Xunta Suprema do Reino de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Engadín máis capítulos
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{en uso}}

[[Ficheiro:Cedulareinogaliza.jpg|thumb|dereita|250px|Escudo de armas do Reino de Galicia, na capa dunha ''Real Cédula'' de 1734.]]
[[Ficheiro:Cedulareinogaliza.jpg|thumb|dereita|250px|Escudo de armas do Reino de Galicia, na capa dunha ''Real Cédula'' de 1734.]]
[[Ficheiro:Mapa do Reino da Galiza (1773).jpg|thumb|dereita|250px|Mapa do Reino de Galicia (1773).]]
[[Ficheiro:Mapa do Reino da Galiza (1773).jpg|thumb|dereita|250px|Mapa do Reino de Galicia (1773).]]
Liña 171: Liña 173:
[[Ficheiro:La familia de Carlos IV.jpg|thumb|200px|''[[La familia de Carlos IV]]'' por [[Francisco de Goya|Goya]], 1800-1801. ([[Museo do Prado]]).]]
[[Ficheiro:La familia de Carlos IV.jpg|thumb|200px|''[[La familia de Carlos IV]]'' por [[Francisco de Goya|Goya]], 1800-1801. ([[Museo do Prado]]).]]
[[Ficheiro:Fernando de Borbón, príncipe de Asturias.jpg|thumb|200px|[[Fernando VII|Fernando de Borbón]], Príncipe de Asturias. Retratado por [[Goya]] (1800).]]
[[Ficheiro:Fernando de Borbón, príncipe de Asturias.jpg|thumb|200px|[[Fernando VII|Fernando de Borbón]], Príncipe de Asturias. Retratado por [[Goya]] (1800).]]
[[Ficheiro:MotíndeAranjuez(2006).JPG|thumb|200px|Escea do ''Motín de Aranjuez'' na representación do mesmo, co Palacio Real de fondo, celebrada o 11 de setembro de 2006.]]
[[Ficheiro:Napoleon in His Study.jpg|thumb|200px|[[Napoleón Bonaparte]] nas [[Tullerías]] (1810). Retratado por [[David]].]]
[[Ficheiro:Napoleon in His Study.jpg|thumb|200px|[[Napoleón Bonaparte]] nas [[Tullerías]] (1810). Retratado por [[David]].]]
[[Ficheiro:Don Francisco de Paula of Bourbon, Infante of Spain (1794-1865) by Vicente Lopez y Portaña.jpg|thumb|200px|O infante Francisco de Paula de Borbón (1794-1865), retratado por [[Vicente López]].]]
[[Ficheiro:Don Francisco de Paula of Bourbon, Infante of Spain (1794-1865) by Vicente Lopez y Portaña.jpg|thumb|200px|O infante Francisco de Paula de Borbón (1794-1865), retratado por [[Vicente López]].]]
[[Ficheiro:Murat2.jpg|thumb|200px|[[Xoaquín Murat]], Mariscal de Francia, Príncipe do Imperio, Gran Duque Berg, Rei de Nápoles en 1808. Retrato ca. 1808.]]+
[[Ficheiro:Murat2.jpg|thumb|200px|[[Xoaquín Murat]], Mariscal de Francia, Príncipe do Imperio, Gran Duque Berg, Rei de Nápoles en 1808. Retrato ca. 1808.]]
[[Ficheiro:Monumento a Daoiz y Velarde.jpg|thumb|200px|Monumento a Daoíz e Velarde na ''Plaza del Dos de Mayo'' de Madrid. O arco é a antiga porta do Cuartel de Monteleón.]]
[[Ficheiro:Monumento a Daoiz y Velarde.jpg|thumb|200px|Monumento a Daoíz e Velarde na ''Plaza del Dos de Mayo'' de Madrid. O arco é a antiga porta do Cuartel de Monteleón.]]
[[Ficheiro:Pedro Alcántara de Toledo y Salm-Salm.png|200px|thumb|Pedro de Alcántara Álvarez de Toledo y Salm-Salm, duque del Infantado e Presidente do Consello de Castilla (1808 - 1809).]]
[[Ficheiro:Palafox-goya.jpg|thumb|200px|O capitán xeneral José de Palafox, pintado por [[Goya]].]]
[[Ficheiro:Joseph-Bonaparte.jpg|thumb|200px|[[Xosé I de España|Xosé I]] Bonaparte, rei de España (1808-1813), retratado por François Gérard (ca. 1806).]]
[[Ficheiro:Count of Floridablanca by Goya.jpg|thumb|200px|[[José Moñino y Redondo]], I [[conde de Floridablanca]], Presidente da Xunta Central Suprema e Gobernativa do Reino (1808), retratado por [[Goya]] contra 1783.]]
[[Ficheiro:Carlota Joaquina.jpg|thumb|200px|A infanta Carlota Xoaquina de Borbón.]]


