Diferenzas entre revisións de «Xunta Suprema do Reino de Galicia»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
better image
(better image)
[[Ficheiro:Cedulareinogaliza.jpg|thumb|dereita|250px|Escudo de armas do Reino de Galicia, na capa dunha ''Real Cédula'' de 1734.]]
[[Ficheiro:Mapa do Reino da Galiza (1773).jpg|thumb|dereita|250px|Mapa do Reino de Galicia (1773).]]
[[Ficheiro:FernandoFerdinand VII of Spain (1814) by Goya.jpg|thumb|250px|[[Fernando VII]], por [[Francisco de Goya]], ca. 1815.]]
 
A [[Idade Contemporánea]] ábrese en [[Galicia]] coa epopea da [[Guerra da Independencia española|Guerra da Independencia]], na que todo o país se converte nunha [[guerrilla]] contra o invasor francés. A [[Congregación|Igrexa]] entregouse en favor da loita; colgáronse hábitos e sotanas e empuñáronse as armas e, os clérigos que pola idade (ou pola súa pusalinimidade) quedaron na retagarda, a apoiaron desde púlpitos e confesionarios. Os [[Fidalguía|fidalgos]], que se consideraban señores naturais dos seus súbditos [[agricultura|campesiños]], en poucas ocasións como nesta puideron exercer un liderado que lles permitira consolidar o prestixio das familias: os [[pazo]]s foron cuarteis e almacéns onde os campesiños encontraban, desta vez, ''de todo'', desde armas e municións até prórrogas para o pagamento das rendas. A [[burguesía]] das cidades marírtimas, despois dunha inicial dúbida sobre que partido tomar, entregáronse igualmente á causa achegando diñeiro, enviado aos seus fillos ás escolas de cadetes e, sobre todo, asumindo (non desinteresadamente, é certo) as pesadas responsabilidades dunha [[burocracia]] militar e civil cada día máis complicada.
56

edicións

Menú de navegación