Patrón costeiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "O '''patrón costeiro''' ou de costa é o profesional náutico-pesqueiro encargado do mando en buques pesqueiros de ata 24 metros de eslora de puntal a puntal e 400 ..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de maio de 2012 ás 12:07

O patrón costeiro ou de costa é o profesional náutico-pesqueiro encargado do mando en buques pesqueiros de ata 24 metros de eslora de puntal a puntal e 400 kW de potencia efectiva da máquina.

Para acceder a un posto de patrón de costa é preciso superar unha formación de Patrón Costero Polivalente, cunha duración mínima de 600 horas, de máquinas e de ponte.

Atribucións

O patrón costeiro ten legalmete recoñecidas as seguintes atribucións:

- O Mando en buques pesqueiros de ata 24 metros de eslora pp e 400 kW de potencia efectiva da máquina, adicado á pesca costeira, de litoral ou auxiliar de acuicultura e a unha distancia de ata 60 millas da costa[1] [2]

- A xefatura de máquinas en buques pesqueiros con potencia propulsora non superior a 400 kW.

- O enrolamento coma oficial encargado da garda de navegación en buques adicados á pesca litoral.

- O enrolamento coma oficial encargado da garda de máquinas en barcos adicados á pesca de litoral.

Referencias