Claudio Cuveiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
engado info
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
'''Claudio Cuveiro González''', nado en [[Pontevedra]], e finado en [[Barcelona]] o [[27 de decembro]] de [[1915]], foi un xornalista e escritor galego.
'''Claudio Cuveiro González''', nado en [[Pontevedra]] e finado en [[Barcelona]] o [[27 de decembro]] de [[1915]], foi un xornalista e escritor galego.


==Traxectoria==
==Traxectoria==

Revisión como estaba o 21 de abril de 2012 ás 17:32

Claudio Cuveiro González, nado en Pontevedra e finado en Barcelona o 27 de decembro de 1915, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

Colaborou, xunto con Antolín Esperón e Manuel A. Couto, no semanario Las Musas del Lérez de Pontevedra. Escribiu artigos para os xornais El Alerta (1864-1865) e El Buscapié (1865-1868), e para a Revista de Primera Enseñanza (1865-1870). Dirixiu o Diario de Pontevedra en 1879. Como autor teatral estreou en 1881 no Teatro Variedades de Madrid a peza Qué noche! Tamén foi animador de numerosos parladoiros científicos, xunto con Octavio Lois Amado ou Heliodoro Gastañaduy. Escribiu un Tratado de la buena educación o sean Reglas para conducirse los niños en sociedad (1866) con José Benito Juncal, a comedia Furor de asociación (estreada en 1866) e publicou a primeira versión en castelán da obra de Ernst Haeckel Natürliche Schöpfungsgeschichte (1868) co título Historia de la creación de los seres orgánicos (1878).