1807: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: rue:1807
Liña 200: Liña 200:
[[ro:1807]]
[[ro:1807]]
[[ru:1807 год]]
[[ru:1807 год]]
[[rue:1807]]
[[sa:१८०७]]
[[sa:१८०७]]
[[sah:1807]]
[[sah:1807]]

Revisión como estaba o 16 de abril de 2012 ás 08:19

1806 < 1807 < 1808

1807
Calendario gregoriano1807
MDCCCVII
Ab urbe condita2560
Calendario armenio1256
Calendario chinés4503 – 4504
Calendario hebreo5567 – 5568
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1862 – 1863
 ·  Shaka Samvat1729 – 1730
 ·  Kali Yuga4908 – 4909
Calendario persa1185 – 1186
Calendario musulmán1222 – 1223
Calendario rúnico2057
Década de 1800
1803 1804 1805 1806 1807 1808 1809 1810 1811
< Século XVIII Século XIX Século XX >
01 02 03 04 05 06 07 08 09 10
11 12 13 14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
31 32 33 34 35 36 37 38 39 40
41 42 43 44 45 46 47 48 49 50
51 52 53 54 55 56 57 58 59 60
61 62 63 64 65 66 67 68 69 70
71 72 73 74 75 76 77 78 79 80
81 82 83 84 85 86 87 88 89 90
91 92 93 94 95 96 97 98 99 00


Acontecementos

España

  • Carlos IV entrega unha tropa de 15.000 homes, para que loiten xunto os exércitos napoleónicos en Dinamarca e Alemaña. Cumprese con isto parte da esixencia de Napoleón; a outra parte sería concede-los permisos para que poidan estar en España uns 10.000 prisioneiros, sen contar a entrega a Francia de importantes sumas de diñeiro. Carlos IV paga así a débeda de Godoy, polo seu intento de entabla-las negociacións con Portugal, Prusia e Rusia na procura de que España se integrase na coarta coalición; as negociacións non foron a ningures, pois a victoria de Napoleón na batalla de Jena (acontecida o 14 de outubro 1806) as desbarata.
  • O 19 de febreiro, o rei Carlos IV sumase oficialmente o bloqueo continental contra o Reino Unido, cumpre con iso outra das esixencias de Napoleón trala batalla de Jena.
  • O 18 de outubro escomenza a entrada de tropas francesas en España, co pretexto de participar na conquista de Portugal, que non quere abandona-la súa tradicional alianza con Inglaterra. As tropas mandadas polo xeneral Junot, acampan nas proximidades da fronteira española e, entran polo País Vasco, antes da firma do tratado de Fontainebleau, que debe regula-lo reparto de Portugal.

Reino Unido

  • Gran Bretaña utiliza por primeira vez, durante o sitio de Copenhague, e despois de que foran utilizados con éxito en Boloña no 1806; pequenos foguetes para bombardear. Con iso dábaselle un servizo útil os artefactos inventados polo inglés, William Congreve.
  • Un 2 de marzo, o goberno británico, presidido por lord Grenville Sharp, aproba unha proposta do secretario do Estado para os Asuntos Exteriores, lord Fox, pola que se prevé a prohibición da trata de negros nun futuro non remoto. Sharp, Clarkson e Wilberforce converten a proposta nunha corrente relixiosa irreversible, pola que a decisión, que querará confirmada no ano 1813, supón unha medida de grande importancia, e que será imitada nos anos seguintes por numerosos paises: Arxentina no 1813, Colombia e México no 1821, Francia (un 4 de marzo de 1848), Estados Unidos (fará o referendun no 1862, e activará a aprobacion no 1863), Países Baixos no 1863, Portugal no 1878, Cuba no 1880, Brasil no 1888, etc.

