Goles: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13: Liña 13:
[[en:Gules]]
[[en:Gules]]
[[eo:Gorĝo (heraldiko)]]
[[eo:Gorĝo (heraldiko)]]
[[es:gules]]
[[es:Gules]]
[[eu:Gorri heraldiko]]
[[eu:Gorri heraldiko]]
[[fr:Gueules]]
[[fr:Gueules]]

Revisión como estaba o 25 de maio de 2012 ás 10:39

Escudo de Galicia coa coroa forrada en cor goles

Goles é unha cor en heráldica, que se corresponde co vermello, procedente do francés gueules. Hai que ter en conta que goles é un substantivo masculino invariable en singular e plural, mentres que a forma *gules é un castelanismo.

Corresponde cunha cor vermella intensa. Cando se trata dun escudo gravado, represéntase por medio dunhas liñas negras verticais.

O nome parece vir do francés gueule (fauces), pola cor do interior da boca dos animais.

Uso

Por ser a cor do sangue, o seu uso ten sempre unha referencia a feitos bélicos e á representación da forza do persoeiro ou país representado nos escudo. Tampouco hai que deixar de lado o feito de que se trata dunha cor primaria, moi usada, polo tanto, en heráldica.