Nazismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: rue:Націзм
Liña 208: Liña 208:
[[ro:Nazism]]
[[ro:Nazism]]
[[ru:Национал-социализм]]
[[ru:Национал-социализм]]
[[rue:Націзм]]
[[scn:Nazzismu]]
[[scn:Nazzismu]]
[[sco:Nazism]]
[[sco:Nazism]]

Revisión como estaba o 25 de maio de 2012 ás 08:56

Unha esvástica nazi, dobrada no sentido dos punteiros do reloxo

O "Nazismo" ou o "Nacional Socialismo" designa a política da ditadura que gobernou a Alemaña de 1933 a 1945, o "Terceiro Reich". O nazismo é frecuentemente asociado ao fascismo, aínda que os nazis dixesen practicar unha forma nacionalista e totalitaria de socialismo (oposta ao socialismo internacional marxista).

O Partido Nacional Socialista alemán defendía o "Nationalsozialismus" ("Nacional-Socialismo"). Algunha dereita e extrema-dereita, chegando por veces ata ao centro, en especial en países con máis forte tradición anti-comunista (como os Estados Unidos da América), refírense ao nazismo como unha forma de socialismo, apuntando para o nome, para algunha da retórica nazi e para a estatización da sociedade como probas. A xeneralidade da esquerda rexeita esas ideas, apuntando para a existencia, desde aínda antes da tomada do poder por Hitler, dunha resistencia comunista e socialista ao nazismo, para o carácter internacionalista e fraterno do socialismo, totalmente oposto á teoría e práctica nazi, e para a manutención, polos nazis, de toda a estrutura capitalista da economía alemá, limitada apenas polas condicionantes dunha economía de guerra e pola abordaxe a aquilo a que os nazis chamaban o "problema xudeu".

O ditador Adolf Hitler chegou ao poder encanto líder dun partido político, o Partido Nacional Socialista dos Traballadores Alemáns (Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, ou NSDAP). A Alemaña deste período é tamén coñecida como "Alemaña Nazi" e os partidarios do nazismo eran (e son) chamados nazis. O nazismo foi prohibido na Alemaña moderna, moito aínda que pequenos grupúsculos de simpatizantes, chamados neo-nazis, continúen a existir na Alemaña e noutros países. Algúns revisionistas históricos diseminan propaganda que nega ou minimiza o Holocausto e outras accións dos nazis e tenta deitar unha luz positiva sobre as políticas do réxime nazi e os acontecementos que ocorreron baixo el.

Teoría ideolóxica

De acordo con "Mein Kampf" (A Miña loita), Hitler desenvolveu as súas teorías políticas pola observación coidadosa das políticas do Imperio Austro-Húngaro. El naceu como cidadán do Imperio e acreditaba que a súa diversidade étnica e lingüística o enfraquecera. Tamén vía a democracia como unha forza desestabilizadora, porque colocaba o poder nas mans das minorías étnicas, que tiñan incentivo para enfraquecer e desestabilizar máis o Imperio.

O centro da ideoloxía nacional-socialista é o termo raza. A teoría nazi di que a raza aria é unha "raza-mestra", superior a todas as outras, e xustifica esta crenza da seguinte maneira:

O nacional-socialismo di que unha nación é a máxima creación dunha raza. Consecuentemente, as grandes nacións (literalmente, nacións grandes) serian a creación de grandes razas. A teoría di que as grandes nacións nacen do poderío militar e que este, pola súa vez, se orixina en culturas racionais e civilizadas, que, pola súa vez aínda, son criadas por razas con boa saúde natural e trazos agresivos, intelixentes e coraxosos.

As nacións máis fracas, para os nazis, son aquelas criadas por razas impuras, "mulatas" porque teñen culturas divididas, briguentas e, polo tanto, fracas.

De acordo cos nazis, un erro obvio deste tipo é permitir ou encoraxar múltiplas linguas dentro dunha nación. Esta crenza é o motivo polo cal os nazis alemáns estaban tan preocupados coa unificación dos territorios dos pobos de lingua alemá.