En [[1808]] un conxunto de circunstancias ocasionais crearon unha coxuntura favorábel para que un amplo sector da opinión se comprometese na loita polo poder, co obxectl de levar a cabo unha radical transformación dos supostos que servian de base á España do [[Antigo Réxime]]. O fin da etapa reformista dos [[Borbón]]s ilustrados [[Fernando VI de España|Fernando VI]] e [[Carlos III de España|Carlos III]]) foi o fin dunha grande ilusión que provocou unha frustración na conciencia nacional. A conciencia da crise do Antigo Réxime é un sentimento xeralizado na opinión que se fai pública, aínda que inicialmente non se formule como un proxecto [[Revolución|revolucionario]], senón como un programa de reformas. A partir de 1808, e en medio dunha terríbel guerra, especialmente destrutora pola natureza do seu plantexamento estratéxico, os poderes constituídos promoven, con relativa eficacia, o trunfo dos seus respectivos modelos de organización sociopolítica: os ''[[afrancesado]]s'', en cuxa fila militan algúns elementos de indudábel capacidade, non vacila en utilizar a posibilidade que [[Napoleón]] lles brinda para a realización dun programa de reformas que faga innecesaria a revolución. A guerra non lles permitiría poñer en práctica o seu programa e, cando chegou a paz, a súa colaboración co ''[[inimigo]]'' levaríaos ao desterro e o desprestixio social acompañaríaos de por vida polo seu colaboracionismo. Os ''[[liberalismo|liberais]]'', donos do poder en España nos seis anos que durou o coflito armado, non tiveron oportunidade máis que de promulgar as leis que desenvolvían os puntos básicos do seu programa, e aínda isto de foma incompleta.<ref>Artola, Miguel (1973): ''La burguesía revolucionaria (1808-1869)''. Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial/Alfaguara, pp. 7-8.</ref>
En [[1808]] un conxunto de circunstancias ocasionais crearon unha coxuntura favorábel para que un amplo sector da opinión se comprometese na loita polo poder, co obxectl de levar a cabo unha radical transformación dos supostos que servian de base á España do [[Antigo Réxime]]. O fin da etapa reformista dos [[Borbón]]s ilustrados [[Fernando VI de España|Fernando VI]] e [[Carlos III de España|Carlos III]]) foi o fin dunha grande ilusión que provocou unha frustración na conciencia nacional. A conciencia da crise do Antigo Réxime é un sentimento xeralizado na opinión que se fai pública, aínda que inicialmente non se formule como un proxecto [[Revolución|revolucionario]], senón como un programa de reformas. A partir de 1808, e en medio dunha terríbel guerra, especialmente destrutora pola natureza do seu plantexamento estratéxico, os poderes constituídos promoven, con relativa eficacia, o trunfo dos seus respectivos modelos de organización sociopolítica: os ''[[afrancesado]]s'', en cuxa fila militan algúns elementos de indudábel capacidade, non vacila en utilizar a posibilidade que [[Napoleón]] lles brinda para a realización dun programa de reformas que faga innecesaria a revolución. A guerra non lles permitiría poñer en práctica o seu programa e, cando chegou a paz, a súa colaboración co ''[[inimigo]]'' levaríaos ao desterro e o desprestixio social acompañaríaos de por vida polo seu colaboracionismo. Os ''[[liberalismo|liberais]]'', donos do poder en España nos seis anos que durou o coflito armado, non tiveron oportunidade máis que de promulgar as leis que desenvolvían os puntos básicos do seu programa, e aínda isto de foma incompleta.<ref>Artola, Miguel (1973): ''La burguesía revolucionaria (1808-1869)''. Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial/Alfaguara, pp. 7-8.</ref>
Liña 202: Liña 210:
Un pequeno grupo de persoas logrou impedir o intento, pero a intervención dun batallón da garda, que incluso utuilizou a súa artillaría contra os amotinados, desencadeou unha violenta reacción popular qeu se estendeu a toda a cidade. Os franceses foron atacados, e os madrileños, donos da rúa, trataron de ocupar as portas da cidade para pechalas ás forzas francesas acampadas a extramuros. [[Murat]] puido despregar as súas tropas, que atacaron aos paisanos. A [[Porta do Sol]] e o [[Cuartel de Monteleón|Parque de Monteleón]] concvertéronse nas horas seguintes nos centros dunha desesperada resistencia protgonozada por civís sen outras armas que as que lograron durante o combate, resitencia á que se sumaron unicamente os artilleiros do mesmo parque, no que morreron os capitáns [[Luis Daoíz]] e [[Pedro Velarde]] e o tenente [[Jacinto Ruiz]], mentres que as restantes forzas da gornición mantivérnose acuarteladas en cumprimento das ordes recibidas. A reacción dos soldados imperiais foi moi violenta, asasinado á xente a cegas, e a ela seguiu una sistemática represión ordeada por Murat.
Un pequeno grupo de persoas logrou impedir o intento, pero a intervención dun batallón da garda, que incluso utuilizou a súa artillaría contra os amotinados, desencadeou unha violenta reacción popular qeu se estendeu a toda a cidade. Os franceses foron atacados, e os madrileños, donos da rúa, trataron de ocupar as portas da cidade para pechalas ás forzas francesas acampadas a extramuros. [[Murat]] puido despregar as súas tropas, que atacaron aos paisanos. A [[Porta do Sol]] e o [[Cuartel de Monteleón|Parque de Monteleón]] concvertéronse nas horas seguintes nos centros dunha desesperada resistencia protgonozada por civís sen outras armas que as que lograron durante o combate, resitencia á que se sumaron unicamente os artilleiros do mesmo parque, no que morreron os capitáns [[Luis Daoíz]] e [[Pedro Velarde]] e o tenente [[Jacinto Ruiz]], mentres que as restantes forzas da gornición mantivérnose acuarteladas en cumprimento das ordes recibidas. A reacción dos soldados imperiais foi moi violenta, asasinado á xente a cegas, e a ela seguiu una sistemática represión ordeada por Murat.


