Receptor de células B: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 16: Liña 16:
* Despois o [[PIP2]] (fosfatidilinositol bisfosfato) escíndese en [[IP3]] (inositol trifosfato) e DAG ([[diacilglicerol]]). O IP3 actúa como un [[segundo mensaxeiro]] e fai incrementar moi substancialmente a cantidade de ións [[calcio]] no [[citosol]] (que son liberados do [[retículo endoplasmático]] ou entran desde o medio extracelular por [[canal iónico|canais iónicos]]). Isto orixina finalmente a activación de [[PKCβ]] polo calcio e o DAG.

* O PKCβ [[fosforilación|fosforila]] (directa ou indirectamente) ao complexo proteico de sinalización de [[NF-κB]] chamado [[CARMA1]] (o complexo consta de CARMA1, [[Bcl10]], e [[MALT1]]). Isto ten como resultado o recrutamento de [[IκB quinase]] (IKK), [[TAK1]] por varios encimas que realizan ubiquitilacións tamén asociados co complexo CARMA1/Bcl10/MALT. O MALT1 é unha proteína similar a unha [[caspase]] que corta a A20, unha proteína inhibitoria da sinalización por NF-κB (a cal actúa desubiquitilando os substratos de ubiquitilacion de NF-κB, e ten un efecto inhibitorio). O TAK1 fosforila o trímero IKK despois de que este tamén foi recrutado no complexo de sinalización polos seus encimas de ubiquitilación asociados.

* O IKK despois fosforila a [[IkB]] (que se une e inhibe a NF-κB), o cal induce a súa destrución ao marcalo para a degradación [[proteólise|proteolítica]], liberando [[NF-κB]] citosólico.
* O IKK despois fosforila a [[IκB]] (que se une e inhibe a NF-κB), o cal induce a destrución de IκB ao marcalo para a degradación [[proteólise|proteolítica]], liberando [[NF-κB]] citosólico.
* O NF-κB migra agora ao [[núcleo celular]] onde se une a elementos de resposta específicos do ADN, causando o recrutamento de moléculas de transcrición e comezando o proceso de [[transcrición (xenética)|transcrición]]. <ref>{{cite journal|last=Kurosaki|first=Tomohiro|coauthors=Hisaaki Shinohara, Yoshihiro Baba|title=B Cell Signaling and Fate Decision|journal=Annual Review of Immunology|year=2008|volume=28|issue=1|url=http://www.annualreviews.org/doi/full/10.1146/annurev.immunol.021908.132541?url_ver=Z39.88-2003&rfr_id=ori:rid:crossref.org&rfr_dat=cr_pub%3dpubmed|doi=10.1146/annurev.immunol.021908.132541}}</ref>

Revisión como estaba o 13 de maio de 2012 ás 15:27

O receptor de células B (BCR) é unha proteína receptora transmembrana situada na superficie dos linfocitos B (células inmunitarias produtoras de anticorpos). O linfocito B contacta co antíxeno estraño por medio do seu receptor, o que é necesario para a súa activación. O residuo do receptor que se une ao antíxeno é un anticorpo integrado na membrana, que expón ao exterior as súas rexións Fab, e que, como todos os anticorpos, ten un sitio de unión específico para un certo antíxeno, determinado aleatoriamente durante a maduración dos clons de linfocitos B (cada clon de células B ten unha especificidade distinta). Cando un linfocito B se une por primeira vez ao seu antíxeno específico, é activado, empeza a proliferar e a diferenciarse, xerando unha poboación de células plasmáticas B de grandes retículos endoplasmáticos rugosos produtoras e secretoras de anticorpos, e células B con memoria, que non actuarán ata que se produza unha resposta secundaria durante a segunda exposición a ese mesmo antíxeno.

O receptor da célula B ou BCR exerce dúas funcións esenciais na súa interacción cos antíxenos. Unha función é a transdución de sinais, que implican cambios na oligomerización do receptor. A segunda función é mediar na internalización e posterior procesamento do antíxeno, péptidos do cal serán despois presentados na superficie celular ás células T colaboradoras ou TH. As funcións do BCR son necesarias para unha produción normal de anticorpos, e os defectos na transdución de sinais desde o BCR poden orixinar inmunodeficiencia, [1], autoinmunidade [2], e tumores de células B [3].