Nacións incapaces de defender as súas fronteiras, dicían, serian a creación de razas fracas ou escravas. Pensábase que as razas escravas eran menos dignas de existir do que as razas-mestras. En particular, se unha raza-mestra necesitar de espazo para vivir (Lebensraum), pensábase que ela tiña o dereito de tomar o territorio e matar ou escravizar as "razas escravas" indíxenas.

Razas sen patria eran, polo tanto, consideradas "razas parasíticas". Canto máis ricos fosen os membros da "raza parasítica" máis virulento sería o parasitismo. Unha raza-mestra podía, polo tanto, de acordo coa doutrina nazi, endereitarse facilmente pola eliminación das "razas parasíticas" da súa patria.

Foi esta a xustificación teórica para a opresión e eliminación dos xudeus e dos xitanos, un deber que moitos nazis (curiosamente) consideraban repugnante.

As relixións que recoñecesen e ensinasen estas "verdades" eran as relixións "verdadeiras" ou "mestras" porque criaban lideranza por evitaren as "mentiras reconfortantes". As que pregasen o amor e a tolerancia, "en contradición cos feitos", eran chamadas relixións "escravas" ou "falsas".

Os homes que aceitasen estas "verdades" eran chamados "líderes naturais"; os que as rexeitasen eran chamados "escravos naturais". Diciase dos escravos, especialmente dos intelixentes, que embarazaban os mestres pola promoción de falsas doutrinas relixiosas e políticas.

Se ben que a raza fose fulcral na mundovisión nazi, non era todo. As raíces ideolóxicas do nazismo ían un pouco máis fundo do que iso, visto que os nazis procuraron lexitimación en obras anteriores, particularmente nunha lectura, por moitos considerada no mínimo discutible, da tradición romántica do século XIX, e en especial do pensamento de Friedrich Nietzsche sobre o desenvolvemento do home en dirección ao Übermensch.

No seu libro de 1939, Alemaña:Jekyll & Hyde, Sebastian Haffner chama ao Nazismo de "unha primeira (autónoma e nova) forma de Nihilismo radical, que nega simultaneamente todos os valores, sexan eles valores capitalistas e burgueses ou sexan eles proletarios".

Nazismo e romantismo

De acordo con Bertrand Russell, o nazismo provén dunha tradición diferente quer do capitalismo liberal quer do comunismo. E por iso, para entender os valores do nazismo, é necesario explorar esta ligazón, sen trivializar o movemento tal coma era no seu auxe, nos anos 30, e descarta-lo como pouco máis que racismo.

Moitos historiadores sosteñen[Cómpre referencia] que o elemento antisemítico, que non existe nos movementos-irmáns do nazismo, os fascismos de Italia e España, foi adoptado por Hitler para obter popularidade para o seu movemento. O preconcepto antisemita era moi común nas masas do Imperio Alemán. Por iso, dise que a acpitación das masas dependía do antisemitismo e da exaltación do orgullo alemán, ferido coa derrota na Primeira Guerra Mundial.

Outros pola contra, como o filólogo Victor Klemperer), aseguran que as orixes e os valores do nazismo proveñen da tradición irracionalista do movemento romántico do inicio do século XIX. Os nazis valorizaban a forza, a paixón, a falta de hipocrisía, o utilitarianismo, os valores tradicionais da familia e a devoción á comunidade.

O nazismo e o Imperio Británico

Hitler admiraba o Imperio Británico. Os intelectuais británicos desenvolveron teorías racistas no século XIX para controlar o pobo indiano e outros "selvaxes", e os nazis copiaron moitos destes métodos.

De forma semellante, na súa xuventude Hitler tamén admirou bastante os Estados Unidos da América. En Mein Kampf, louvou os Estados Unidos polas súas leis anti-imigrazón. De acordo con Hitler, os EUA eran unha nación exitosa porque se mantiñan "puros" de "razas inferiores". porén, á medida que a guerra se aproximaba, a súa opinión dos Estados Unidos empeorou e comezou a acreditar que a Alemaña iría conseguir unha vitoria fácil sobre os EUA precisamente porque este país, na súa nova maneira do ver, se tiña tornado unha nación mestiza.

