Claude Monet: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: als:Claude Monet
{{Pintor | bgcolour = silver | nome = | imaxe = | tamañoimaxe = | pedefoto = | nomenacemento = | datanacemento = | lugarnacemento= | datamorte = | lugarmorte = | nacionalidade = | eido = | a...
Liña 1: Liña 1:
{{Pintor
| bgcolour = silver
| nome =
| imaxe = Claude Monet 1899 Nadar crop.jpg
| tamañoimaxe =
| pedefoto = Claude Monet en 1899.
| nomenacemento =
| datanacemento =
| lugarnacemento=
| datamorte =
| lugarmorte =
| nacionalidade =
| eido =
| adestramento =
| movemento =
| traballos =
| patróns =
| influenciado por=
| influenciado =
| premios =
}}
[[Ficheiro:Claude_Monet,_Impression,_soleil_levant,_1872.jpg|thumb|''Impresión, sol nacente'' ([[1874]]).]]
[[Ficheiro:Claude_Monet,_Impression,_soleil_levant,_1872.jpg|thumb|''Impresión, sol nacente'' ([[1874]]).]]

'''Claude Monet''' tamén coñecido como '''Oscar-Claude Monet''' ou '''Claude Oscar Monet''', nado en [[París]] o [[14 de novembro]] de [[1840]] e finado en [[Giverny]], [[Francia]], o [[5 de decembro]] de [[1926]], foi un pintor impresionista [[Francia|francés]].
'''Claude Monet''' tamén coñecido como '''Oscar-Claude Monet''' ou '''Claude Oscar Monet''', nado en [[París]] o [[14 de novembro]] de [[1840]] e finado en [[Giverny]], [[Francia]], o [[5 de decembro]] de [[1926]], foi un pintor impresionista [[Francia|francés]].



Revisión como estaba o 22 de abril de 2012 ás 21:33

Claude Monet
Claude Monet en 1899.
Nacemento14 de novembro de 1840
 París
Falecemento5 de decembro de 1926
 Giverny
NacionalidadeFrancia
Cónxuxe(s)Camille Doncieux e Alice Hoschedé
FillosJean Monet e Michel Monet
Na rede
IMDB: nm1217328 Allocine: 36016
Musicbrainz: 7f4f8ddf-e085-4b1b-a867-8269757ae277 Discogs: 24372 WikiTree: Monet-2 Find a Grave: 5069 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Impresión, sol nacente (1874).

Claude Monet tamén coñecido como Oscar-Claude Monet ou Claude Oscar Monet, nado en París o 14 de novembro de 1840 e finado en Giverny, Francia, o 5 de decembro de 1926, foi un pintor impresionista francés.

Traxectoria

Nos anos inmediatamente anteriores á guerra de 1870 un grupo de pintores, Monet, Camille Pissarro, Alfred Sisley e Pierre Auguste Renoir sitúanse á marxe de calquera remedo das tendencias precedentes e realizan unha nova pintura, que un crítico denominou despectivamente impresionismo, inspirándose no título dunha obra de Monet exposta en 1874, Impresión, sol nacente.

Regatas en Argenteuil (1874). A xustaposición de pinceladas de distinta cor busca lograr que a retina compoña logo as verdadeiras tonalidades que conduza a un novo realismo.

Monet foi o pintor máis orixinal e principal representante das conquistas técnicas e estéticas do grupo. Sen os matices políticos ou sociais dos realistas, por medio dunha concepción estritamente pictórica, Monet busca a realidade cromática e formal baixo os efectos da luz. Na base da súa arte está o desligarse do estudo de pintura, buscando o aire libre para pintar e o colorido claro; a luz transforma e altera as cores e tamén as propias formas, de tal xeito que a paisaxe e os seus elementos xorden como visións instantáneas que non se volverán repetir. Unha preocupación primordial para Monet vai ser o estudo dos reflexos da luz na auga, que ten unha consistencia real semellante á dos elementos reflectidos. Esta linguaxe acadou a súa maior pureza nos anos que pasou en Argenteuil (1872-1878).