Felación: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
m r2.7.1) (Bot: Engado: fa:کیرخوری
Liña 86: Liña 86:
[[es:Felación]]
[[es:Felación]]
[[eu:Felazio]]
[[eu:Felazio]]
[[fa:کیرخوری]]
[[fr:Fellation]]
[[fr:Fellation]]
[[hi:फेलाशियो]]
[[hi:फेलाशियो]]

Revisión como estaba o 28 de abril de 2012 ás 02:37

Modelo:Sexualidade Felación (do latín fellatio) é unha práctica de sexo oral que consiste en chupar e lamber o pene coa boca, coa lingua e cos beizos.

Felaciónna posición 69

Descrición e variantes

Pintura de Édouard-Henri Avril

Como forma de masturbación é moi pouco frecuente, debido á dificultade física, polo que en xeral acostuma facela outra persoa.

Poden realizala unha ou varias persoas, do mesmo ou de distinto sexo.

Na prostitución é relativamente frecuente que a fagan dúas persoas (felación a dúo), e nas orxías e nas películas pornográficas poden chegar a 3 ou incluso máis.

Cando a boca permanece queda de maneira pasiva e é o pene o que a penetra, o acto chámase irrumación (do latín irrumatio).

Esta diferencia é máis teórica que práctica, xa que ningún dos participantes adoita permanecer completamente pasivo.

Cando os membros dunha parella realizan mutua e simultáneamente sexo oral, coñécese como 69, xa sean dúas felacións, dous cunnilingus, ou unha felación ou un cunnilingus.

Etoloxía

Na sociedade dos bonobos (tamén chamado "chimpancé pigmeo") as relacións sexuais xogan un papel preponderante, xa que se utilizan incluso coma forma de saúdo e coma forma de pago mediante favores das femias a cambio de comida; e representan un medio para a resolución de conflitos ou unha vía de reconciliación tralos mesmos. Os bonobos son os únicos primates (aparte dos humanos) que foron observados realizando tódalas actividades sexuais seguintes: sexo xenital cara a cara (principalmente femia con femia, seguido en frecuencia polo coito femia-macho e as frotacións macho-macho), bicos con lingua e sexo oral.

A actividade sexual ten lugar tanto dentro da familia inmediata coma fóra dela, e acostuma implicar tanto a adultos como a crías. Os bonobos non forman relacións estables con parellas individuais. Tampouco parecen discriminar nos seus comportamentos sexuais segundo xénero ou idade, ca posible excepción das relacións sexuais entre nais e os seus fillos adultos; algúns observadores creen que eses emparellamentos son tabú.

Historia

Antigo Exipto

No mito do deus Atum, este realiza unha autofelación e cuspe o seu seme dando lugar os deuses Shu (o aire) e Tephnut (a humidade).[1][2]

A felación era unha arte practicada por algunhas mulleres exipcias, non sempre prostitutas, coñecidas como felatrices, dándoselle a particularidade de pintarse os beizos dunha determinada cor para dar a coñecer a súa inclinación por esta práctica.

Roma

Os romanos ligaron o poder ao sexo oral, creando roles dominantes e submisos. Aínda que o cunnilingus considerábase unha práctica sucia, grazas a algunhas pintadas feitas nos baños públicos e as palabras talladas nas paredes, sábese que algúns prostitutos masculinos esperaban nas esquinas dos baños a mulleres que solicitaran os seus servizos.[3]

Practicar unha felación o un cunnilingus, xa fora home o muller o executor, convertíao en culpable. Segundo a xerarquía romana da degradación sexual, un home sospeitoso de estimular oralmente a unha muller rebaixábase máis que o que fose penetrado por outro home. Impúñaselle o estatus legal de infame, ao mesmo nivel que prostitutas, gladiadores e actores, o cal impedíalle votar e representarse a si mesmo ante un tribunal.[4]

Grecia

Na Ilíada aparece por primeira vez o termo mulleres de Lesbos, e fai referencia as mulleres que mellor practicaban a felación. A desviación do significado deste termo debeuse ao uso que lle deron os cristiáns posteriormente. Sen embargo, o vocablo que se utilizaba na antiga Grecia para referirse as lesbianas era tríbada, do grego tribo (frotar). [5]

Perú

A antiga cultura peruana moche rendía culto á vida diaria incluíndo as prácticas sexuais. Describían felacións nas súas cerámicas.

Biblia

Sodoma e Gomorra caeron o redor do ano 1900 a. C. Segundo os recentes estudios dos arqueólogos Graham Harris y Tony Beardow, o termo sodomía proviría da cidade de Sodoma, na que se describen actos sexuais que non conducían ao embarazo, como a masturbación, a felación, o cunnilingus e o sexo anal.

