Produción musical: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
{{Outroshomónimos|Produción}}; arranxiños; retiro masculinos xenéricos
m Estevoaei moveu a páxina "Produtor musical" a "Produción musical": Cómpre evitar o uso de masculinos xenéricos
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 27 de abril de 2012 ás 16:03

Na industria musical, a produción musical (ou produción discográfica) é o proceso de control das sesións de gravación, guiar e instruír ás persoas intérpretes, organizar e programar os recursos de gravación e o orzamento, e supervisar a gravación, mestura e masterización das gravacións.

Estas funcións, típicas nas gravacións sonores desde os seus inicios até a segunda metade do século XX, ampliáronse posteriormente con outras tarefas, de promoción comercial e empresarial, en ocasións.

O traballo da produción musical pode compararse á da dirección cinematográfica no sentido de que o traballo de produción é crear, dar forma e modelar unha gravación de acordo coa súa visión do álbum.