A partir do 2 de maio, a Xunta de Goberno, titular do exercio da soberanía, recoñecida e obedecida como tal por todas as autoridades do país, entra en crise, e a dualidade de opoderes que coexistían desde a saída do momnarca foi liquidada polo duque de Berg, que aproveitou a situación para engadir á súa condición de lugartenente imperial a presidencia da propia Xunta, despois de enviar a Baiona ao infante presidente, co que reuniu na súa persoa a suprema autoridade sobre os españois e os frenceses ocupantes. As vacilacións da Xunta e o seu temolr a comprometerse cunha ibniciativa que desencadease a guerra, descualificouna aos ollos dos españois, que buscarían en autoridades de inferior nivel unha dirección disposta a levalos á loita contra os francerses.<ref>Artola, Miguel (1973): ''La burguesía revolucionaria (1808-1869)''. Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial/Alfaguara, pp. 9-11.</ref>
A partir do 2 de maio, a Xunta de Goberno, titular do exercio da soberanía, recoñecida e obedecida como tal por todas as autoridades do país, entra en crise, e a dualidade de opoderes que coexistían desde a saída do momnarca foi liquidada polo duque de Berg, que aproveitou a situación para engadir á súa condición de lugartenente imperial a presidencia da propia Xunta, despois de enviar a Baiona ao infante presidente, co que reuniu na súa persoa a suprema autoridade sobre os españois e os frenceses ocupantes. As vacilacións da Xunta e o seu temolr a comprometerse cunha ibniciativa que desencadease a guerra, descualificouna aos ollos dos españois, que buscarían en autoridades de inferior nivel unha dirección disposta a levalos á loita contra os franceses.<ref>Artola, Miguel (1973): ''La burguesía revolucionaria (1808-1869)''. Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial/Alfaguara, pp. 9-11.</ref>
===== A Xunta de Goberno, o ''Consejo de Castilla'', as Xuntas Supremas provinciais e a Xunta Central =====
===== O Consello de Castela e a Xunta de Goberno =====

