Eudicotiledóneas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xián (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xián (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:
{{Taxobox
{{Taxobox
| color = lightgreen |
| color = lightgreen |
name = Eudicotiledóneas (Tricolpadas)|
name = Eudicotiledóneas |
image = Primula aka.jpg
image = Primula aka.jpg
| regnum = [[Plantae]]
| regnum = [[Plantae]]
Liña 10: Liña 10:
| classis = '''Eudicotyledoneae'''
| classis = '''Eudicotyledoneae'''
| subdivision_ranks = ordo
| subdivision_ranks = ordo
| subdivision =
| subdivision = * [[Ranunculales]]* [[Sabiales]]* [[Proteales]]* [[Trochodendrales]]* [[Buxales]]* [[Gunnerales]]* Eudicotiledóneas nucleares:** [[Berberidopsidales]]** [[Dilleniales]]** [[Caryophyllales]]** [[Santalales]]** [[Saxifragales]]** [[Vitales]]** [[Rósidas]] con unos 16 órdenes** [[Astéridas]] con unos 10 órdenes
* [[Ranunculales]]
* [[Sabiales]]
* [[Proteales]]
* [[Trochodendrales]]
* [[Buxales]]
* [[Gunnerales]]
* Eudicotiledóneas nucleares:
** [[Berberidopsidales]]
** [[Dilleniales]]
** [[Caryophyllales]]
** [[Santalales]]
** [[Saxifragales]]
** [[Vitales]]
** [[Rósidas]] cunhas 16 ordes
** [[Astéridas]] cunhas 10 ordes
}}
}}
As '''eudicotiledóneas''' (''Eudicotyledoneae)'' son un [[monofilético|grupo monofilético]] de [[anxiospermas]], previamente denominado '''tricolpadas''' ou '''dicotiledóneas non-Magnoliidae''' <ref>Else Marie Friis, Peter R. Crane e Kaj Raunsgaard Pedersen ''Early Flowers and Angiosperm Evolution''. Cambridge University Press (2011), p. 275</ref>. O clado foi recoñecido por vez primeira na análise filoxenética baseada na morfoloxía dos botánicos evolucionistas Michael J. Donoghue e James A. Doyle (1989), que utilizaron o nome de tricolpada. En 1991 James A. Doyle e o paleobótanico Carol L. Hotton empregaron por primeira vez o termo ''eudicots'' para significar que este gran grupo das dicotiledóneas (''dicots'' en inglés) formaba un verdadeiro (''eu-'') clado. Posterior información molecular redundou no seu recoñecemento pola comunidade científica e en 2007 Donoghue, Doyle e Phillip D. Cantino propuxeron o nome científico ''Eudicotyledoneae'' <ref>[http://depts.washington.edu/phylo/OlmsteadPubs/Cantino_et_al_2007.pdf Phillip D. Cantino et al. "Towards a phylogenetic nomenclature of Tracheophy'". ''Taxon'' 56 (3). Agosto de 2007, p. 822-846]</ref>. Actualmente, os seus subclados principais son ben recoñecidos e contan con categorías de ordes e familias.

Revisión como estaba o 16 de maio de 2012 ás 14:46

As eudicotiledóneas (Eudicotyledoneae) son un grupo monofilético de anxiospermas, previamente denominado tricolpadas ou dicotiledóneas non-Magnoliidae [1]. O clado foi recoñecido por vez primeira na análise filoxenética baseada na morfoloxía dos botánicos evolucionistas Michael J. Donoghue e James A. Doyle (1989), que utilizaron o nome de tricolpada. En 1991 James A. Doyle e o paleobótanico Carol L. Hotton empregaron por primeira vez o termo eudicots para significar que este gran grupo das dicotiledóneas (dicots en inglés) formaba un verdadeiro (eu-) clado. Posterior información molecular redundou no seu recoñecemento pola comunidade científica e en 2007 Donoghue, Doyle e Phillip D. Cantino propuxeron o nome científico Eudicotyledoneae [2]. Actualmente, os seus subclados principais son ben recoñecidos e contan con categorías de ordes e familias. O Angiosperm Phylogeny Group (APG) identificou este clado co nome de eudicots, nas presentacións do sistema APG de 1998, o sistema APG II de 2003 e no APG III de 2009.

