Armadura: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: br:Houarnwisk
m Metal (material)
Liña 1: Liña 1:
Unha '''armadura''' é unha vestimenta que se fabricaba de [[Metal|metais]] ou outros materiais resistentes coma o [[coiro]].
Unha '''armadura''' é unha vestimenta que se fabricaba de [[Metal (material)|metais]] ou outros materiais resistentes coma o [[coiro]].


==Orixes==
==Orixes==

Revisión como estaba o 18 de abril de 2012 ás 17:55

Unha armadura é unha vestimenta que se fabricaba de metais ou outros materiais resistentes coma o coiro.

Orixes

A orixe da armadura é do período exipcio, naqueles tempos compoñíase dun casco e unha coiraza. Entre os caldeos-asirios, polo que que aparece nos relevos da época, usábase un casco de bronce de forma algo cónica, a coiraza feita de pel cuberta de láminas metálicas e os botíns de coiro duro ou gornecido tamén con láminas. Os soldados gregos adoitaban levar unha túnica corta que remataba en pregues simétricos e sobre ela unha coiraza para o tronco, formada por tiras de coiro con pezas metálicas ou ben só dúas pezas (peto e espaldeira) que cubrían peito e costas e uníanse con tiras metálicas ou correas sobre os ombros mentres que a parte dianteira das pernas se defendía coas cnémides.