Diferenzas entre revisións de «Vítor I, papa»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
homónimos
m
m (homónimos)
 
== Vida e pontificado ==
Malia non se coñeceren demasiados detalles da vida persoal de Vítor I, e en especial do seu tempo anterior ao pontificado, pasou á historia por pechar a [[controversia de Pascua]], que opuña os critiáns occidentais e orientais en relación ao día en que había de celebrarse esta [[Pascua cristiá|festividade]]. Mentres os últimos papas romanos viñeran propoñendo a fixación en domingo, os orientais crían que debía coincidir coa [[Pessach|pascua]] [[xudaísmo|xudía]], no día exacto da lúa chea. Vítor I convocou todos os bispos italianos ao primeiro [[sínodo]] de que se garda memoria, e ameazou coa [[excomuñón]] aos bispos orientais que non respectasen a Pascua de domingo<ref>Donald Attwater. 'A Dictionary of the Popes''. The Catholic Book Club. [[Londres]], [[1939]], páx. 11</ref>. Esta severidade foi criticada por numerosos bispos, entre eles [[Ireneo de Lión]], pero a determinación de Vítor I tivo os seus froitos.
 
Durante o seu papado tamén tivo que facer fronte á pequena seita de Teodoto, un curtidor cristián, excomungado por Vítor I, que sostiña que [[Xesucristo]] era unicamente un superdotado.
19.713

edicións

Menú de navegación