Eduardo Barreiros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
→‎Legado: + dato
Liña 18: Liña 18:
Leva o seu nome unha rúa en [[Madrid]], ao pé dos terreos da factoría que construíu no distrito de Villaverde, unha praza en [[Ourense]] e o polígono industrial de [[San Cibrao das Viñas]].
Leva o seu nome unha rúa en [[Madrid]], ao pé dos terreos da factoría que construíu no distrito de Villaverde, unha praza en [[Ourense]] e o polígono industrial de [[San Cibrao das Viñas]].


Coa súa vida fíxose o [[documental]] ''Barreiros, motor humano'' ([[2007]]), dirixido por [[Marco Besas]] e producido por Elemental Films, [[La Región| La Región TV]] e a [[TVG]].
En 2007 [[Marco Besas]] dirixiu o [[documental]] ''Barreiros, motor humano'', producido por Elemental Films, [[La Región| La Región TV]] e a [[TVG]]. En 2011 [[Simón Casal de Miguel]] dirixiu o [[telefilme]] ''[[Eduardo Barreiros, o Henry Ford español]]''.


==Galardóns==
==Galardóns==

Revisión como estaba o 2 de maio de 2012 ás 00:22

Eduardo Barreiros, nado en Gundiás (Nogueira de Ramuín) o 24 de outubro de 1919 e falecido na Habana, o 19 de febreiro de 1992, foi un enxeñeiro e empresario galego.

Traxectoria empresarial

Modelo de camión Barreiros.

O seu pai, que fora emigrante a Gran Canaria, tiña unha empresa de coches de liña que cubría o percorrido entre Ourense, Luíntra e Os Peares. Alí comezou a traballar realizando adaptacións mecánicas, fundamentalmente nos motores. Fai a guerra no bando nacional, primeiro como soldado no terzo Abárzuza e logo como chofer de camións de feridos. Ao remate do conflito segue vencellado ao mundo do motor, e comeza a mercar autobuses, camións, e pezas, que el vai axustando á carrocería.

En 1945 vende a liña de autobuses e funda a construtora BECOSA (Barreiros Empresa Constructora, S.A.), unha empresa de obras públicas para a que desenvolve maquinaria e aplicacións de construción propia. A construtora, grazas ás melloras tecnolóxicas, axiña prospera e consegue contratos en Galicia e en Castellón.

En 1949 comezou a converter motores de gasolina en diésel, ao principio para o propio consumo nas súas empresas e despois, a partir de 1951, como liña de negocio fundamental, para o que se establece en Madrid. En 1954 fundou a empresa Barreiros Diésel cun capital de 10.000.000 de pesetas, e onde fabricou o motor EB-6 de tecnoloxía propia e posteriormente tamén camións completos. Despois pasará a desenvolver novos motores EB-4 para turismos e taxis, así como material complementario eléctrico (bombas de inxección a través da empresa CABSA, dinamos e arrinques a través de CEESA, etc.). Estaba en condicións de dedicarse de cheo á produción de automóbiles completos, e funda MOSA, cun capital de 5.000.000 para a comercialización dos vehículos e das pezas.

A partir de 1957 comeza a internacionalización do seu capital. Primeiro chega a un acordo coa empresa británica David Brown para montar unha sociedade, participada maioritariamente por el e dedicada á construción de engrenaxes. En 1960 dedícase á fabricación de tractores coa alemá Hanomag, tamén maioritariamente controlada por Barreiros, e despois expándese cara á construción de pequenos camións, motores para turismos ou máquinas de transporte de mercadorías. En 1962 asociouse coa empresa estadounidense Chrysler e fundou Barreiros Chrysler, o que supuxo a entrada en España desa marca de automóbiles e un rápido desenvolvemento das vendas dos produtos Barreiros, particularmente das series de automóbiles Simca e Dodge Dart e de camións Saeta. No momento de máximo apoxeo da empresa, en 1966, traballaban na factoría que tiña en Madrid uns 10.000 empregados (25.000 entre todas as empresas do grupo).

Tamén inicia proxectos empresariais en Guinea Ecuatorial de extracción de petróleo. Logo dun desencontro cos socios estadounidenses, vendeulles as accións á Chrysler en 1969, e deixou o mundo da mecánica. Durante os anos setenta dedícase á agricultura en La Solana (Ciudad Real), e merca e produce viño, e despois tamén á mellora xenética de gando coa importación de sementais de charolesa a través da empresa PUVASA. Despois proba tamén coa explotación mineira, extraendo estaño e pirita en Ourense. Despois dunha crise a primeiros dos oitenta, regresou ao sector automobilístico ao dedicarse á venda de motores diésel en Cuba a partir de 1981, a través dunha firma de capital mixto, ata que faleceu na capital da illa en 1992.

Legado

O seu legado xeral xestiónao a Fundación Eduardo Barreiros, da que é presidenta a súa filla Mariluz Barreiros. Boa parte dese material exponse no Museo Eduardo Barreiros, localizado en Valdemorillo (Madrid). En 1966 dooulle á súa parroquia tres tractores para uso comunal, conservados nun alpendre na aldea de Gundiás: os tractores, dous deles xa renovados, mantéñense no alpendre, xa sen uso.

Leva o seu nome unha rúa en Madrid, ao pé dos terreos da factoría que construíu no distrito de Villaverde, unha praza en Ourense e o polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

En 2007 Marco Besas dirixiu o documental Barreiros, motor humano, producido por Elemental Films, La Región TV e a TVG. En 2011 Simón Casal de Miguel dirixiu o telefilme Eduardo Barreiros, o Henry Ford español.

Galardóns

  • Gran Cruz da Orde ao Mérito Civil.
  • Medalla de ouro ao mérito no traballo.
  • Premio Internacional Dag Hammarskjöld ao mérito industrial
  • Doutor honoris causa en Ciencias Técnicas pola Universidade da Habana.
  • La Giraldilla, medalla oficial da cidade da Habana

Vida persoal

A súa filla Mariluz foi muller de Jesús Polanco.

Véxase tamén

Bibliografía

  • José Luis García Ruiz e Manuel Santos Redondo. ¡Es un motor español! Historia empresarial de Barreiros. Fundación Eduardo Barreiros / Editorial Síntesis. 2002.

Ligazóns externas