Corán

Na literatura islámica prohibíase explícitamente dentro do matrimonio o sexo durante o ciclo menstrual. Pero a actitude cara o sexo oral e o sexo anal é un tema de discusión entre os alumnos modernos do Islam. O Gran Ayatollah Sayyid Ali al-Sistani, unha autoridade relixiosa musulmá, considera o sexo anal 'extremadamente horrible', aínda que di que está permitido. No referente ao sexo oral, si se permite realizalo, sempre e cando non entre líquido na boca.[6]

Kama Sutra

Kama Sutra

O antigo Kama Sutra indio, datado no século primeiro, describe o sexo oral[7] analizando a felación con gran detalle e mencionando brevemente o cunnilingus. Con todo, de acordo con este texto, a felación é sobre todo unha conduta característica dos eunucos, que usaban a súa boca como substituto dos xenitais femininos. [8]

O autor, Vatsyayana, establece que tamén a practicaban "mulleres non castas" e menciona o prexuízo tradicional, moi extendido, de considerar esta práctica como degradante ou impura. Vatsyayana parece coincidir en certa medida con estas actitudes, afirmando que un 'home sabio' non debería caer nesa forma de cópula, aínda que recoñece que pode ser apropiado nalgúns casos, que, curiosamente, non chega a especificar.

A felación no cine

A película pornográfica estadounidense Garganta profunda (Deep Throat), estreouse en 1972, escribiuse e dirixiuse por Gerard Damiano e estaba protagonizada pola actriz Linda Lovelace.

Chámase Garganta profunda porque nela a protagonista mostra o seu virtuosismo na arte da felación. O seu gran éxito débese á gran capacidade que ten Linda para realizar felacións ata o fondo da garganta, facendo desaparecer calquera pene dentro da súa boca dunha maneira sorprendente. Isto supuxo un cambio no mundo do porno, xa que dende entón multitude de actrices intentaron emular a Linda.

Andy Warhol, o pai do pop-art, dirixiu en 1963 a película Blow Job ("felación" ou "mamada", en inglés), duns 35 minutos de duración, que se compón exclusivamente dun plano pechado sobre o rostro dun home que semella reaccionar ante algún tipo de estímulo que a cámara non capta, pero que o título deixa bastante claro.[8]

Nos últimos anos, realizáronse varias películas de cine convencional (non pornográfico), que mostran felacións reais. Un caso pioneiro foi a adaptación cinematográfica da novela de Raymond Radiguet O demo no corpo levada a cabo por Marco Bellocchio en 1986, na que Maruschka Detmers estimula deste modo a súa parella. Exemplos máis recentes son a película The Brown Bunny, con Chloë Sevigny, e Intimacy, con Kerry Fox, entre outras.

A felación na arte

Hai un explícito cadro de Picasso, chamado La Douleur (Scène Erotique) do período azul do autor, que se atopa no Museo Metropolitano de Nova York. Trátase dun óleo no que o artista retrátase en pleno acto sexual e que o recinto nunca se atreveu a colgar[8].

Édouard-Henri Avril, pintor e ilustrador de literatura erótica, adquiriu un gran renome polas pinturas acerca de distintas prácticas sexuais.

Notas

  1. Eichhorn, Günther (2008-07-25). "Ancient Egyptian Mythology". Consultado o 2008-07-25. 
  2. Lorton, David (1995) (1995). "Ancient Egyptian Religion and the Problem of Closure". Autofellatio and Ontology / Isap kontol sendiri dan ontologi. Consultado o 2008-07-25. 
  3. Wendell T. Harrison (2004-04-1). "Oral sex escapes modern taboos". Archaic practice evolving even after restrictive laws. The Daily Reveille. Consultado o 2008-07-25. 
  4. Izquierdo, Romualdo. "¿Eran los romanos unos depravados?". Historia / Sexo en la antigua Roma. El Mundo. Consultado o 2008-07-25. 
  5. Fanjul, Cristina. "Las bodas homosexuales ya se celebraban en la antigua Roma". El erotismo en la época de plutarco. Diario de León. Consultado o 2008-07-26. 
  6. Grand Ayatollah Sistani. "The Official Website of Grabd Ayatollah Sistani". www.sistani.org. Consultado o 2008-07-26. 
  7. Kama Sutra sexo oral
  8. 8,0 8,1 8,2 www.kamashastra.com. "Chapter IX of the auparishtaka or mouth congress". Kama Sutra or Kamasutra sex positions and sex poses by Kamashastra. Consultado o 2008-07-26.