Teoría económica

A teoría económica nazi preocupouse cos asuntos domésticos inmediatos e, en separado, coas concepcións ideolóxicas da economía internacional.

A política económica doméstica concentrouse en tres obxectivos principais:

Todos estes obxectivos pretendían contrariar aquilo que era visto como os defectos da República de Weimar e para solidificar o apoio doméstico ao partido. Nisto, os nazis foron bastante ben sucedidos. Entre 1933 e 1936 o PIB alemán creceu a unha taxa media anual de 9.5 por cento, e a taxa de crecemento da industria foi de 17.2 por cento. Moitos economistas, porén, afirman que a expansión da economía alemá nese período non foi resultado da acción do partido nazi, mais si unha consecuencia das políticas económicas dos últimos anos da República de Weimar que comezaron entón a ter efecto.

Mais existen dúbidas se a economía realmente creceu ou se só se recuperou da depresión porque os salarios na Alemaña nazista de 1939 eran un pouco menores do que os salarios na Alemaña de 1929.

Alén diso, tamén se ten feito notar que aínda que sexa crenza algo xeneralizada que os nazis puxeron fin á hiperinflación, na realidade iso precedeu os nazis en varios anos.

Esta expansión empurrou a economía alemá para fora dunha profunda depresión e para o pleno emprego en menos de catro anos. O consumo público durante o mesmo período aumentou 18.7%, encanto que o consumo privado aumentou 3.6% anualmente. porén, e unha vez que a produción era máis consumidora do que produtora (a elaboración de proxectos de traballo, a expansión da máquina de guerra, a iniciación do recrutamento para tirar homes en idade produtiva do mercado de traballo), as presións inflacionarias reapareceron, se ben que non chegasen aos extremos da República de Weimar. Estas presións económicas, combinadas coa máquina de guerra cuada durante a expansión (e as concomitantes presións para o seu uso), levou algúns comentadores á conclusión de que bastaban esas razóns para tornar unha guerra europea inevitable. Dito doutra forma, sen unha nova guerra europea, que soportase esta política económica consumista e inflacionaria, o programo económico doméstico nazi era insustentable. Isto non significa que as consideracións políticas non tivesen tido maior peso no desencadear da Segunda Guerra Mundial. Significa apenas que a economía foi e continua a ser un dos principais factores de motivación para que calquera sociedade vá para a guerra.

O partido nazi acreditaba que unha cabala da banca internacional estivera por tras da depresión global dos anos 30. O controlo desta cabala foi identificado co grupo étnico coñecido por xudeus, o que forneceu outra ligazón á súa motivación ideolóxica para a destrución dese grupo no holocausto. porén, e dunha maneira xeral, a existencia de grandes organizacións internacionais da banca e de banca mercantil era ben coñecida ao tempo. Moitas desas institucións bancarias eran capaces de exercer presións sobre os estados-nacións a través da extensión ou da retención de créditos. Esta influencia non se limita aos pequenos estados que precederon a creación do Imperio Alemán encanto estado-nación na década de 1870, mais surxe nas historias de todas as potencias europeas desde 1500. Na realidade, algunhas corporacións trans-nacionais do período entre 1500 e 1800 (a Compañía Holandesa das Indias Orientais é un bo exemplo) foron criadas especificamente para entrar en guerras no lugar dos gobernos e non o inverso.

Usando máis nomenclatura moderna, aínda que facelo posa ser algo discutible, é posible dicir que o partido nazi estaba contra o poder das corporacións trans-nacionais, que consideraba excesivo en relación ao dos estados-nación. Aínda que por motivos por veces opostos, esta posición anti-corporativa é partillada por moitas forzas políticas desde a esquerda e centro-esquerda, ata a extrema-dereita.

