Eris (planeta anano): Diferenzas entre revisións
m r2.7.2) (Bot: Modifico: bn:এরেস (বামন গ্রহ) |
m left -> esquerda |
||
Liña 13: | Liña 13: | ||
== Tamaño == |
== Tamaño == |
||
[[Ficheiro:kuiper_comp.png|thumb| |
[[Ficheiro:kuiper_comp.png|thumb|esquerda|300px|Comparación do tamaño de Eris e [[Disnomia (satélite)|Disnomia]] co resto dos corpos do [[Cinto de Kuiper]] e coa [[Terra]].]] |
||
Segundo observacións do telescopio espacial Hubble e do Observatorio Keck, o diámetro de Eris é de 2.398 km (±96 km) e a súa masa é de 1,66x10<sup>22</sup> kg polo que é un pouco máis grande que [[Plutón (planeta anano)|Plutón]]. |
Segundo observacións do telescopio espacial Hubble e do Observatorio Keck, o diámetro de Eris é de 2.398 km (±96 km) e a súa masa é de 1,66x10<sup>22</sup> kg polo que é un pouco máis grande que [[Plutón (planeta anano)|Plutón]]. |
||
Revisión como estaba o 27 de maio de 2012 ás 22:01
Eris é o planeta anano de maior tamaño do noso Sistema Solar. Foi descuberto por Michael E. Brown, Chad Trujillo e David Rabinowitz o 8 de xaneiro de 2005 a partir dunhas imaxes tomadas o 21 de outubro de 2003. Ten un único satélite natural ó que se lle deu o nome de Disnomia.
Historia e características
Durante algo máis dun ano este corpo celeste foi considerado como o décimo planeta do Sistema Solar polos seus descubridores, pero actualmente, segundo as estimacións da Unión Astronómica Internacional (UAI) na súa sesión do 24 de agosto de 2006, é considerado un planeta anano (xunto a Plutón e Ceres), unha nova categoría creada na devandita sesión.
Antes de que o 13 de setembro de 2006 se lle otorgase o seu nomeamento definitivo era coñecido co nome provisional de 2003 UB313.
Órbita
Eris presenta un período orbital duns 560 anos (tarda 560 anos en completar o seu movemento de translación) e arestora atópase á máxima distancia posible do Sol (afelio), a unhas 97 unidades astronómicas (UA) da Terra (14.400 millóns de quilómetros). Do mesmo xeito que Plutón, a súa órbita é moi excéntrica (chega a unhas 35 UA do Sol durante o perihelio) e ó contrario dos planetas telúricos e dos xigantes gasosos, a órbita de Eris está inclinada uns 44° respecto á eclíptica.
É un dos corpos do Sistema Solar máis brillante e a responsable de que non se tiveran datos sobre a súa existencia ata hai ben pouco é a inclinación da súa órbita, pois normalmente a maioría das buscas concéntranse no plano da eclíptica, onde se agrupa a maioría da materia do noso Sistema Solar.
Tamaño
Segundo observacións do telescopio espacial Hubble e do Observatorio Keck, o diámetro de Eris é de 2.398 km (±96 km) e a súa masa é de 1,66x1022 kg polo que é un pouco máis grande que Plutón.
Satélite
Disnomia é o único satélite de Eris.
Preséntase no espazo como un punto 60 veces menos luminoso que Eris polo que, se asumimos que os dous corpos presentan o mesmo albedo, o diámetro de Disnomia pode ser duns 350 km, oito veces máis pequeno que Eris.
O seu período orbital é de 14 días.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Eris |