Concepto

As eudicotiledóneas é o clado máis grande das anxiospermas, co 75% de todas as súas especies [3], contendo unha enorme variabilidade nas características morfolóxicas, anatómicas e bioquímicas.

Nomenclatura e circunscripción

As eudicotiledóneas conforman un clado, que separou á meirande parte das plantas antigamente consideradas dentro das dicotiledóneas (grupo parafilético) para formaren un grupo monofilético. O termo procede do grego e significa "dicotiledóneas verdadeiras" por ter as características de dicotiledóneas típicas. Algúns autores denominan ao resto das antigas dicotiledóneas como paleodicots[4] pero nin este termo nin a forma Paleodicotyledoneae son comúns , en especial porque se refieren a un grupo parafilético. O nome tricolpadas que tamén recibiu fai referencia á estrutura do pole.

Características do clado

Considérase monofilético na base do pole tricolpado así como tamén debido as secuencias de ADN rbcL, atpB, e ADNr 18S [5]). O clado caracterízase por seren as súas flores cíclicas, dispostas en verticilos, cos membros dos verticilos individuais alternados e a presenza diferenciada das partes internas e externas do periantio. Os filamentos do estame son normalmente delgados, compartindo anteras ben diferenciadas, e a maioría dos membros teñen plastos tipo-S nos seus elementos cribados. Unha sinapomorfía do clado é presentar grans de pole triaperturado de tipo colpo, isto é pole tricolpado e os seus derivados.

Orixe

O fósil máis antigo das eudicotiledóneas, Leefructus mirus, ten unha antigüidade de entre 122.6 e 125.8 millóns de anos e pola análise do fósil do pole o rexistro das eudicotiledóneas máis antigas pode remontarse a uns 127 millóns de anos [6] no barremiano final e comezo do aptiano.

Notas

  1. Else Marie Friis, Peter R. Crane e Kaj Raunsgaard Pedersen Early Flowers and Angiosperm Evolution. Cambridge University Press (2011), p. 275
  2. Phillip D. Cantino et al. "Towards a phylogenetic nomenclature of Tracheophy'". Taxon 56 (3). Agosto de 2007, p. 822-846
  3. Douglas E. Soltis Phylogeny and Evolution of Angiosperms. Sinauer (2005)
  4. Martin J. Hodson e John A. Bryant Functional Biology of Plants John Wiley & sons (2012), p. 10
  5. Savolainen et al. "Phylogenetics of flowering plants based upon a combined analysis of plastid atpB and rbcL gene sequences". Systematic Biology (2000) 49: 306-362
  6. Ge Sun, David L. Dilcher, Hongshan Wang e Zhiduan Chen "A eudicot from the Early Cretaceous of China" Nature 471, 625–628 (31 de marzo de 2011)

Véase también

Referencias

  • Doyle, J. A. & Hotton, C. L. "Diversification of early angiosperm pollen in a cladistic context." Pp. 169-195 en Pollen and Spores. Patterns of Diversification (eds Blackmore, S. & Barnes, S. H.) (Clarendon, Oxford, 1991).
  • Walter S. Judd and Richard G. Olmstead. "A survey of tricolpate (eudicot) phylogenetic relationships". American Journal of Botany.  Parámetro descoñecido |volumen= ignorado (suxírese |volume=) (Axuda); Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda); Parámetro descoñecido |páginas= ignorado (suxírese |páxinas=) (Axuda) (full text )
  • Eudicots en Stevens, P. F. (2001 en adelante). Angiosperm Phylogeny Website. Versión 7, mayo de 2006.
  • Qiu et al. 1999. "The earliest angiosperms: evidence from mitochondrial, plastid and nuclear genomes". Nature 402, 404-407
  • Judd, W. S. Campbell, C. S. Kellogg, E. A. Stevens, P.F. Donoghue, M. J. 2002. Plant systematics: a phylogenetic approach, Second Edition. Sinauer Axxoc, USA.

Enlaces externos