Os doce traballos de Heracles: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
homónimos de Creta
Escarbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: eo, id; elimino: ko; modifico: es, pt
Liña 35: Liña 35:
[[el:Άθλοι του Ηρακλή]]
[[el:Άθλοι του Ηρακλή]]
[[en:Labours of Hercules]]
[[en:Labours of Hercules]]
[[eo:La dek du laboroj de Heraklo]]
[[es:Los doce trabajos]]
[[es:Los doce trabajos de Heracles]]
[[et:Heraklese vägitööd]]
[[et:Heraklese vägitööd]]
[[fi:Herakleen urotyöt]]
[[fi:Herakleen urotyöt]]
[[fr:Travaux d'Héraclès]]
[[fr:Travaux d'Héraclès]]
[[id:Tugas-tugas Herakles]]
[[is:Þrautir Heraklesar]]
[[is:Þrautir Heraklesar]]
[[it:Dodici fatiche di Eracle]]
[[it:Dodici fatiche di Eracle]]
[[ko:헤라클레스 12업]]
[[lb:Dodekathlos]]
[[lb:Dodekathlos]]
[[lt:Heraklio žygdarbiai]]
[[lt:Heraklio žygdarbiai]]
[[no:Herakles' tolv storverk]]
[[no:Herakles' tolv storverk]]
[[pl:Dwanaście prac Heraklesa]]
[[pl:Dwanaście prac Heraklesa]]
[[pt:Os doze trabalhos de Hércules]]
[[pt:Doze trabalhos de Hércules]]
[[vi:Mười hai kỳ công của Heracles]]
[[vi:Mười hai kỳ công của Heracles]]

Revisión como estaba o 18 de abril de 2012 ás 16:35

Heracles (máis coñecido polo seu nome romano Hércules) é o nome dun heroe mitolóxico grego.

O seu pai era Zeus quen, abraiado pola beleza de Alcmena, a muller de Anfitrión de Tebas, adquiriu a forma do seu esposo para enganala. Froito desa relación naceu Heracles.

A súa forza física sería a a súa característica física máis prezada, demostrada xa desde pequeno ao afogar dúas serpes no berce.

Cando acadou a idade adulta matou ao León de Citerón e vestiuse coas súas peles.

Venceu aos minios que gravaban aos tebanos cun pesado tributo, o que lle asegurou a simpatía dos seus veciños, quen lle ofreceron como recompensa a princesa Méxera coa que casou.

Cando a princesa lle deu tres fillos, Hera, a esposa de Zeus que non esquecía ningunha ofensa, volveuno tolo temporalmente. Heracles, entón, matou a súa muller e fillos coas súas propias mans. Coa dor por estes asasinatos acudiu ao seu primo Euristeo quen lle encargou os doce traballos como penitencia.


Os doce traballos de Hércules

Estes doce traballos eran teoricamente fazañas imposibles de realizar e nas que tamén se buscaba que o esforzado heroe encontrara a morte. Porén, vemos como foi capaz de executalas todas:

  1. Matou o león de Nemea, cuxa pel pasou a ser parte da indumentaria do heroe.
  2. Acabou coa Hidra de Lerna, monstro de múltiples cabezas que continuamente se rexeneraban.
  3. Capturou ao porco bravo de Erimanto.
  4. Capturou a cerva de Cerinea, traballo que o levou até o afastado país dos Hiperbóreos.
  5. Acabou coas aves do lago Estinfalo, cuxas plumas eran frechas de bronce.
  6. Limpou os establos do rei Auxias.
  7. Cazou o touro salvaxe de Creta.
  8. Domou as eguas de Diomedes, perigosas eguas antropófagas.
  9. Conseguiu o cinto da amazona Hipólita.
  10. Matou a Xerión e arrebatoulle o gando.
  11. Recolleitou as mazás das Hespérides.
  12. Atou o can Cerbero nos dominios subterráneos do inferno para liberar a Teseo.