Lingua protoxermánica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: zea:Oergermaons
m left -> esquerda
Liña 8: Liña 8:


O protoxermánico pertence á familia de [[linguas indoeuropeas]] que se desenvolveu sobre o final da cultura [[Neolítico|neolítica]] de Europa Occidental incluíndo a [[Prehistoria#A Idade de Pedra europea|cultura de vasos de funil]] e a [[Prehistoria#A Idade dos metais en Europa|cultura de cerámicas cordadas]] no sur de Escandinavia e [[Xutlandia]].<ref>The Penguin atlas of world history / Hermann Kinder y Werner Hilgemann; trad. por Ernest A. Menze. Harmondsworth: Penguin Books. ISBN 0-14-051054-0 1988 Volumen 1. p.109.</ref>
O protoxermánico pertence á familia de [[linguas indoeuropeas]] que se desenvolveu sobre o final da cultura [[Neolítico|neolítica]] de Europa Occidental incluíndo a [[Prehistoria#A Idade de Pedra europea|cultura de vasos de funil]] e a [[Prehistoria#A Idade dos metais en Europa|cultura de cerámicas cordadas]] no sur de Escandinavia e [[Xutlandia]].<ref>The Penguin atlas of world history / Hermann Kinder y Werner Hilgemann; trad. por Ernest A. Menze. Harmondsworth: Penguin Books. ISBN 0-14-051054-0 1988 Volumen 1. p.109.</ref>
[[Ficheiro:Pre-roman iron age (map).PNG|left|200px|thumb|Mapa da [[idade de ferro]] prerromana asociada co protoxermánico, ''ca.'' [[-500]]-[[-50]]. A área en maxenta representa a [[cultura de Jastorf]]]]
[[Ficheiro:Pre-roman iron age (map).PNG|esquerda|200px|thumb|Mapa da [[idade de ferro]] prerromana asociada co protoxermánico, ''ca.'' [[-500]]-[[-50]]. A área en maxenta representa a [[cultura de Jastorf]]]]


Algúns suxiren que o protoxermánico evolucionou no tempo de maneira relativamente illada. A súa evidencia baséase principalmente no [[vocabulario]], onde afirman que un terzo do vocabulario básico é dunha orixe non indoeuropea. Outros eruditos disputan sobre este aspecto e suxeriron etimoloxías do protoindoeuropeo á maioría das palabras cuestionadas.
Algúns suxiren que o protoxermánico evolucionou no tempo de maneira relativamente illada. A súa evidencia baséase principalmente no [[vocabulario]], onde afirman que un terzo do vocabulario básico é dunha orixe non indoeuropea. Outros eruditos disputan sobre este aspecto e suxeriron etimoloxías do protoindoeuropeo á maioría das palabras cuestionadas.

Revisión como estaba o 27 de maio de 2012 ás 22:44

O protoxermánico (ou xermánico común) é o devanceiro común hipotético (protolingua) de todas as linguas xermánicas, que inclúen entre outros, o inglés moderno, o holandés e o alemán. A lingua protoxermánica non é directamente confirmada por ningún texto pero foi reconstruída por medio de métodos comparativos. Só se atoparon unhas poucas inscricións rúnicas en Escandinavia datadas de ca. -200 que se pensan que representan unha etapa do protonórdico inmediatamente posterior ao protoxermánico. Algunhas palabras tomadas prestadas do xermánico primitivo que existían en linguas non xermánicas veciñas crese que foron tomadas do protoxermánico; un exemplo é en finés e estoniano a palabra kuningas "rei", que é similar á palabra reconstruída do protoxermánico *kuningaz.

O protoxermánico é unha lingua descendente do protoindoeuropeo. Posuía soamente dous tempos verbais (pasado e presente), en comparanza cos seis ou sete tempos do grego, latín e sánscrito. Parte desta diferenza é debida á deflexión caracterizada pola perda de tempos do presente no protoindoeuropeo, por exemplo o pretérito perfecto. Porén, moitos dos tempos verbais doutras linguas parecen ser innovacións separadas en cada unha delas.

Evolución do protoxermánico

A evidencia arqueolóxica suxire que antes de que a lingua se diferenciase en ramas individuais, os pobos xermánicos habitaban no sur de Escandinavia e ao longo das súas costas, desde Holanda no oeste, ata o río Vístula no leste, ca. -750[1]

O protoxermánico pertence á familia de linguas indoeuropeas que se desenvolveu sobre o final da cultura neolítica de Europa Occidental incluíndo a cultura de vasos de funil e a cultura de cerámicas cordadas no sur de Escandinavia e Xutlandia.[2]

Mapa da idade de ferro prerromana asociada co protoxermánico, ca. -500--50. A área en maxenta representa a cultura de Jastorf

Algúns suxiren que o protoxermánico evolucionou no tempo de maneira relativamente illada. A súa evidencia baséase principalmente no vocabulario, onde afirman que un terzo do vocabulario básico é dunha orixe non indoeuropea. Outros eruditos disputan sobre este aspecto e suxeriron etimoloxías do protoindoeuropeo á maioría das palabras cuestionadas.

Por definición, o protoxermánico é a etapa da lingua que constitúe o antepasado común máis recente das linguas xermánicas datado como da última metade do primeiro milenio antes da nosa era. Os dialectos falados post-protoindoeuropeos durante a idade de bronce nórdica, arredor do -2500-500 aínda cando non teñen ningún descendente testemuñado con excepción das linguas xermánicas, reciben o nome de “preprotoxermánico”. O feito de que un terzo do vocabulario protoxermánico teña unha etimoloxía indoeuropea ambigua non é estraño para unha lingua de ca. -500; noutras ramas do indoeuropeo aconteceu o mesmo.

Polo ano -250, o protoxermánico dividiuse en cinco grupos diferentes de linguas xermánicas (dous para o oeste e norte e un para o leste).[3]

Notas

  1. Germanic languages. En The New Encyclopædia Britannica. (1993). Chicago, IL, Estados Unidos: Encyclopædia Britannica, Inc.. ISBN 0-85229-571-5.
  2. The Penguin atlas of world history / Hermann Kinder y Werner Hilgemann; trad. por Ernest A. Menze. Harmondsworth: Penguin Books. ISBN 0-14-051054-0 1988 Volumen 1. p.109.
  3. Germanic languages. En The New Encyclopædia Britannica. (1993). Chicago, IL, Estados Unidos: Encyclopædia Britannica, Inc.. ISBN 0-85229-571-5.

Véxase tamén

Outros artigos