O [[Consello de Castela]] convertérase, ao longo do [[século XVIII]], na peza clave do sistema institucionl español. O hispanista francés [[Desdevises Du Dézert]]<ref>Georges Desdevises Du Dézert (Lessay, Manche, Baixa Normandía, Francia 1854 - Chamalières, Puy-de-Dôme, Auvernia, Francia, 1942), foi un historiador, novelista, poeta e crítico literairio francés, prolífico autor duna vasta obra que abarcou multitude de asuntos. Doutor en dereito, as súas primeiras obra son asteses de licenciatura e doutoramento, pero non se dedicou a este oficio (acutou só unha vez nun tribunal de Caen, e como avogado de oficio). Tamén licenciado en Letras, foi prefesor de historia no ''lycée'' de Lorient en 1878, data que inicia unha brillante carreira no ensino que o leva a Le Mans, Tours, Rennes, de novo Caen e finalmente, en 1892, a Clermont-Ferrand. Na universidade desta última cidade foi decano da Facultade de Letras en 1907. A súa obra abarca aspectos relacionados coa Normandía, Auvernia e España e o mundo hispánico, tanto que o seu amigo Louis Bréhier dixo del que "este normando imbuíuse do espírito do seu país de adopción, de xeito que pode cicirse que, despois de España, é Auvernia quen ocupa máis lugar na súa obra".</ref> definiuno dicindo del que:
{{cita|''"Era simultaneamente un comité lexislativo, un consello político, o centro da adminisrtración e un alto tribunal de xustiza administrativa, civil e penal"''.<ref>Desdevises Du Dézert, Georges (1899): ''L’Espagne de l’ancien régime: les institutions''. Paris: Société française d'imprimerie et de librairie.</ref>}}
Sen a colaboración do Consello non era posíbel manexar a complicada engrenaxe da administración epañola. Pero a súa actuación nos meses críticos de maio-xuño, baixo a presidencia de Arias Mon y Velarde, limitouse, no exercicio das súas funcións gobernativas, ao mantemento da orde, pregándose no exercicio das súas funcións lexislativas, a dar forma legal á vontade das ordes dos invasores e da Xunta de Goberno. En ambos os casos o Consello buscaba desesperadamente, fonte ás medidas que se lle impoñen, librar a súa responsabilidade mediante protestas ''formais'', recorrendo noutros casos, a negar a súa competencia para tomar determinadas decisións. A súa manifesta colaboración cos invasores minará o seu prestixio, e a súa influencia, entre os partidarios de combater aos franceses, que cada díoa ían en aumento.<ref>Artola (1973), p. 12.</ref>

Ante a inacción do Consello de Castela que, por outra parte, andaba disperso, e da Xunta de Goberno, instituicións das que non se reciben nas provincias máis que recomnendacións pacifistas en lugar da esperada incitción á loita contra ''[[Francia|o francés]]'', correspondería ás Audiencias e aos Capitáns Xeneris, os seus presidentes (nas funcións gobernativas), o exercicio da ''soberanía'', da que non quixeran facerse cargo as instancias superiorers. Pero a resistencia destes a asumila (cuxa primeira manifestación debía ser a declaración de guerra a [[Napoleón]]) conduce á ruptura do vello sistema, para encher o baleiro de poder. Mesmo naqueles lugares onde non había unha presenza de franceses, como en [[Galicia]], as autoridades lexitimamente constituídas esforzáronse, con todos os medios ao seu alcance, en mater a orde pública e en evitar c alquera incidente que puidera ''incomodar'' aos invasores.

En contraste con esta política de apaciguamento xorde unha presión ''popular'' para que se declare a guerra ao invasor, sen ter en conta o desequlibrio que existía entre as forzas armadas de España e Francia. Esta orrente de opinión mobilizou a amplos sectores da poboación atñe o punto de aparecer como unánime fronte a posuición contemporizadora das autoridades. Estes movementos, para lograr impoñer a guerra, veríanse obrigados a adoptar procedementos insurreccionais, ''revolucionarios'', substituíndo as antigas autoridades por institucións cuxa única leximitidade era a vontade do pobo do que xorden.

A longa serie de alborotos e movementos, á vez patrióticos e insurreccionais, que teñen lugar en todo o país nos meses de maio e xuño, determinaron ujhn cambio radical na configuración do réxime, de tal xeito que ao final dun curto período de tan só cinco ou seis semanas non unha soa das autioridades lexítimas continuaba no exercicio do poder. Como consecuencia do levantamento das cidades, constituíronse en todas partes Xuntas que asumen o exercicio, sen limitacións, da soberanía. [[A Coruña]], [[Oviedo]], [[Valladolid]], [[Badajoz]], [[Sevilla]], [[Lleida|Lérida]] e [[Zaragoza]] foron o lugares nos que o levantamento desembocou na constitución de ''Xuntas Supremas provinciais'' que substiruíron ás antigas autoridades e promoveron a extensión do movemento a todas as outras cidades.