Prusia

  • O 8 de febreiro librase a batalla de Eylau, no redores de Königsberg (en Prusia oriental), entre as tropas de Napoleón e o exército ruso de Bennigsen. A batalla en sí non resulta decisita para nengún dos dous bandos, aunque é unha verdadeira matanza que leva a morte a uns 40.000 soldados a causa da violencia na loita e da inclemencia do tempo.
  • O 14 de xuño as tropas de Napoleón vencen o exército ruso en Friedland (tamén, correspondente a Prusia oriental), onde sofren pérdidas de 25.000 homes (entre eles uns 25 dos seus xenerais). A victoria napoleónica deixa o paso aberto o exército francés cara Königsberg, derradeira fortaleza prusiana e obriga o tsar, Alexandre I a pedir un armisticio que será o preámbulo do Tratado de Tilsit (que se asinará en xullo). As derrotas ante Napoleón fan temer o tsar unha posible sublevación dos polacos, polo que a alianza parecelle un bo camiño para atalla-la.
  • O 1 de xullo o tenente xeneral prusiano, Gebhard Leberecht Blücher, tralas derrotas sofridas polos exércitos de Prusia perante os franceses, fai un chamamento os civis e militares a sumarse o seu corpo de combate contra Napoleón I.
  • Do 7 ao 9 de xullo coa fin de evitar unha sublevación dos polacos, o tsar Alexandre I acepta unha alianza con Napoleón. O acordo, que se firma nunha rada (no medio do río Niemen), fronte a Tilsit, despoxa a Prusia de grande parte de Polonia e os territorios do oeste do Elba, que pasa a engrosa-lo reino de Westfalia. Rusia comprométese a participar de forma activa no bloqueo continental contra Gran Bretaña, renuncia as Illas Xónicas e recoñece a Confederación do Rhin. A Tratado de Tilsit traería a firma dunha alianza segreda, pola cal, Rusia declararía a guerra a Gran Bretaña se esta se negaba a acepta-la súa mediación no conflito europeo. A pesardes da mediación de Alexandre, Napoleón acepta a existencia do estado prusiano, pero as condicións do tratado resulta extremadamente duras. A raíña de Prusia, Luisa, decidese a dar un paso audaz coa entrevista co emperador francés; Napoleón mostrase inflexible e as condicións do tratado manteñense. Coas condicións unhas forzas reformadoras que actúan no interior de Prusia, iranse impoñendo paulatinamente nos seus criterios.
  • O 9 de outubro, Federico Guillerme III de Prusia concede a abolición progresiva da servidume dos labregos coa entrega, en plena propiedade, das terras da coroa que traballan; con isto leva a cabo a proposta do ministro de estado, o barón Von Stein.

