Osa Maior: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: kk:Жетіқарақшы
m r2.7.1) (Bot: Modifico: ru:Большая Медведица
Liña 183: Liña 183:
[[pt:Ursa Major]]
[[pt:Ursa Major]]
[[ro:Ursa Mare]]
[[ro:Ursa Mare]]
[[ru:Большая Медведица (созвездие)]]
[[ru:Большая Медведица]]
[[sah:Улахан Араҥас (сулустар бөлөхтөрө)]]
[[sah:Улахан Араҥас (сулустар бөлөхтөрө)]]
[[sco:Peter's pleuch]]
[[sco:Peter's pleuch]]

Revisión como estaba o 3 de maio de 2012 ás 21:30

Ursa major
Ursa major
Nome latino Ursa Major
Abreviatura UMa
Xenitivo Ursae Majoris
Simboloxía A gran Osa
Ascensión recta 10.67 h
Declinación 55.38°
Área 1280 graos cadrados

Rango 3º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

6
Estrela máis brillante ε UMa (Alioth)

(magnitude ap. 1.7)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −30°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Abril

A Osa Maior ou Ursa Major (abreviado UMa), tamén coñecida como o Carro Maior ou a Hélice, é unha constelación visible durante todo o ano no hemisferio norte. Entre os afeccionados é chamada co nome de "carro" ou "cazo", pola forma que debuxan ás súas sete estrelas principais, aínda que recibiu moitos outros nomes. Este asterismo de sete estrelas é chamado en Galicia Setestrelo.

Características destacables

Figura do asterismo coñecido en Galicia como o setestrelo.

Alioth (ε UMa), situada na cola da osa, é a estrela máis brillante da constelación. As principais estrelas do "carro", excepto Dubhe (α UMa) e Benetnasch (η UMa), teñen un movemento propio común cara a un punto da constelación de Sagittarius, formando parte da chamada Asociación estelar da Osa Maior.

Mizar (ζ UMa) e Alcor (80 UMa) forman unha das estrelas dobres máis coñecidas do firmamento. A cuarta estrela máis próxima ó sistema solar, Lalande 21185, atópase nesta constelación. W Ursae Majoris é o prototipo dunha clase de estrelas variables binarias de contacto, e con magnitudes comprendidas entre 7,75 e 8,48. Finalmente, 47 Ursae Majoris é unha estrela análoga solar con dous planetas extrasolares.

β Ursae Majoris (Merak), xunto con Dubhe (as dúas estrelas máis a dereita na imaxe), sinalan a dirección da Polaris (α Ursae Minoris), a estrela polar, e polo tanto sinalan tamén o polo norte.

Estrelas principais

Obxectos Notables do espazo profundo

Con pequenos telescopios pódense ver ata 50 galaxias na Ursa Major. Como obxectos de maior interese, cabe destacar:

Como curiosidade cita-lo obxecto Messier 40, unha estrela dobre que Messier non inseriu no seu catálogo.

Mitoloxía

Ursa Major.

A constelación da Osa Maior recibiu diferentes nomes ó longo da Historia en función das imaxes que a imaxinación do ser humano viu nela. Por exemplo os árabes vían unha caravana, os indios de América do Norte un cazo ou os Romanos bois de tiro.

Outras moitas civilizacións viron na súa forma un oso [1]. A mitoloxía grega consideraba que a Osa Maior era a osa na que fora convertida Calisto por Artemisa tras ser seducida por Zeus.

Unha das poucas estrelas mencionadas na Biblia (Job 9:9; 38:32 – Orión e as Pléiades son as outras), a Osa Maior foi imaxinada tamén como un oso polos hebreos e a meirande parte dos norteamericanos. Porén, como os osos non teñen colas longas, eles consideraron a Alioth, Mizar, e Alkaid como tres cachorros que seguen a súa nai ou a tres cazadores.

Véxase tamén

Citas

  1. Gibbon, William B. "Asiatic parallels in North American star lore: Ursa Major" in the Journal of American Folklore. 77(305), 236–250, July 1964.

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas