Illa Trinidad: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Rubinbot (conversa | contribucións)
m r2.5.4) (Bot: Modifico: uk:Тринідад (острів)
Liña 98: Liña 98:
[[ta:டிரினிடாட்]]
[[ta:டிரினிடாட்]]
[[tl:Trinidad]]
[[tl:Trinidad]]
[[uk:Тринідад]]
[[uk:Тринідад (острів)]]
[[vo:Trinidad (Bolivän)]]
[[vo:Trinidad (Bolivän)]]
[[yo:Trinidad]]
[[yo:Trinidad]]

Revisión como estaba o 16 de abril de 2012 ás 22:49

Trindade
Vista da illa
Museo e Galería de Arte nacional
Datos
Capital Porto España
País Trindade e Tobago
Localización Mar Caribe
Arquipélago
Linguas
Poboación (2007) 1.050.000 hab.
Superficie 4.769 Km²
Densidade 220 hab/km²
Coordenadas 10°27′38″N 61°14′55″O / 10.46056, -61.24861
Maior Altura 940 m. Cerro Aripo
Localización
Localización da illa

Trindade é unha illa do mar Caribe, a maior de Trindade e Tobago e das Antillas Menores, e aproximadamente a unha decena de quilómetros de distancia da costa oriental de Venezuela. A capital da illa e do país é Porto España, situado no noroeste, no Golfo de Paria. A segunda cidade máis importante, San Fernando, atópase situada no suroeste.

Historia

Foi descuberta por Cristóbal Colón o 31 de xullo de 1498 na súa terceira viaxe. En 1530 foi conquistada por España baixo a dirección de Antonio Sedeño, quen é tamén o seu primeiro gobernador, cargo que asume en 1532, pero debido á tenaz resistencia dos nativos é abandonada dous anos máis tarde.

Un século máis tarde, España estableceu misións de cristianización con pais Capuchinos. Durante o período colonial español a illa, coñecida por Trindade de Barlovento, é dependente da Real Audiencia de Santo Domingo, á súa vez dentro da xurisdición do Virreinato da Nova España.

No ano 1640 a illa rexeita un intento de invasión dos Países Baixos e en 1677 outro de Francia.

En 1797, durante unha de guerra entre España e o Reino Unido, unha flota inglesa ataca a illa e obtén a rendición do seu Gobernador. Tras o Tratado de Amiens en 1802 anéxase a illa, e a cal unirá posteriormente á illa de Tobago nunha soa colonia denominada Trindade e Tobago.