Alemaña

  • Na cidade de Berlín e en medio da gloria militar de Bonaparte, o filósofo alemán Johan Gottlieb Fichte (que nacera en Rammenau, Saxonia, no ano 1762 e finará en Berlín no 1814) publica o seu "Discurso a la nación alemá". A declaración sae en tempos moi difíciles para Prusia e Alemaña, xa que Francia fixera declaración de guerra contra Prusia. O escrito incrimina o emperador francés por haber traizoado os ideais da revolución francesa. Nel o filósofo propón unha nación alemá baseada na democracia que non pasará desapercebida pola burguesía, polo que terá un papel importante no resuxir espiritual e político do pobo. Fichte manifestou dende moi xoven o amor pola liberdade. Influido por Lessing e Kant, adiracá a este profundos estudios, ata o punto de que pode decirse que o seu pensamento é a continuación do kantismo; polo que, incluso, fará unha visita o seu mestre en Königsberg no 1792, quen o recibe friamente, aunque tres meses despois envialle a Kant un manuscrito sobre a "Critica de toda revelación", polo que se poñía directamente no criticismo. No 1793 fixo casamento con unha sobriña de Klopstock, e pronto ten fama de liberal e demócrata; que non lle impediu toma-la cátedra da universidade de Jena no canto a rama de filosofía. Nesta universidade tivo a acusación de ateismo, feito que lle valeu a expulsión; polo que pasou a ensinar no 1805 na universidade de Erlangen e, no 1806, en Königsberg. Trala fuxida das tropas napoleónicas, volve a Berlín no 1807, onde pronuncia o célebre discurso nacionalista. A filosofía de Fichte intenta armoniza-la teoría coa práctica. Nun principio parte do humanismo no que a liberdade ocupa o centro de reflexión, que logo tira a un certo misticismo, dende a teoría da liberdade a unha teoría de gracia divina; o seu valor reside en haber especulado teoricamente sobor da ciencia e a verdade para desenvolver unha doutrina práctica da moral de estado.
  • Tamén na cidade de Bamberg o filósofo alemán, George Wilhelms Friedrich Hegel (que nacera en Stuttgart no 1770 e morrerá en Berlín no 1831), publica a súa obra máis representativa, a "Fenomenología del espíritu", que fora rematada no 1806 (curiosamente o mesmo día na que de da a batalla de Jena, pola tarde). Por aquelas, Hegel era mestre nesa cidade, onde acudira interesado pola filosofía de Schelling e Fichte, a quenes admiraba. Deste último herdaría a cátedra da universidade de Berlín e pediría ser soterrado o seu carón. Coma todolos filósofos do seu tempo, a labor xuvenil de Hegel centrouse na crítica da relixión da historia. Pero o chegar a Jena tornou na consciencia da filosofía como medio de expresa-lo sentir da vida humana no seo da historia; polo que realizóu un enorme esforzo lóxico por introduci-la experiencia viva nun marco teórico, no que a historia da conciencia (enrexada coa experiencia) acaba por comprenderse a sí mesma. Isto identificóuno como técnica fenomenolóxica ou identificación con desenvolvemento da conciencia real. A fenomenoloxía é a súa vez unha reflexión sobor das leis do coñecemento e unha historia real da conciencia. Co percorrer do tempo, volve a publicar entre 1812 e 1816 a "Ciencia de la lógica", aparece coma continuación da fenomenoloxía. Nela, Hegel estable o famoso método dialéctico. Soo a filosofía da contradicción é unha filosofía viva; a flor da nacemento o fruto, que supón a morte daquela; polo que a morte é a cotradicción do renacer. De maneira dialéctica aluma a esencia da necesidade histórica. Na unidade das contradiccións: a tese ven negada pola antitese, de cuxa negación crease a síntese. No 1821 publica a "Filosofía del derecho", é a súa doutrina do home e a historia. O home illado é unha astracción: soo a sociedade da historia é concreta; a súa representación universal é concreto. Neste sentido, o suxeito real da historial é unha razón universal.

Estados Unidos

  • O enxeñeiro e mecánico estadounidense Robert Fulton, (que nacera no 1765 e finará no 1815) inaugura unha liña regular de barcos a vapor con rodas no río Hudson, que circularan entre as cidades de Nova York e Albany e cuxo primeiro percorrido faría o buque "Clermont". Fulton xa experimentara no ano 1803 cun pequeno batuxo a vapor polo que é un dos máis coñecidos artífices dos inventos relacionados coa navegación. No 1797 propuxo o goberno francés a construción dun submarino coa capacidade de poñer cargas explosivas nos navios enemigos, proxecto que levou a construción no 1798. O non lograr que os franceses tivesen atención no seu proxecto, provou máis tarde coas británicas e tampouco o consegue; polo que volta para a súa terra, onde se adicou de cheo a aplicación da propulsión a vapor nos barcos, empregando para iso a máquina de vapor inventada por Watt.