Compoñentes do receptor de células B

O receptor de células B está composto por dúas partes [4]:

  1. Residuo de unión ao ligando: É unha molécula de inmunoglobulina (anticorpo) ligada á membrana dun só isotipo (IgD, IgM, IgA ou IgE). É idéntica ás formas segregadas libres deses anticorpos coa excepción de que ten un dominio especial para integrarse na membrana.
  2. Residuo para a transdución de sinais: É un heterodímero chamado CD79 (ou tamén CD79A/CD79B, antes denominado Ig-α/Ig-β), que se mantén unido por pontes disulfuro. Cada membro deste dímero esténdese por todo o grosor da membrana e ten unha cola citoplasmátiica que leva un motivo de activación baseado na tirosina inmunorreceptor (ITAM).

Vías de sinalización do receptor de células B

Hai varias vías de sinalización por medio das que o BCR pode transducir sinais. As que se coñecen poden transducir sinais intracelularmente a través da vía PLCy/calcio/NFAT, a vía PI3K, a vía IKK/NF-κB, e a vía ERK canónica. [5]

No caso da vía do factor de transcrición IKK/NF-κB o funcionamento é o seguinte:

  • O CD79 e outras proteínas, microsignalosomas, activan a PLCɣ despois de que o antíxeno foi recoñecido polo BCR e antes de que se asocie co c-SMAC (clúster de activación supramolecular central).
  • Despois o PIP2 (fosfatidilinositol bisfosfato) escíndese en IP3 (inositol trifosfato) e DAG (diacilglicerol). O IP3 actúa como un segundo mensaxeiro e fai incrementar moi substancialmente a cantidade de ións calcio no citosol (que son liberados do retículo endoplasmático ou entran desde o medio extracelular por canais iónicos). Isto orixina finalmente a activación de PKCβ polo calcio e o DAG.
  • O PKCβ fosforila (directa ou indirectamente) ao complexo proteico de sinalización de NF-κB chamado CARMA1 (o complexo consta de CARMA1, Bcl10, e MALT1). Isto ten como resultado o recrutamento de IκB quinase (IKK), TAK1 por varios encimas que realizan ubiquitilacións tamén asociados co complexo CARMA1/Bcl10/MALT. O MALT1 é unha proteína similar a unha caspase que corta a A20, unha proteína inhibitoria da sinalización por NF-κB (a cal actúa desubiquitilando os substratos de ubiquitilacion de NF-κB, e ten un efecto inhibitorio). O TAK1 fosforila o trímero IKK despois de que este tamén foi recrutado no complexo de sinalización polos seus encimas de ubiquitilación asociados.
  • O IKK despois fosforila a IκB (que se une e inhibe a NF-κB), o cal induce a destrución de IκB ao marcalo para a degradación proteolítica, liberando NF-κB citosólico.
  • O NF-κB migra agora ao núcleo celular onde se une a elementos de resposta específicos do ADN, causando o recrutamento de moléculas de transcrición e comezando o proceso de transcrición. [6]

Notas

  1. Conley, Mary Ellen; A. Kerry Dobbs, Dana M. Farmer, Sebnem Kilic, Kenneth Paris, Sofia Grigoriadou, Elaine Coustan-Smith, Vanessa Howard, and Dario Campana (2009). 10.1146/annurev.immunol.021908.132649?url "Primary B cell immunodeficiencies: comparisons and contrasts" |url= incorrecto (Axuda). Annual Review of Immunology 27.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coauthors= (Axuda)
  2. Goodnow, Christopher (2007). "Multistep pathogenesis of autoimmune disease". Cell 130 (1). 
  3. Corcos, D; MJ Osborn, LS Matheson (2011). "B-cell receptors and heavy chain diseases: guilty by association?". Blood 117 (26).  A referencia usa o parámetro obsoleto |coauthors= (Axuda)
  4. Kindt, Thomas J.; Goldsby, Richard A.; Osborne, Barbara A.; Kuby, Janis (2007). W.H. Freeman - New York, ed. Kuby immunology. ISBN 1-4292-0211-4. 
  5. Kurosaki, Tomohiro; Hisaaki Shinohara, Yoshihiro Baba (2008). "B Cell Signaling and Fate Decision". Annual Review of Immunology 28 (1). doi:10.1146/annurev.immunol.021908.132541.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coauthors= (Axuda)
  6. Kurosaki, Tomohiro; Hisaaki Shinohara, Yoshihiro Baba (2008). "B Cell Signaling and Fate Decision". Annual Review of Immunology 28 (1). doi:10.1146/annurev.immunol.021908.132541.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coauthors= (Axuda)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • MeshName - B-Cell+Antigen+Receptors [1]