Así, nos primeiros días de xuño, a Península estaba gobernada da seguinte forma:
* Hai dous capitáns Xenerais, Cuesta (de Castela a Vella) e Palafox (Aragón), que de feito teñen todo o poder nos seus respectivos territorios. Tanto, que o propio Cuesta pretendeu ser nomeado rexente, o mesmo que o marqués de Lazán, irmán maior de [[José de Palafox|Palafox]].<ref>Frenández de Pinedo, E. ''et al.'' (1980): ''Centralismo, Ilustración y agonía de Antiguo Régimen (1715-1833)''. Vol. VII de: Manuel Tuñón de Lara (dir.) ''Historia de España''. Barcelona: Editorial Labor, p. 271.</ref>
* Trece ''Xuntas Supremas'', cada unha delas cunha dirección colexiada e, dependendo delas, unha restra de Xuntas de armamento e locais, que recoñecen a súa autoridade.
A antiga administración non existía ou, cando nalgures subsistira, quedara totalmente subordinada á autoridade da correpondente Xunta provincial ou local, que a ratificara pero recurtándolle as atribucións.<ref>Artola (1973), p. 13.</ref>

O carácter popular do levantamento fixo que as forzas que impuxeron a guerra víranse moitas veces na necesidade de recorrer a persoas de maior representación, máis ''coñecidas'', para formaren a xuntas que, en moitos casos, foron as mesmas autoridades derrocadas as que as integraran naquelas, aínda que, na súa nova función, actuaban non como axentes da coroa, senón como representantes do pobo.

O resultado máis importante que se derivou dos sucesos de maio-xuño foi a traslación do poder a mans de institucións xurdidas do levantamento popular, fenómeno acompañado do sentimento dunha asunción popular da soberanía, sentimento que se ve reflectido en todos os escritos do momento e que tería unha importantísima repercusión no inmediato plantexamento da organización política. Os textos ao respecto son explícitos e abundntes, pero baste co exemplo da actitude, e a linguaxe empregada, da Xunta Suprema de Galicia:

{{cita|''El Reyno por decreto del día de ayer, acordó, que como Potestad Suprema y Soberana, en representación de su Monarca el Señor Don Fernando VII, preso y detenido en Francia, se le dé el tratamiento de ''Alteza'': Lo que avisa á V.S. para su noticia, y que comunique esta resolución a quien corresponda.|Reyno de Galicia 21 de Junio de 1808.<ref>Barreiro (1983), p. 51.</ref>}}

===== A Xunta de Goberno e Xuntas Supremas provinciais =====

A necesidade de coordinar o esforzo bélico (e tamén a conciencia da unidade nacional) conduciron á creación sun ''goberno central'' nun prazo excepcionalmente breve, especialmente tendo en conta os medios de comunicación da época, e tamén o pluralismo de poderes que existía. As Xuntas provinciais promoveron, mediante iniciativas desordenadas pero converxentes, a formación dun goberno nacional, cuxa constitución se produciu en pouco más de tres meses. A unanimidade en canto á neceside dun goberno central trocábase nunha pluralidade de opinións, difíciles de harmonizar, á hora de determinar a súa composición e mais as súas competencias. As pronicpais alternativas eran tres:
* os partidarios do establecemento dunha rexencia;
* os partidarios de unir nun só corpo de goberno ás vellas e ás novas autoridades, e
* os máis radicais, que se negaban a entregar o poder aos que mostraran, no momento da invasión, unha debilidade que consideraban delito de lesa patria.
Finalmente triunfou o criterio, intermedio, da Xunta de [[Sevilla]], favorábel a delegar o poder en mans de representantes elixidos polas Xuntas, aceptándose a proposta da de [[Granada, España|Granada]] de que fosen dous por cada unha delas. Os delegados procedentes do sur, sen esperar aos que procedían do máis afastado norte chegaran, decidiron constituírse en ''Xunta Central'' (o seu nome oficial e completo era ''Xunta Central Suprema e Gobernativa do Reino'') o [[21 de setembro]] de [[1808]]. A Xunta Central, á marxe das funcións de gorberno, promoveu a reunión de Cortas (que serían as famosas [[Cortes de Cádiz]]), tolerou unha moi ampla liberdade de imprenta e levou a cabo unha consulta ao pañis, que favorceu a exoplictación de toda clase de demandas.<ref>Artola (1973), pp. 14-15.</ref>