Europa

  • Un 28 de xaneiro o Reino Unido e Prusia asinan o tratado de paz de Memel, polo que Prusia renuncia a Hannóver en favor do Reino Unido, e restablece a liberdade comercial para as mercadorías británicas. O 25 de xuño Francia asina un preacordo con Rusia, fruto da victoria napoleónica contra Bennigsen en Friedland acontecida o 14 xuño, e que permitirá lograr o acordo do tratado de Tilsit (asinado entre o 7 e o 9 de xullo). O 7 de xullo asínase un tratado secreto polo que Rusia ten que declararlle a guerra a Inglaterra e, asimesmo, participar no bloqueo continental; o tratado cede (por parte de Napoleón) a Rusia unha liberdade sobre Suecia ademais de consentir a división das posesións europeas de Turquía. O 9 de xullo publícase o tratado (tal e como se nos da a coñecer, pero que non reseña nada do que hai en segredo) e Prusia é reducida a metade coa creación do reino de Westfalia e o Gran Ducado de Varsovia. Cara o norte, en Dinamarca, o 5 de setembro, despois de tres días de bombardeo (no que se proba unha nova arma, o foguete) os británicos ocupan a capital danesa de Copenhague. Dinamarca perde a súa flota neste enfrontamento.

Portugal

  • Do outubro o decembro e pouco antes de que as tropas do xeneral francés Junot entren en Lisboa, a familia real embarcase rumbo a Brasil. A política de partición de Portugal, entre Francia e España, sin que a medio rexente María I e o seu fillo Xoán (que máis adiante sería Xoán VI), poidan evita-la; fai que toda a corte se decida trasladarse a Río de Xaneiro. Tras certo tempo en Portugal e, debido a declaración de independencia de España, o corpo expedicionario inglés de Wellington obligará a Junot a capitular en Sintra o 30 de agosto de 1808 e a evacua-lo país. Os fracaso das ofensivas francesas de Soult no 1809 e de Masséna entre 1810 e 1811, marcarán o declive o imperio francés que se verá desfeito no 1816.
  • O 27 de novembro, despois de atravesar España cun exército de 28.000 homes para ocupar Portugal, o xeneral francés Jean-Andoche Junot entra en Lisboa e é recibido polo marqués de Abrantes, que preside o Consello de Rexencia nomeado polo fuxitivo príncipe Xoán. Queda recoñecida de feito a autoridade do invasor coma delegado persoal de Napoleón. Dende o peirao, todavía son visibles os barcos ingleses que se alexan dende o Texo, e no que se enbarcou cara Brasil a corte portuguesa; María I, a raíña Tola, marcha cara o exilio co seu fillo, o futuro rei Xoán VI, rexente por aquel entón ante a incapacidade da súa nai; os que son acompañados por unha nutrida representación da nobreza. Un mes antes, España e Francia asinaran o Tratado de Fontainebleau, polo que se acordaba a tripartición de Portugal: o infante de España reinaría o norte, Manuel Godoy sería o príncipe dos Algarves e o resto do territorio pasaría en poder da decisión de Napoleón unha vez que se rematara a guerra contra Gran Bretaña. Grazas o tratado, o exército napoleónico estaba autorizado a cruzar España. Tradicional a alianza con Inglaterra, a monarquía portuguesa resistíase a abandona-la súa neutralidade no conflito e acata-la esixencia de cerra-los portos os buques de bandeira inglesa, segundo dispuxera o emperador francés. Napoleón amenazóu con invadi-los países que se negaran a acepta-lo bloqueo continental imposto, e o reino de Portugal non sería unha excepción. Co Tratado de Fontainebleau, tiña aberto o camiño cara Lisboa. Trala fuxida a que seguiu a invasión, a corte portuguesa permanecería 14 anos en Río de Xaneiro e daría lugar o Imperio de Brasil.

Polonia

  • O 2 de xaneiro na cidade de Varsovia, o emperador Napoleón I, trala súa victoria sobre Prusia, entra fronte unha lexión de soldados polacos na cidade, onde é aclamado como heroe e libertador da poboación. O repartos realizados entre Rusia, Prusia e Austria nos anos 1772, 1793 e 1795, fixeron desaparece-lo estado polaco, e a emigración dunha grande cantidade de xente nas devanditas datas cara a Francia, pois semellaba para eles a salvación. Iniciada a guerra da cuarta coalición, Napoleón formou con eles unha lexión polaca, e tras derrotar a Prusia, adentrouse profundamente no territorio polaco. Meses máis tarde, despois do Tratado de Tilsit (ocorrido o 7 de xullo de 1807), formouse un novo estado polaco o que se lle chamou Gran Ducado de Varsovia, o cal, reagrupaba o maioría dos antigos territorios, salvo os conquistados por Rusia. O novo estado, o cal tamén se lle deu unha constitución, converteuse na realidade nun satélite de Francia, que Napoleón utilizaría contra Rusia, e contra o aliados desta; sería ampliado cos territorios austriacos trala Paz de Schönbrunn no ano 1809. No 1815 o Gran Ducado converteuse, grazas a un congreso feito na cidade de Viena, nun reino e mudou de nome polo de Polonia, estando baixo o dominio ruso.

