Sete marabillas do mundo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MystBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: he:פלאי תבל
m Río de Xaneiro - Rio de Janeiro
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:SevenWondersOfTheWorld.jpg|right|200 px]]
[[Ficheiro:SevenWondersOfTheWorld.jpg|right|200 px]]
As '''sete marabillas do mundo''' (ou as '''sete marabillas do mundo antigo''') son as máis belas e maxestosas obras [[Arte|artísticas]] e [[arquitectura|arquitectónicas]] realizadas na [[Antigüidade]].
As '''sete marabillas do mundo''' (ou as '''sete marabillas do mundo antigo''') son as máis belas e maxestosas obras [[Arte|artísticas]] e [[arquitectura|arquitectónicas]] realizadas na [[Idade Antiga|Antigüidade]].


== As sete marabillas do mundo antigo ==
== As sete marabillas do mundo antigo ==
Liña 27: Liña 27:
* [[Gran Canón]] do Colorado.
* [[Gran Canón]] do Colorado.
* [[Gran Barreira de Coral]]
* [[Gran Barreira de Coral]]
* A baía do [[Río de Xaneiro]]
* A baía do [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Río de Xaneiro]]
* [[Monte Everest]]
* [[Monte Everest]]
* [[Aurora boreal]]
* [[Aurora boreal]]

Revisión como estaba o 22 de abril de 2012 ás 16:51

As sete marabillas do mundo (ou as sete marabillas do mundo antigo) son as máis belas e maxestosas obras artísticas e arquitectónicas realizadas na Antigüidade.

As sete marabillas do mundo antigo

Velaquía a lista das sete marabillas do mundo antigo, ordenadas por data de construción.

  1. A Gran Pirámide de Giza. Rematada arredor do ano -2570, foi utilizada como tumba ou cenotafio do faraón Khufu, denominado Keops por Herodoto. Localizada en Giza, Exipto, é a única das sete marabillas que aínda se pode contemplar.
  2. Os Xardíns colgantes de Babilonia. Construídos en -605 - -562. Localizados en Babilonia, actual Iraq.
  3. O Templo de Artemisa en Éfeso. Construído cara a -550 - -325. Localizado en Éfeso, actual Turquía.
  4. A Estatua de Zeus, en Olimpia (Grecia). Esculpida cara a -430 por Fidias. Localizada en Olimpia, Grecia.
  5. O Mausoleo de Halicarnaso. Construído arredor de -353. Situado en Bodrum, actual Turquía.
  6. O Coloso de Rodas. Construído entre -294 e -282. Localizado na illa de Rodas, actualmente pertencente a Grecia.
  7. O Faro de Alexandría. Construído entre -294 e -283. Localizado en Alexandría, Exipto.

Orixe da lista

A orixe da lista é dubidosa, pero atribúeselle ao poeta grego Antípatro de Sidón, que escribiu sobre estas obras nun poema. Outro documento que contén a lista é o libro De Septem Orbis Miraculis, do enxeñeiro grego Filón de Bizancio. A lista tamén se coñece co nome grego de ta hepta thaemata (as sete cousas dignas de seren vistas). Esta catalogación das marabillas polos gregos debeuse producir entre os anos 150 e 120 aC.

De todas as sete marabillas, a única que resistiu até os días actuais foi a Gran Pirámide de Giza, construída hai mais de 4.000 anos. Dos outros monumentos podemos imaxinar o aspecto que tiñan, a partir de descricións en textos antigos e de reproducións estilizadas en moedas. Ese é o caso da Estatua de Zeus Olímpico, construída en ouro e marfil, e con 40 pés de altura, do que conservamos ademais de descricións escritas detalladas, a súa reprodución nas moedas de Elis.

Moeda de Elis. Estatua de Zeus de Olimpia no seu reverso.

Actualización

A comezos do século XXI o cidadán suízo Bernard Weber promoveu a selección das novas sete marabillas do mundo, que viría substituír esta lista. Esa decisión foi tomada pola Unesco o 7 de xullo de 2007.

Marabillas naturais

Tal como con outras listas, non existe consenso sobre sete marabillas naturais. Unha das listas foi compilada pola CNN [1]:

Véxase tamén

Ligazóns externas