Reino de Sevilla: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Liña 11: Liña 11:


[[ca:Regne de Sevilla]]
[[ca:Regne de Sevilla]]
[[de:Königreich Sevilla (Krone Kastilien)]]
[[en:Kingdom of Seville]]
[[en:Kingdom of Seville]]
[[es:Reino de Sevilla (Corona de Castilla)]]
[[es:Reino de Sevilla (Corona de Castilla)]]

Revisión como estaba o 6 de maio de 2012 ás 08:28

O reino de Sevilla foi unha xurisdición territorial da Coroa de Castela desde a súa incorporación no século XIII até a División territorial de España en 1833. Foi un dos catro reinos de Andalucía. Estendíase aproximadamente polo territorio das actuais provincias de Huelva, Sevilla e Cádiz e a depresión de Antequera, englobando ademais algúns municipios na actual provincia estremeña de Badaxoz. As localidades que o compuñan segundo o Catastro de Ensenada poden verse na lista de localidades do Reino de Sevilla.

Desde o punto de vista xurisdiccional o territorio do reino de Xaén era tanto realengo como señorial, existindo nel señoríos tanto laicos como eclesiásticos. Entre os primeiros atopábanse os territorios da Casa de Medina-Sidonia, a Casa de Arcos, a Casa de Alcalá, a Casa de Osuna, a Casa de Olivares, a Casa de Sanlúcar la Mayor, do Marquesado de Estepa, do Marquesado de Gibraleón e do Marquesado de Ayamonte, ademais doutros moitos de menor importancia. Entre os segundos había propiedades do Arcebispado de Sevilla, a Orde de San Xoán e o Mosteiro de San Isidoro del Campo.

No século XVIII en territorios do reino de Sevilla fundáronse algunhas das Novas Poboacións de Andalucía e Serra Morena.

O Real Decreto de 30 de novembro de 1833 creou a Provincia de Sevilla, que se formou unindo localidades do reino homónimo, excepto as que pasaron a formar parte da Provincia de Cádiz e da Provincia de Huelva. Así mesmo, a nova provincia de Sevilla incorporou Guadalcanal, que até entón pertencía a Estremadura, e perdío as poboacións do Bodonal, Fregenal de la Sierra e Higuera la Real, que pasaron a formar parte da provincia de Badaxoz, en Estremadura. Actualmente a provincia está composta polos municipios que poden verse na lista de concellos da provincia de Sevilla:.