Werner Heisenberg: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Mudando "File" e "Image" por "Ficheiro"
m +táboa de contidos
Liña 1: Liña 1:
{{Científico
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild183-R57262, Werner Heisenberg.jpg|thumb|220px|{{PAGENAME}}]]
|nome = Werner Karl Heisenberg
|imaxe = Bundesarchiv Bild183-R57262, Werner Heisenberg.jpg
|ancho_imaxe = 220px
|texto_imaxe =
|nacemento = [[5 de decembro]] de [[1901]]
|lugar_nacemento = [[Würzburg]], [[Alemaña]]
|morte = [[1 de febreiro]] de [[1976]]
|lugar_morte =[[Múnic]], [[Alemaña]]
|campo = <li>[[Física]]
|alma_mater =
|director_tese =
|alumnos_tese =
|coñecido =
|influíu =
|influído =
|premios = [[Premio Nobel de Física]] o [[1932]]
|relixión =
|notas =
}}
'''Werner Karl Heisenberg''' ([[Würzburg]], [[Alemaña]], [[5 de decembro]] de [[1901]] - [[Múnic]], [[1 de febreiro]] de [[1976]]). Físico [[Alemaña|alemán]].
'''Werner Karl Heisenberg''' ([[Würzburg]], [[Alemaña]], [[5 de decembro]] de [[1901]] - [[Múnic]], [[1 de febreiro]] de [[1976]]). Físico [[Alemaña|alemán]].



Revisión como estaba o 6 de maio de 2012 ás 22:39

Werner Karl Heisenberg
Datos persoais
Nacemento5 de decembro de 1901
LugarWürzburg, Alemaña
Falecemento1 de febreiro de 1976
LugarMúnic, Alemaña
Causacarcinoma de células renais e cancro da vesícula biliar
SoterradoWaldfriedhof de Munique
NacionalidadeImperio Alemán, República de Weimar, Alemaña nazi e Alemaña do Oeste
CónxuxeElisabeth Heisenberg
FillosJochen Heisenberg, Martin Heisenberg, (Anna) Maria Heisenberg, Wolfgang Heisenberg, Christine Mann, Barbara Heisenberg e Verena Heisenberg
Actividade
Campo
  • Física
  • Alma máterUniversidade de Múnic e Maximiliansgymnasium München
    Director de teseArnold Sommerfeld
    Contribucións e premios
    Coñecido porPrincipio de indeterminación de Heisenberg, Kramers–Heisenberg formula, grupo de Heisenberg e isospin
    PremiosPremio Nobel de Física o 1932
    editar datos en Wikidata ]

    Werner Karl Heisenberg (Würzburg, Alemaña, 5 de decembro de 1901 - Múnic, 1 de febreiro de 1976). Físico alemán.

    Inclinado desde mozo polas matemáticas, e en menor medida pola física, intenta en 1920 empezar un doutoramento en matemática pura, pero Ferdinand von Lindemann rexéitao como alumno porque está próximo a xubilarse. Recoméndalle facer os seus estudos de doutoramento co físico Arnold Sommerfeld como supervisor, quen o acepta de bo grado. Ten como compañeiro de estudos a Wolfgang Pauli.

    Durante o seu primeiro ano toma esencialmente cursos de matemática coa idea de pasarse a traballar en teoría de números apenas teña a oportunidade, pero da pouco empeza a interesarse pola física teórica. Comeza a traballar na Teoría da Relatividade de Einstein pero Pauli aconséllalle que se dedique á Teoría Atómica na que aínda había gran discrepancia entre teoría e experimento.

    Obtén o seu doutorado no 1923 e deseguido viaxa a Gotinga, onde traballa como asistente de Max Born. En 1924 viaxa a Copenhaguen e coñece a Niels Bohr. En 1925, Heisenberg discorre a formulación matricial da mecánica cuántica. O que subxace na súa aproximación ó tema é un grande pragmatismo. No canto de concentrarse na evolución dos sistemas físicos de principio a fin, concentra os seus esforzos en obter información sabendo o estado inicial e final do sistema, sen preocuparse demasiado por coñecer de xeito preciso o ocorrido no medio. Concibe a idea de agrupar a información en forma de cadros de dobre entrada. Foi Max Born quen se deu conta de que esa forma de traballar xa fora estudada polos matemáticos e non era outra cousa que a teoría de matrices. Un dos resultados máis rechamantes é que a multiplicación de matrices non é conmutativa, polo que toda asociación de cantidades físicas con matrices terá que reflectir este feito matemático. Isto leva a Heisenberg a enunciar o Principio de indeterminación. A teoría cuántica ten un éxito enorme e logra explicar practicamente todo o mundo microscópico. En 1932, pouco antes de cumprir os 31 anos, recibe o premio Nobel de Física por «A creación da mecánica cuántica, cuxo uso conduciu, entre outras cousas, ó descubrimento das formas alotrópicas do hidróxeno».

    En 1935 intenta substituír a Sommerfeld que se xubila como profesor en Múnic, pero os nazis queren eliminar toda teoría física «xudeizante», e nesa categoría entran a mecánica cuántica e a relatividade, cuxos referentes, Max Born e Albert Einstein son xudeus, de maneira que se impide o seu nomeamento.

    Malia isto, en 1938, Heisenberg acepta dirixir o intento nazi por obter un arma atómica. Durante moitos anos subsistiu a dúbida de se este proxecto fracasou por impericia de parte dos seus integrantes ou porque Heisenberg e os seus colaboradores déronse conta do que Hitler podería facer cunha bomba atómica. Só moitos anos despois, en 1995, sóubose que os cálculos alemáns estaban equivocados e que sempre tiveron a intención de construír a bomba.

    Ligazóns externas




    Modelo:Premios Nobel de Física