Flamengo rosa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: simple:Greater Flamingo
m r2.7.1) (Bot: Engado: fa:فلامینگوی بزرگتر
Liña 39: Liña 39:
[[eo:Roza flamengo]]
[[eo:Roza flamengo]]
[[es:Phoenicopterus roseus]]
[[es:Phoenicopterus roseus]]
[[fa:فلامینگوی بزرگتر]]
[[fi:Flamingo]]
[[fi:Flamingo]]
[[fr:Flamant rose]]
[[fr:Flamant rose]]

Revisión como estaba o 25 de abril de 2012 ás 07:45

Flamengo rosa
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Phoenicopteriformes
Familia: Phoenicopteridae
Xénero: Phoenicopterus
Nome científico
Phoenicopterus roseus
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


O flamengo rosa, flamengo vulgar ou flamengo grande (Phoenicopterus roseus) é a especie de flamengo cunha distribución xeográfica máis ampla. O seu territorio abrangue partes de África, Asia e do sur de Europa.

Descrición

É un dos flamengos meirandes, de entre 120 e 140 cm de altura media, dos que 40 ou 50 cm corresponden ás patas. Está sistematicamente moi preto do flamingo de Chile e do flamingo de Cuba, cos que en ocasións se considera que forma unha especie única.

A súa plumaxe é case toda de cor branca rosada, coas plumas cobertoiras das ás vermellas. As plumas rémixes primarias e secundarias son negras. Ten o bico rosa coa punta negra. As patas son completamente rosadas. O seu berro característico é algo semellante ó dos gansos Coma tódolos flamengos aliméntanse de crustáceos e plancto que obteñen filtrando a auga.

Distribución

Aprecen en partes de África, suroeste de Asia (incluída Anatolia), nas rexións costeiras da India e no sur de Europa ( España, Portugal e na Camarga francesa. Algunhas poboacións son migratorias.

Reprodución

Crían en colonias en zonas planas e lamacentas á beira do mar ou lagos salgados. Poñen, coma tódolos flamengos, un único ovo, de cor branca, nun niño feito nunha pila de lama. Non crían cada ano e a incubación dura uns 30 días.

Ligazóns externas