebeo que tivese unha grande influencia polo seu cargo tan só con despedilo, cousa que non podería facer coa influencia dun gran nobre. Por iso, Luís adicou a toda a grande aristocracia no posto de cortesáns, á vez que nomeaba ministros a plebeos e novos aristócratas. Como cortesáns, o poder da nobreza diminuíu notablemente. Esa falta de poder vese reflectida na ausencia de rebelións, como a Fronda, tras Luís XIV. De feito, esta vitoria da coroa sobre a nobreza asegurou que non houbese ningunha guerra civil importante na Francia, até a ‘’Revolución’’ e a ‘’Era Napoleónica’’.

O palacio de Versalles, construído por Luís XIV.

Luís XIV converteu o palacio de Versalles, orixinariamente nun refuxio de caza construído polo seu pai, nun espectacular palacio real. O 6 de maio de 1682 mudouse oficialmente aló con toda a súa corte. Luís tiña varias razóns para crear un palacio extravagante de tanta opulencia e mudar para alá a residencia da monarquía. A afirmación, con todo, de que odiaba París é imprecisa porque Luís non deixou de embelecer a súa capital con monumentos, mentres a melloraba e a desenvolvía. Versalles cumpría como o sitio admirable e sobrecolledor para os asuntos de estado e para recibir aos mandatarios estranxeiros, onde a atención non se dividía entre a capital e a xente, senón que recaía totalmente sobre o rei. A vida da corte centrábase na grandeza. Os cortesáns rodeábanse de vidas luxosas, vestidos con gran magnificencia, sempre asistindo a ceas, representacións, celebracións, etc. De feito, moitos nobres víronse na obriga de deixaren toda a súa influencia ou a dependeren totalmente dos subsidios e subvencións reais para poder manter o custoso estilo de vida versallés. Esta situación fixo que os nobres deixasen de tentar retomar o poder, o que podería resultar en potenciais problemas para a coroa, centrándose, porén, en competiren por seren invitados a cear na mesa do rei ou polo privilexio de levaren unha candea cando o rei se retiraba aos seus apousentos.

A unificación nacional: O galicanismo

A continuación, Luís XIV intentou incrementar o seu control sobre a Igrexa. Convocou unha asemblea do Clero (Assemblée du Clergé) en novembro de 1681. Trala súa disolución en xuño de 1682, a asemblea aceptara a Declaración do Clero Francés. O poder real incrementouse, en detrimento do poder papal. Entre outras medidas, o Papa non podía enviar legados papais sen o consentimento de Luís; os susoditos legados, ademais, só podían exercer o seu cometido tras outra aprobación unha vez entrasen na Francia. Os bispos non podían abandonar o país sen aprobación real; ningún axente gobernamental podía ser excomungado polos seus actos en misión oficial; e non se podía apelar ao Papa sen a aprobación do rei. O rei obtivo o poder de promulgar leis eclesiásticas e tódalas regras papais eran inválidas en territorio francés sen o consentimento real. A Declaración, con todo, non foi aceptada polo Papa, por razóns claramente obvias.

A unificación nacional: A revogación

Madame de Maintenon, segunda esposa de Luís XIV.

A esposa de Luís XIV, María Tareixa, morreu no ano 1683. Luís non se mantivo fiel a ela por moito tempo tralo seu matrimonio de 1660: entre as súas amantes estaba Luísa de La Vallière, Françoise Athénaïs de Rochechouart de Mortemart, Madame de Montespan e María Anxélica de Fontanges. Así e todo, mantívose máis fiel no seu segundo matrimonio, con Madame de Maintenon. O matrimonio morganático entre Luís XIV e Madame de Maintenon tivo lugar, probablemente, a finais de 1685.

Madame de Maintenon, antes protestante, convertérase ao catolicismo. Antes críase que, ademais, participara moi activamente na persecución dos protestantes, e que instara a Luís XIV a revogar o Edicto de Nantes, o cal proporcionaba algo de liberdade relixiosa aos Hugonotes (os membros da protestante Igrexa Reformada). Porén, esta implicación de Madame de Maintenon cuestiónase actualmente. O mesmo Luís XIV estaba de acordo co plan, posto que, como o resto de Europa, católica ou protestante, cría que para manter a unidade nacional, debía antes conseguir a unidade relixiosa; no seu caso unha unidade baixo o catolicismo. Esta idea estaba definida no principio "cuius regio, eius religio", política relixiosa en vixencia dende o seu establecemento na Paz de Augsburgo de 1555. De feito, xa comezara a persecución dos hugonotes.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
Luís XIII
 Rei de Francia e Navarra 
1643 - 1715
Sucesor:
Luís XV

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA