Escáner: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: it:Scanner per immagini
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: tt:Сканер
Liña 131: Liña 131:
[[tl:Iskaner]]
[[tl:Iskaner]]
[[tr:Tarayıcı]]
[[tr:Tarayıcı]]
[[tt:Сканер]]
[[uk:Сканер]]
[[uk:Сканер]]
[[ur:مفراس]]
[[ur:مفراس]]

Revisión como estaba o 5 de maio de 2012 ás 15:20

Un escáner de man
Un par de escáneres planos

Un escáner é un dispositivo empregado nun sistema informático para a dixitalización de imaxes mediante un sistema óptico. Pódense clasificar segundo como moven o equipo óptico (planos, de rolo ou de man) ou segundo o tipo de óptica (CCD ou CIS).

Os escáneres planos poden ter ou ser ampliados con algúns accesorios, coma un adaptador de diapositivas ou un alimentador de follas automático.

Unha vez dixitalizada a imaxe, pódese retocar con programas de retoque fotográfico, ben para corrixir posibles defectos, ben para manipulala a gusto do operario. Tamén é posible dixitalizar un texto escaneado mediante o emprego de sistemas OCR.

Na actualidade existen dispositivos híbridos coñecidos como dispositivos multifunción, que intengran nun só o dispositivo de escaneado e o dispositivo de impresión.

Funcionamento

Os escáneres funcionan utilizando o principio básico da transferencia da luz. A imaxe a dixitalizar colócase na superficie de cristal do escáner, enfrontada ao bloque lector e ao cabezal lector composto polo CCD, o sistema de iluminación e un conxunto de lentes desprázanse explorando a imaxe.

A luz reflectida convértese en enerxía eléctrica polos sensores. Canto máis lento vaia o lector, máis ondas lumínicas pode recibir, polo que a resolución do documento escaneado será maior.

Existen no mercado diferentes tipos de escáneres, cada un dos cales utiliza unha forma particular de rastrexo, unha tecnoloxía máis ou menos avanzada e, consecuentemente, unha calidade (e un prezo) maior ou menor.

Tipos de escáneres

Escáner plano

Tamén chamados escáneres de sobremesa, están formados por unha superficie plana de vidro sobre a que se sitúa o documento a escanear, xeralmente opaco, baixo a cal un brazo desprázase ao longo da área de captura. Montados neste brazo móbil atópanse a fonte de luz e o fotosensor (polo xeral un CCD).

Conforme vai desprazándose o brazo, a fonte de luz baña a cara interna do documento, recollendo o sensor os raios reflectidos, que son enviados ao software de conversión analóxico/dixital para a súa transformación nunha imaxe de mapa de bits, creada mediante a información de cor recollida para cada píxel.

A maioría destes escáneres poden traballar en escala de grises (256 tons de gris) e a cor (24 e 32 bits) e polo xeral teñen un área de lectura de dimensións 22 x 28 cm e unha resolución real de escaneado de entre 300 e 400 ppp, aínda que mediante interpolación poden conseguir resolucións de ata 1600 ppp.

Están indicados para dixitalizar obxectos opacos planos (como fotografías, documentos ou ilustracións) cando non se precisa nin unha alta resolución nin unha gran calidade.

Algúns modelos admiten tamén adaptadores especiais para escanear transparencias, e outros posúen manipuladores de documento automáticos (Automatic Document Handler) que poden aumentar o rendemento e reducir a fatiga do operario no caso de grupos de documentos uniformes que se atopan en condicións razoablemente boas.

Os escáneres planos son os máis alcanzables e usados, pois son veloces, fáciles de manexar, producen imaxes dixitalizadas de calidade aceptable (sobre todo se están destinadas á web) e son bastante baratos, podéndose adquirir un de calidade media por menos de 120 €.

A maior desvantaxe destes escáneres é a limitación respecto ao tamaño do documento a escanear, que queda limitado ó formato DIN A4.

Escáner orbital

Os escáneres orbitais (en inglés planetary scanner ou orbital scanner) adoitan usarse para facer copias dixitais de libros ou documentos que, por ser vellos ou extremadamente valiosos, non se queren deteriorar escaneándoos noutro tipo de escáner.

Estes escáneres consisten nunha cámara montada nun brazo que toma fotos do elemento desexado. A súa vantaxe principal é que os libros non teñen que ser abertos completamente (como pasa na maioría dos escáneres planos). O escaneo de volumes encadernados realízase grazas a que a fonte de luz e o sensor CCD atópanse ensamblados a un brazo de traxectoria aérea.

Nos seus inicios o prezo destes escáneres era elevado e só se utilizaban en museos e arquivos, pero na actualidade a dispoñibilidade de cámaras dixitais boas e baratas fixeron que estes escáneres non resulten tan privativos.

Escáner de tambor

Os escáneres de tambor son os que máis fielmente reproducen o documento orixinal, xa que producen dixitalizacións de gran resolución (ata 4.000 ppp en modo óptico) e calidade. Os seus problemas son a velocidade de escaneo (son lentos), non son indicados para documentos de papel quebradizo porque se realiza unha manipulación brusca do mesmo, e requiren un alto nivel de habilidade por parte do operador. Ademais, son bastante caros.

Utilizan unha tecnoloxía diferente á do CCD. Os orixinais, normalmente transparencias (aínda que se poden escanear opacos tamén), colócanse nun cilindro transparente de cristal de gran pureza, que á súa vez se monta no escáner. O tambor vira entón a gran velocidade mentres se fai a lectura de cada punto da imaxe. A fonte de luz adoita ser un láser que se atopa dentro do tambor, e o sensor un Tubo Foto Multiplicador (PMT) situado na parte exterior do tambor.

Producen dixitalizacións de alta resolución e boa gama dinámica entre baixas e altas luces, con imaxes en cores primarias, que poden ser convertidas en CMYK mentres o lector percorre a imaxe.

Son moi caros, oscilando o seu prezo, segundo modelos, entre 15.000 e 200.000 €, polo que adoitan ser usados exclusivamente por empresas especializadas do sector das artes gráficas, como laboratorios, imprentas ou editoriais.

Escáner para microfilm

Os escáneres para microfilm son dispositivos especializados en dixitalizar películas en rolo, microfichas e cartóns de apertura.

Pode ser difícil obter unha calidade boa e consistente nun escáner deste tipo, debido principalmente a que adoitan ter un funcionamento complexo, a calidade e condición da película pode variar e ofrecen unha capacidade de mellora mínima. Son escáneres moi caros, existindo poucas empresas que os fabriquen.

Escáner para transparencias

Os escáneres para transparencias utilízanse para dixitalizar diapositivas, negativos fotográficos e documentos que non son adecuados para o escaneado directo. Poden traballar con varios formatos de película transparente, xa sexa negativa, positiva, cor ou branco e negro, de tamaño desde 35 mm ata placas de 9 x 12 cm.

Existen dúas modalidades deste tipo de escáneres:

  • Escáneres de 35 mm. Só escanean negativos e transparencias, pero o fan a resolucións moi altas.
  • Escáneres multiformato. Adoitan capturar transparencias e negativos ata formato medio ou ata formato de placas 4x5 pulgadas ou ata 5x7 pulgadas. Teñen unha resolución moi alta e un rango dinámico en ocasións sorprendente, pero frecuentemente non permiten escanear opacos. O uso de medios transparentes polo xeral produce imaxes cun bo rango dinámico, pero, dependendo do tamaño do orixinal, a resolución pode ser insuficiente para algunhas necesidades.

A calidade obtida é maior que a que ofrecen os escáneres planos, aínda que hai que ter coidado coa presenza de motas de po ou rascaduras nas transparencias, que poden ocasionar a aparición de impurezas na imaxe dixitalizada resultante.

Calidade do escáner

Aos datos que obteñen os escáneres (normalmente imaxes RGB), aplícaselles certo algoritmo e envíanse ao computador mediante un interfaz de entrada/saída (normalmente SCSI, USB ou LPT en máquinas anteriores ao estándar USB). A profundidade da cor depende das características do vector de escaneado (a primeira das características básicas que definen a calidade do escáner), sendo o normal usar polo menos 24 bits. Con 48 bits obtense unha mellor calidade ou profundidade da cor.

Outro dos parámetros máis relevantes da calidade dun escáner é a resolución, medida en píxeles por polgada (ppp). Os fabricantes de escáneres no canto de referirse á resolución óptica real do escáner, prefiren facer referencia á resolución interpolada, que é moito maior grazas á interpolación software.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas