Fenrir: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: zh-min-nan:Fenrir
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: oc:Fenrir
Liña 40: Liña 40:
[[nn:Fenrisulven]]
[[nn:Fenrisulven]]
[[no:Fenrisulven]]
[[no:Fenrisulven]]
[[oc:Fenrir]]
[[pl:Fenrir]]
[[pl:Fenrir]]
[[pt:Fenris]]
[[pt:Fenris]]

Revisión como estaba o 20 de maio de 2012 ás 17:27

Nome propio. Lobo da mitoloxía nórdica.

Ilustración de Fenrir nun manuscrito islandés do século XVII.

Tamén chamado Fenris. Irmán da serpe Jörmungandr e da deusa Hela. Fillo do deus Loki e a xigante Angur. Vivía cos Æsir e tan só Týr se atrevía a alimentalo. Os deuses, vendo cómo día a día creía e se facía máis temíbel, tentaron encadealo con diversas cadeas (coma Loeding e Drómi) que a besta rompía sen dificultade.

Odín ordeou ós gnomos que fabricasen unha cadea irrompíbel. Éstes forxaron a Gleipnir. Fenrir dixo que só se deixaría encadear con Gleipnir se, coma garantía, un dos deuses puña unha man entre as suas fauces. Só Týr tivo valor para facelo. Pero cando o lobo se viu atrapado e incapaz de rachar a Gleipnir arrancou dunha bocada a man de Týr.

Entón os Æsir colleron o extremo da cadea e asegurárona a unha gran rocha do fondo da terra chamada Þviti e cravaron unha espada ata o mango atraverso da boca de Fenrir. Así permanecerá o lobo berrando e botando escuma pola boca (ca que se forma o río Vón) ata o Ragnarök, momento no que se soltará das súas ataduras e matará a Odín, sendo a continuación matado polo fillo deste, Vidar.