===== A Xunta Central =====

A Xunta Central era o único órgano de goberno supremo de España, pois a monarquía non existía ''de facto'' dado que os patriotas non aceptaban a [[Xosé I de España|Xosé I]] (proclamado polo seu irmán Napoleón como rei de España en xullo de 1801), e as vellas autoridades, como o Consello de Catilla, andaban dispersas. A composición da Xunta axuda a comprendr a súa política. Presidíaa o [[conde de Floridablanca]], un vello inimigo da [[Revolución francesa]]. A súa elección seguramente debíase ao feito de que fora a Xunta de [[Murcia]] a primeira en pedir (en xullo de 1808) a constitución da Central.<ref>[http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/01383853100359730756024/p0000001.htm#I_1_ Instrucciones del Conde de Floridablanca a la Junta de Murcia, para la erección de la Suprema Central del Reino]. Murcia, 19 de agosto de 1808.</ref> Antano reformista, os sucesos da Revolución francesa fixeron que cambiara de forma radical o seu punto de vista político, converténdose nun reaccionario. Tras o levantamiento contra los franceses, José Moñino organizou a Xunta Suprema de Murcia, apoiando a candidatura da infanta [[Carlota Xoaquina de Borbón]] á rexencia.<ref>Etchepareborda, Roberto (1972): ''Qué fue el carlotismo''. Buenos Aires: Ed. Plus Ultra.</ref> <ref>Carlota Xoaquina Tereas de Borbón e Borbón-Parma (25 de abril de 1775 – 7 de xaneiro de 1830), infanta de España, era a filla primoxénita do rei Carlos IV. Con apenas dez anos de idade foi obrigada a casar co príncipe Xoán de Braganza(futuro Xoan VI de Portugal), segundo fillo de María. En 1808 Xoán VI dispuxo a fuxida, rumbo a Brasil, da familia real portuguesa, e entre 1808 e 1812, Carlota Xoaquina pretendeu reemprazar ao seu irmán Fernando VII como rexente de España en tanto durara a prisión deste e a usurpación do trono español por parte de Xosé Bonaparte. Alegaba Carlota ser a única integrante da familia de Carlos IV que non estaba apresada polos franceses. A súa cercanía ao vicerreinado do Río da Prata provocou a creación dun ''partido carlotista'' en Buenos Aires, que pretendía valerse de Carlota Xoaquina para conseguir a independencia do territorio do Río da Prata. En efecto, Carlota aspiraba tamén a aproveitar a invasión napoleónica de España para asegurarse un trono para si mesma en América do Sur. A interferencia da diplomacia británica e a política expansionista do seu esposo fixeron fracasar o proxecto. Xoán VI determinou que, se a súa esposa era proclamada rexente de España, entón o propio rei portugués tería dereitos sobre o Vicerreinado do Río da Prata como esposo da rexente. Esta insinuación de Xoán VI fixo que o plan perdera todo apoio en Buenos Aires, onde non se desexaba caer baixo dominio portugués. Por outra parte, a ocupación francesa en España facía que Gran Bretaña rexeitara a existencia dunha rexente española en Buenos Aires.</ref>

Inicialmente a Xunta Central estaba fomada por 24 membros, que posteriormente pasarían a ser 35. Entre eles había tres ex ministros (Floridablanca, Jovellanos e Valdés), cinco [[Grandeza de España|grandes de España]], tres marqueses, catro condes, dous xenerais, cinco altos funcionarios, catro membros do alto clero e só dous representantes do que puideramos chamar [[burguesía]].<ref>Baugmarten, Herman (1868-1871): ''Gechichte Spaniens zur Zeit der französischen Revolution bis auf unsere Tage''. Leipzig: Hirzel, 3 partes en 4 vols. en p. 312.</ref>


A Xunta tomou o título de ''Maxestade'' o que, coa súa mera formulación, saíu ao paso das abmbicións dalgúns memobros da familia real, como o citado da infanta Carlota. Pero, illada en Aranjuez, sen contacto co pobo ou, —o que é máis probábel— respondendo á formación tradicional dos seus membros, cometeu o erro de volver a convocar ao Consello de Castilla, reucitando así no órgano prerrevolucionario o máximo inimigo da súa propia significación. Foi este un dos primeiros e máis graves erros deste corpo político que, porén, subsistiu a paesar don manexos do Consello, a pesar de que os aliados ingleses presionaban a favor dunha autoridade más expeditiva.<ref> Frenández de Pinedo, E. et al. (1980), p. 271.</ref>


== O levantamento de Galicia ==
== O levantamento de Galicia ==

Revisión como estaba o 12 de abril de 2012 ás 00:29

Escudo de armas do Reino de Galicia, na capa dunha Real Cédula de 1734.
Mapa do Reino de Galicia (1773).
Fernando VII, por Francisco de Goya, ca. 1815.