É importante facer notar que a concepción nazi da economía internacional era moito limitada. A principal motivación do partido era incorporar no Reich recursos que anteriormente non facían parte del, pola forza e non a través do comercio. Isto fixo da teoría económica internacional un factor de suporte da ideoloxía política en vez dunha trave mestra da plataforma política, como na maioría dos partidos políticos modernos.

Do punto de vista económico, o nazismo e o fascismo están relacionados. O nazismo pode ser encarado como un subconxunto do fascismo - todos os nazis son fascistas mais nin todos os fascistas son nazis. O nazismo partilla moitas características económicas co fascismo, co controlo gobernamental das finanzas e do investimento (a través da atribución de créditos), da industria e da agricultura, ao mesmo tempo que o poder corporativo e sistemas baseados no mercado para criar os prezos se mantiñan. Citando Benito Musolini: "O fascismo debía ser chamado corporativismo, porque é unha fusión do Estado e do poder corporativo."

En vez de ser o estado a requirir bens das empresas industriais e a colocar nelas as matérias-primas necesarias á produción (como en sistemas socialistas/comunistas), o estado pagaba por eses bens. Isto permitía que o prezo desempeñase un papel esencial no fornecemento de información sobre a escaseza dos materiais, ou nas principais necesidades en tecnoloxía e mán-de-obra (incluíndo a educación de mán-de-obra calificada) para a produción de bens. Alén diso, o papel que os sindicatos debían desempeñar nas relacións de traballo nas empresas era outro punto de contacto entre fascismo e nazismo. Tanto o partido nazi alemán como o partido fascista italiano tiveron inicios ligados ao sindicalismo, e encaraban o controlo estatal como forma de eliminar o conflito nas relacións laborais.

Efeitos

Estas teorías foron utilizadas para xustificar unha axenda política totalitaria de odio racial e de supresión da disidencia co uso de todos os medios do estado.

Como outros réximes facistas, o réxime nazi puña énfase no anti-comunismo e no principio do líder (Führerprinzip). Este é un principio-chave na ideoloxía fascista, segundo o cal se considera o líder como a corporización do movemento e da nación. Ao contrario doutras ideoloxías fascistas, o nazismo era virulentamente racista. Algunhas das manifestacións do racismo nazi foran:

  • Antisemitismo, que culminou no Holocausto.
  • Nacionalismo étnico, incluíndo a noción dos alemáns como o Herrenvolk ("raza-mestra") e o Übermensch ("super-home")
  • Unha crenza na necesidade de purificar a raza alemá a través da euxenia, que culminou na eutanasia non-voluntaria de persoas diminuídas

O anti-clericalismo tamén fixo parte da ideoloxía nazi, o que é máis un punto de diverxencia con outros fascismos.

Efeitos secundarios

Talvez o efeito intelectual máis importante do nazismo teña sido o descrédito, durante polo menos dúas xeracións, das tentativas de utilizar a sociobioloxía para explicar ou influenciar asuntos sociais.

Persoas e historia

O nazi máis importante foi Adolf Hitler, que gobernou a Alemaña Nazi entre 30 de xaneiro de 1933 ata ao seu suicidio a 30 de Abril de 1945, levou o Reich alemán á Segunda Guerra Mundial e supervisou o asasinato de 40 millóns de persoas. Con Hitler, o nacionalismo étnico e o racismo xuntaranse nunha ideoloxía militarista.

Despois da guerra, moitos nazis de primeiro plano foron condenados por crimes de guerra e contra a humanidade no Xulgamento de Nüremberg.

O símbolo nazi é a esvástica orientada no sentido dos punteiros do reloxo.

Nazismo e relixión

As relacións entre o nazismo e o cristianismo só poden ser descritas como complexas e controversias.