Imperio Otomano

  • O 25 de maio o sultán Selim III é derrotado polos xenízaros (soldados da infantería convertidos en garda pretoriana do sultán). O estourido da revolta dos xenízaros prodúcese coma protesta pola imposición das medidas reformistas na administración (fiscal, na ensinanza), e no exército, onde se suprimen os feudos militares creando novos corpos de tropas. Selim III será executado no 1808, por orde do novo sultán imposto polo xenízaros, Mustafá IV, quen tamén se encarga de anula-las reformas.

América

  • O 3 de febreiro as tropas británicas ocupan a cidade brasileira de Montevideo (no Río de la Plata), despois dunha breve resistencia. A ocupación, que irá dende febreiro ata setembro, traerá a Montevideo novos conceptos comerciais e ideolóxicos; xunto coa aparición do seu primeiro xornal bilingüe "The Southern Star / La estrella del sur".
  • O 5 de xullo o pobo da cidade de Bos Aires (Arxentina) e parte da milicias criollas formadas ante a invasión, rechazan as tropas inglesas que avanzan polas rúas cara o forte, con fin de apoderarse da capital do virreinato. O 7 de xullo, o xeneral inglés John Whitelocke asinaba a paz, pola que se comprometía a devolve-la praza de Montevideo (tomada en febreiro) dende a que veu o ataque contra Bos Aires, e retira-las todas as súas forzas do Río de la Plata nun término de dous meses. Xa no ano 1806, en xuño tivo lugar a primeira invasión inglesa en Bos Aires. O almirante sir Home Popham inducira a aventura o xeneral Beresford, que con soo 1.600 homes tomou a cidade (que naquel momento tiña uns 50.000 habitantes), sen encontrar case nengunha oposición; mentres o virrei Sobremonte fuxía cara o interior sen intenta-la resistencia. Juan Martín de Pueyrredón dende San Isidro e o mariño francés Santiago Liniers dende Montevideo encargáronse de face-la reconquista. O primeiro (Pueyrredón) foi derrotado, pero Liniers, afincado dende facía tempo no virreinato e o mando das fragatas que protexían o río, desembarcou en San Fernando e, coa axuda dos habitantes consegue a redición de Beresford o 12 de agosto de 1806. Formaronse por aqueles tempos a milicias criollas coa finalidades de prevenir unha segunda invasión. Un cabildo aberto privou de mando militar o virrei, e outro cabildo aberto encargouse de destitui-lo no 1807. Cando os ingleses chegaron por segunda vez, os criollos de Bos Aires xa escomenzaran a tomar consciencia do seu poder.

Nacementos

  • - Andrés Rosales Muñoz, bispo español.

Mortes

  • 5 de febreiro - Pasquale Paoli, militar e patriota corso, o último que liberou Corsega e a dotou dunha constitución.
  • 11 de marzo - Anton Eberl, compositor austríaco.
  • 10 de maio - Jean Baptiste Rochambeau, militar francés.
  • 11 de xullo - George Atwood, matemático británico.
  • 27 de xullo - Pierre Marie Auguste Broussonet, médico e naturista francés.
  • 17 de agosto - Johannes Nikolaus Tetens, matemático alemán.
  • 9 de outubro - Gian Francesco Malfatti, matemático intaliano.
  • 30 de novembro - Antonio Vila Campos, bispo español.

Outros

Breves

Historia ano a ano