A Idade Contemporánea ábrese en Galicia coa epopea da Guerra da Independencia, na que todo o país se converte nunha guerrilla contra o invasor francés. A Igrexa entregouse en favor da loita; colgáronse hábitos e sotanas e empuñáronse as armas e, os clérigos que pola idade (ou pola súa pusalinimidade) quedaron na retagarda, a apoiaron desde púlpitos e confesionarios. Os fidalgos, que se consideraban señores naturais dos seus súbditos campesiños, en poucas ocasións como nesta puideron exercer un liderado que lles permitira consolidar o prestixio das familias: os pazos foron cuarteis e almacéns onde os campesiños encontraban, desta vez, de todo, desde armas e municións até prórrogas para o pagamento das rendas. A burguesía das cidades marírtimas, despois dunha inicial dúbida sobre que partido tomar, entregáronse igualmente á causa achegando diñeiro, enviado aos seus fillos ás escolas de cadetes e, sobre todo, asumindo (non desinteresadamente, é certo) as pesadas responsabilidades dunha burocracia militar e civil cada día máis complicada.

Todos colaboraron eficazmente. Pero, sobre todo, alí estaba, en primeira liña, o campesiñado (a maioría da poboación). Quizais desde a Gran Guerra Irmandiña nunca o campesiñado galego se entregara tan vehementemente a unha cuasa como nesta ocasión. A guerra foi, pois, unha epopea popular.

A cidade da Coruña foi, en maio de 1808, a primeira que se levantou en armas contra os franceses, cando os alarmantes rumores sobre a entrega das autoridades, e por tanto do país, a Napoleón inquietaron á poboación. Pouco despois ázase a de Santiago e, a continuación, todas as demais cidades e vilas seguen o exemplo das dúas prinicpais urbes galegas, formando Xuntas de goberno que, a intancias da da Coruña, acabaron confluíndo e integrando a Xunta Suprema do Reino de Galicia que actuou, durante menos de un ano, a penas seis meses, como soberana xa que, imposibilitado Fernando VII, preso y cautivo en Francia, actuou, no seu nome, como o goberno dun reino independente.

Antecedentes

Articulación do poder político en Galicia a comezos do século XIX

A comezos do século XIX en Galicia, como no resto de España, o poder político, é dicir, o control inmediato dos órganos de decisión política, estaba en mans das dúas clases que tiñan o poder económico e social: a nobreza e o alto clero. Consolidárase, aparentemente, un equilibrio social formado por dous grandes bloques: o das élites ou perdceptores de rendas e dereitos (nobreza e alto clero) e o dos produtores. Unha fina tea separaba aos campesiños ricos dos fidalgos, que formaban o primeiro chanzo da escalala nobiliaria. Algúns (poucos) dos primeiros, valéndose de medios legais (comprando a cédula de fidalguía, gañándoa por servizos prestados nas guerras, etc.) ou ilegais (prescrición dun suposto título, falsificación de árbores xenelóxicas, etc.) conseguñían traspasar a fronteira legal instalándose na clase superior. Así mesmo algúns burgueses, chegados de fóra de Galicia no século XVIII, procuraron demostrar a súa fidalguía e, deste xeito, acomodarse socialmente no bloque superior. Mentres isto funcionou, o sistema mantívose, e o equlibrio social parecía consolidado. Pero todo isto sería ameazado a partir de 1808. O equlibrio, aparentemente ben consolidado, rompeu.[1]

A administración do Reino de Galicia

O Reino de Galicia

Artigo principal: Reino de Galicia.

A principios do século XIX Castela, dentro da monarquía española, compoñíase de 18 provincias (Ávila, Burgos, Cuenca, Estremadura, Guadalaxara, León, Madrid, La Mancha, Nuevas Poblaciones de Andalucía y Sierra Morena,[2] Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Toro, Valladolid, Zamora e Illas Canarias), 6 reinos (Córdoba, Galicia, Granada, Xaén, Murcia e Sevilla) e un principado (Asturias).

