Deuteróstomos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: ro:Deuterostomia
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: bg:Вторичноустни
Liña 54: Liña 54:
[[be:Другаснаротыя]]
[[be:Другаснаротыя]]
[[be-x-old:Другаснаротыя]]
[[be-x-old:Другаснаротыя]]
[[bg:Вторичноустни]]
[[ca:Deuteròstom]]
[[ca:Deuteròstom]]
[[cs:Druhoústí]]
[[cs:Druhoústí]]

Revisión como estaba o 17 de abril de 2012 ás 18:46

Deuteróstomos

Pepino de mar
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria
Superfilo: Deuterostomia
Grobben, 1908
Phyla

Os Deuterostomados ou Deuteróstomos (Deuterostomia, do grego ‘segunda boca’) son un superfilo de animais nos que a boca do adulto non deriva do blastoporo embrionario, senón que é de neoformación.

Clasifícanse dentro de Bilateria, dentro de Eumetazoa, e distínguense de Protostomia polo seu desenvolvemento embrionario; nos deuteróstomos, a primeira abertura do embrión (blastoporo) convertese no ano, en troques en protóstomos, muda na boca. A boca dos deuteróstomos é, xa que logo, de noeformación.

Inclúe os seguintes filos:

Os tres primeiros son os filos tipicamente deuteróstomos; os Quetognatos teñen unha posición incerta no reino animal e os tres últimos (que conforman o grupo dos Lofoforados) son considerados deuteróstomos por algúns autores (como Brusca[1]) ou protóstomos por outros (como Hickman[2]).

Tanto en deuteróstomos coma en protóstomos, o cigoto desenvólvese nunha masa celular afondada, chamada blástula (proceso coñecido coma segmentación. En deuteróstomos, as primeiras divisións ocorren de forma paralela ou perpendicular ao eixo que aparece entre os extremos (segmentación radial) e cando o embrión está en estado un de 4 células, se se elimina unha é quen de compensar a perda, de feito a célula illada pode formar un individuo (segmentación indeterminada, clonación embrionaria).

En deuteróstomos, o mesodermo, fórmase como invaxinacións do arquénteron, proceso coñecido coma enterocelia, namentres que o protóstomos orixínase por esquizocelia.

Notas

  1. Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XXVI+1005 pp. ISBN 0-87893-097-3.
  2. Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W., 2006. Principios integrales de zoología, 13ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XVIII+1022 pp. ISBN 84-481-4528-3.

Véxase tamén

Ligazóns externas