Himnos homéricos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
 
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 1: Liña 1:
Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

Os '''''Himnos homéricos''''' son unha colección de trinta e catro (ou trinta e dous, segundo se conte) breves poemas [[épica|épicos]] [[literatura grega|gregos]]. Hoxe estímase que o máis antigos dos himnos, o de [[Demeter]], se remonta á época de [[Hesíodo]].
Os '''''Himnos homéricos''''' son unha colección de trinta e catro (ou trinta e dous, segundo se conte) breves poemas [[épica|épicos]] [[literatura grega|gregos]]. Hoxe estímase que o máis antigos dos himnos, o de [[Demeter]], se remonta á época de [[Hesíodo]].



Revisión como estaba o 26 de maio de 2012 ás 17:33

Os Himnos homéricos son unha colección de trinta e catro (ou trinta e dous, segundo se conte) breves poemas épicos gregos. Hoxe estímase que o máis antigos dos himnos, o de Demeter, se remonta á época de Hesíodo.

Cada himno está dedicado a un deus, e destinábase a ser cantado polo aedo en forma de preludio ou proemio (do grego antigo προοίμιον prooímion), antes de pasar a unha obra máis longa. Os Himnos homéricos varían no seu obxecto, o seu tamaño (de cinco a cincocentos cincuenta versos), a súa época de redacción (entre o [[século –VII e o IV): poucas son as cousas que teñen en común os poemas desta colección

O epíteto de « homérico », que lles outorgan, só se debe á súa métrica común, o hexámetro dactílico, verso da epopea. Entre os factores de homoxeneidade entre estas obras, atopamos igualmente certas fórmulas idénticas, anunciando que despois do Himno homérico ía seguir outro poema: …Saúde a ti, e heite cantar noutro himno.

Principais himnos

Os himnos máis interesantes son as pezas de maior amplitude:

  • o Himno a Hermes é unha marabilla de parodia das epopeas, cuxo propósito burlesco é contar as fazañas que fixo Hermes nas primeiras horas da súa vida.
  • o Himno a Apolo ten por obxecto o establecemento polo deus dos seus ritos. Trátase de literatura en movemento: a través da enumeración de illas e cidades das que toma posesión o deus en todo o mundo grego, instituíndo aquí e alá os seus santuarios e misterios. Un posíbel autor desta obra, ou de partes dela, é Cineto de Quíos, considerado un homérida.
  • o Himno a Afrodita descríbea como vítima de si mesma, ao sucumbir aos encantos de Anquises.
  • o Himno a Dioniso é a descrición do espanto que inspira o deus a unha tripulación á que toma como reféns e masacra.
  • o Himno a Pan brilla polo seu estilo, moi rebuscado e digno das sutilidades máis finas do Alexandrinismo.
  • o Himno a Ares é menos homérico que órfico: constitúe une aproximación relativamente revolucionaria á concepción da relación entre homes e deuses, xa que nel se invoca ao deus das carnaxes para impedilas: pídeselle ao deus que preserve ao crente dos seus atributos, no canto de lle solicitar participar deles. De feito, este himno é moi tardío.
  • os himnos ao Sol e a Lúa son dignos de mención pola súa simetría e o fondo astrolóxico que evocan.

Lista completa dos himnos

  1. A Dioniso.
  1. A Deméter (ver Himno homérico a Deméter).
  1. A Hermes.
  1. A Afrodita.
  1. A Afrodita.
  1. A Dioniso.
  1. A Ares.
  1. A Artemis.
  1. A Afrodita.
  1. A Atenea.
  1. A Hera.
  1. A Deméter.
  1. Á Nai dos deuses (Rea/Cibeles).
  1. A Heracles de corazón de león.
  1. A Asclepio.
  1. Aos Dióscuros.
  1. A Hermes.
  1. A Pan.
  1. A Hefesto.
  1. A Apolo.
  1. A Poseidón.
  1. Ao todopoderos fillo de Crono (Zeus).
  1. A Hestia.
  1. Ás Musas e a Apolo.
  1. A Dioniso.
  1. A Artemis.
  1. A Atenea.
  1. A Hestia.
  1. Á Terra, nai de todo (Gaia).
  1. A Helio.
  1. A Selene.
  1. Aos Dióscuros.

Análise

Os Himnos homéricos seguen a ser unha obra mal coñecida, aos que a crítica ten considerado a miúdo dentro do grupo escuro dos minora, utilizado a maior parte do tempo para facer resaltar obras maiores, como os Himnos órficos, a epopea homérica, as obras de Hesíodo ou de Calímaco.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Homère, Hymnes, texte établi et traduit par Jean Humbert, Paris, Belles Lettres, 1938 (texto grego e tradución francesa). (en francés)
  • Hésiode, Théogonie et autres poèmes, suivi des Hymnes homériques, édition de Jean-Louis Backès, Gallimard, Folio, 2001 (tradución francesa).


Ligazóns externas