É claro que Hitler e os outros líderes nazis se utilizaron do simbolismo e emoción cristiás para propaganda xunto do público alemán, esmagadoramente cristián, mais continua a ser controvertido saber se Hitler se consideraba, ou non, cristián. Algúns autores sacristáns tentaron tipificar Hitler como ateo ou ocultista — ou mesmo un satanista — encanto que autores non-cristáns puxeron énfase na utilización externa da doutrina cristiá, sen dar importancia ao que podería ter sido a mitoloxía interna do partido. A existencia dun Ministerio de Asuntos da Igrexa, instituído en 1935 e liderado por Hanns Kerrl, foi case ignorada por ideólogos como Alfred Rosenberg e por outros decisores políticos.

As relacións do Partido Nazi coa Igrexa Católica son aínda máis polémicas. Moitos padres e líderes católicos opuxéranse con vigor ao nazismo, dicindo que el era incompatible coa moral cristiá. Tal como aconteceu con moitos opositores políticos, moitos destes padres foron condenados aos campos de concentración pola súa oposición. A pesar diso, a xerarquía da Igrexa, representada polo Papa Pio XII mantívose basicamente silenciosa, e as alegacións de complicidade papal son hoxe lugar-comun. Tamén existían líderes católicos pro-nazis, como o Bispo Alois Hudal.

Nazismo e fascismo

O termo "nazismo" é frecuentemente (mais incorrectamente) usado como sinónimo de "fascismo". Ao paso que o nazismo incorporou elementos estilísticos do fascismo, as semellanzas principais entre os dous foron a ditadura, o irredentismo territorial e a teoría económica básica. Por exemplo, Benito Mussolini, o fundador do fascismo, non adoptou o anti-semitismo ata se ter aliado a Hitler, encanto que o nazismo foi explicitamente racista desde o inicio. O ditador español Francisco Franco, frecuentemente chamado fascista, poderá talvez ser descrito como un monárquico católico reaccionario que adoptou pouco do fascismo para alén do estilo.

Para o fín do século XX, xurdiron movementos neo-nazis en varios países, incluíndo os Estados Unidos da América e varias nacións europeas. O neo-nazismo inclúe calquera grupo ou organización que exhibe unha ligazón ideolóxica co nazismo. Algúns partidos políticos da orla do espectro como, nos EUA, o Partido Verde Nacional Socialista Libertario (LNSGP, ou Libertarian National Socialist Green Party), adoptaron ideas nazis.

Que factores levaron ao éxito do nacional-socialismo?

Unha cuestión importante sobre o nacional-socialismo ten a ver cos factores que promoveron a súa ascensión, non só na Alemaña mais tamén noutros países europeos (podían atoparse movementos nacional-socialistas na Suecia, Gran Bretaña, Italia, España e EUA), nos anos 20 e 30 do século pasado.

Estes factores poden ter tido a ver con:


O termo "nazi" na cultura popular

As múltiplas atrocidades e ideoloxía extremista que os nazis seguiron tornaron-nos tan dignos de nota na linguaxe popular como na historia. O termo "nazi" é usado de diversas formas. É frecuentemente utilizado para describir grupos de persoas que tentan impor solucións impopulares ou extremistas á poboación en xeral, ou entón que cometen crimes e outros tipos de violacións sobre terceiros sen mostrar remorso. Israel é un alvo común e extremadamente controverso do termo "nazi", ao describir o modo como trata os palestinianos e as súas políticas teoricamente racialistas.

Algúns dos usos do termo que se vén na cultura popular son extremamente ofensivos. Frases como "nazi do software libre" ou "feminazi" son dous exemplos de usos particularmente obxectabeis. Mesmo moitos dos que máis fortemente se opoñen ao movemento do Software Libre non gostan do que encaron como a trivialización dos nazis, que mataron millóns de persoas.

O termo é usado tan frecuentemente que inspirou a "lei de Godwin" que di que "con o prolongamento dunha discusión online, a probabilidade de xurdir unha comparación envolvendo os nazis ou Hitler aproximase de un". Talvez estea a acontecer o mesmo que con outras palabras ofensivas e a comunidade estea a reclamar o termo.

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Link FA