Maranhão: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: mg:Maranhão
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: hr:Maranhão
Liña 74: Liña 74:
[[gn:Maranhão]]
[[gn:Maranhão]]
[[he:מרניאו]]
[[he:מרניאו]]
[[hr:Maranhão]]
[[ia:Maranhão]]
[[ia:Maranhão]]
[[id:Maranhão]]
[[id:Maranhão]]

Revisión como estaba o 20 de maio de 2012 ás 19:49

Maranhão
Capital São Luís
Superficie 331.983,3 km²
Poboación
Densidade
6.184.538 (2006)
18,6 hab/km²
Fuso horario GMT-3
Gobernador Roseana Sarney
Mapa do Brasil con Maranhão

Maranhão (en galego, Marañón) é un dos estados do Brasil situado na Rexión Nordeste. Ten como límites ao norte o Océano Atlántico; ao leste e sueste o estado de Piauí; a sudoeste e oeste o estado de Pará. A súa capital é a cidade de São Luis. Outra cidade importante é Imperatriz.

Xeografía

Diferente de outros estados do Nordeste brasileiro, o Maranhão non ten rexións de clima semi-árido. Hai 5 tipos principais de vexetación no estado:

  • ó oeste, xunto á divisa co estado do Pará o seu clima e vexetación aseméllanse máis ós da selva ecuatorial
  • no centro do estado, predomina a chamada Mata de Cocais, con bosques palmeiras como o burití,
  • próximo ó litoral, hai unha rexión de campos naturais,
  • no litoral, hai manglares, dende a foz do río Gurupi ata a foz do río Periá,
  • finalmente, ó sur do estado, hai vexetación de sabana, que forma o chamado cerrado brasileiro.

Economía

As principais actividades económicas do estado son a industria (destacándose a transformación de aluminio, a alimenticia e a madeireira), a extracción de babasú, a agricultura (principalmente soia, mandioca, arroz e millo) e a gandería. Máis da metade do PIB do estado concentrase na capital, São Luís.

Paisaxe dos Lençóis Maranhenses.

O turismo ten grande potencial no estado, grazas principalmente ás paisaxes naturais da rexión dos Lençóis Maranhenses, ás construcións históricas da capital, São Luís, e da cidade de Alcántara.

Ligazón externa