Concelleiro, concelleira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: es:Concejal
Liña 20: Liña 20:
[[de:Ratsherr]]
[[de:Ratsherr]]
[[en:Councillor]]
[[en:Councillor]]
[[es:Concejal]]
[[eu:Zinegotzi]]
[[eu:Zinegotzi]]
[[fr:Conseil municipal]]
[[fr:Conseil municipal]]

Revisión como estaba o 5 de maio de 2012 ás 21:52

O concelleiro ou concelleira é cada unha das persoas membros do pleno dun concello, elixida democraticamente cada catro anos nas eleccións municipais, dentro das listas electorais de cada partido ou coalición política que se presenta ás eleccións.

Os concelleiros poden formar parte do grupo de goberno municipal ou poden formar parte do grupo ou grupos da oposición.

Os concelleiros que forman parte do grupo de goberno poden ter unha ou máis materias dedicadas (facenda, seguridade cidadá, deporte, turismo ...) segundo a concellaría que se lles atribúa.

O cargo de concelleiro pode ser remunerado, o que acostuma ocorrer nos municipios grandes. Os concelleiros do grupo de goberno poden formar parte da comisión de goberno do municipio.

O número de concelleiros de cada municipio varía segundo a súa poboación de dereito, é dicir, a censada no padrón municipal.

O seu estatuto e a súa función están regulados por disposicións de dereito político e dereito administrativo