Dinastía carolinxia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Carolinxios}}

Coñécese como '''Dinastía Carolinxia''' ou '''Carolinxios''' (chamados así por [[Carlos Martel]]) á liñaxe de [[rei]]s [[francos]] que gobernaron [[Europa Occidental]] entre os [[século VIII|séculos VIII]] e [[século X|X]].
Coñécese como '''Dinastía Carolinxia''' ou '''Carolinxios''' (chamados así por [[Carlos Martel]]) á liñaxe de [[rei]]s [[francos]] que gobernaron [[Europa Occidental]] entre os [[século VIII|séculos VIII]] e [[século X|X]].



Revisión como estaba o 4 de novembro de 2006 ás 01:51

Modelo:Carolinxios

Coñécese como Dinastía Carolinxia ou Carolinxios (chamados así por Carlos Martel) á liñaxe de reis francos que gobernaron Europa Occidental entre os séculos VIII e X.

Arnulfo de Metz da familia dos arnulfinos e Pipino o Vello da dos pipínidas uníronse e formaron unha verdadeira dinastía a través dos matrimonios dos seus fillos. Os carolinxios xa ostentaban o poder desde 639 aínda que non como reis (que durante máis dun século seguirían sendo os merovinxios), senón como mordomo de palacio.

O mordomo de palacio Pipino o Breve (descendente de Carlos Martel e de Pipino o Vello), que tras destronar ao merovinxio Khilderico III, rei dos francos e con apoio do Papa fixo oficial o seu poder de facto. Pipino foi sucedido no trono franco por Carlos (Carlomagno) e Carlomán. O primeiro, anos máis tarde, expandiría o seu poder por toda Europa Occidental e sería coroado no Nadal do ano 800 en Roma emperador de Occidente.

O Imperio Carolinxio, como é chamado polos historiadores o vasto territorio que uniu Carlomagno baixo o seu reinado, disgregouse poucas décadas despois, trala morte do fillo de Carlomagno, Luís I o Piadoso ou Ludovico Pío, cando os tres fillos deste (Carlos, Lotario e Luís) se repartiron o imperio mediante o Tratado de Verdún (843). O poder da dinastía entón foi diminuíndo. Na póla xermánica, a do Sacro Imperio Romano Xermánico, os carolinxios mantiveron o poder ata o século X. En Francia, os herdeiros do fillo de Luís I o Piadoso, Carlos II o Calvo, gobernaron ata 987, cando foron substituídos pola Dinastía dos Capetos.

Durante anos, a Dinastía Carolinxia desenvolveu unha arte propia de gran influencia en Europa, pois o Imperio Carolinxio foi centro da política europea durante décadas (véxase Arte carolinxia). A cultura carolinxia tamén gozou de gran prestixio, e os historiadores falan dun verdadeiro "renacemento carolinxio", baseado na difusión cultural e no ensino nas escolas da época. O estilo arquitectónico da época, que era unha forma da arte prerrománica, tamén se denomina "estilo carolinxio".

Os sucesores de Carlomagno non souberon combinar os elementos políticos, e a costume xermánica de dividiren o territorio entre todos os fillos do soberano, acabaron por desmembrar a obra de Carlomagno. Cando a liña oriental acaba coa morte en 911 de Luís o neno toman o trono os otóns. En Franconia Occidental manteñen o poder os carolinxios ata o 987, cando son desprazados pola dinastía dos Capetos.

Gobernantes

Mordomos de Palacio carolinxios

Reis carolinxios

Emperadores carolinxios

Reis de Francia Orientalis

Reis de Italia

Reis de Lotarinxia

Reis de Francia Occidentalis

Reis de Aquitania

Reis de Borgoña

Outros soberanos