Aínda que Galicia ostentaba o título de reino, en realidade (o mesmo que os outros reinos) non eram, administrativamente, senón unha provincia máis no conxunto de castela, e do Estado. O profesor Barreiro Fernández escribiu:

A partir de los Reyes Católicos la historia de Galicia pierde los caracteres de originalidad y tipicidad que la habían distinguido. A la idea de reino de Galicia sucede la praxis de una gran provincia gallega. No es que se dejara de usar la expresión "Reino de Galicia", posiblemente nunxca se hizo un uso tan abundante de esta expresión como signo de esa especie de ferderalismo hispánico impuestop por los Reyes Católicos. Lo que sucede es que Galicia, como Asturias, León, Extremadura o Andalucía, respirarán ya para siempre al ritmo de los pulmones de Castilla.[3]

O Reino de Galicia estaba dividido en 7 provincias, aínda que cómpre entender que estas provincias non eran tales, senón as 7 cidades que tiñan representación na Xunta do Reino e ás que se lles atribuía a representación dun territorio, pero nas súas capitais non había ningún órgano de goberno propiamente dito, nin gobernadores nin intendentes; o único Gobernador ou Intendente residía na cidade da Coruña.

Os catro reinos de Andalucía e as Nuevas Poblaciones de Andalucía y Sierra Morena (en cor verde clara).
As provincias do Reino de Galicia
e a súa extensión territorial
[4]
Provincia Extensión (km2)
Betanzos 2.433
Coruña 768
Lugo 8.220
Mondoñedo 2.021
Ourense 7.505
Santiago 7.020
Tui 1.656

Estas cidades eran, como vemos, as cinco sedes episcopais, e mais A Coruña e Betanzos por seren cidades de reguengo, ben situadas xeograficamente e importantes pola súa poboación e recursos.[5]

A presenza do poder central en Galicia

A articulación política do Reino de Galicia facíase en dous niveis: no nivel superior estaban os organismos que representaban ao poder real ou central, por debaixo do cal situábanse aqueles que, dalgunha maneira, querían represntar os intereses do país.

O Gobernador de Galicia

Desde o ano 1480, en que chegou o primeiro gobernador (Fernando de Acuña), até 1834, no que Galicia foi dividida nas actuiais 4 provincias, o noso país estivo sempre rexida por un Gobernador que, o mesmo tempo, era o Capitán Xeneral e mais o Presidente da Real Audiencia. Esta acumulación de poderes non era meramente honorífica, xa que ...los Capitanes Generales Presidentes de la Real Audiencia pueden llamar y hacer comparecer a los corregidores, alcaldes mayores y demás jueces y ministros e justicia, tanto para instruirse como para corregirles, amonestarles sobre cualquier punto o negocio que importe al Real Servicio y bien del público.[6] o que implicaba unha concepción do poder que podemos cualificar de vicerreinal: o Gobernador resumía todos os poderes e, nese sentido, era un delegado rexio ou vierrei. En 1808, cando se produciu a crise institucional do Estado o Gobernador de Galicia era Francisco de Biedma. Ao facerse co poder real a Xunta Suprema nomeou sucesivamente a varios capitán xenerais, como veremos, pero despoxados xa na práctica dos poderes civís, que asumira a Xunta.[7]

O emprego de Capitán Xeneral aparecera en España durante o século XVI, e tiña funcións tanto militares como de goberno. Desde o comenzo da época borbónica (1711), instituiuse, por mandato do rei Filipe V, e debido á supresión dos vicerreinos da Coroa de Aragón a nova fugura como Xefe do Exército e Presidente da Audiencia. Coa reforma administrativa de 1835, e debido á redistribución do territorio en provincias, a cuxa fronte estaban funcionarios civís, o Capitán Xeneral perdeu as funciónes gobernativas e quedou como mando supremo dunha rexión militar. Este grao era temporal e o seu titular (un Tenente Xeneral) deixaba de selo ao cesar no puesto. O cargo desapareceu do escalafón activo ao mesmo tiempo que as Capitanías Xeneries o ano 2002. Acutalmente a única persoa que ostenta o título é o rei de España.[8]

A Real Audiencia

En palabras do P. Mariana as Audiencias eran "una suprema autoridad a propósito de reprimir las gentes, de suyo prestas a las manos y mover bullicios sin hacer caso de las leyes ni de los jueces ordinarios". Pero na mente dos reis, as Audiencias foron moito máis que iso.

Estatua do Marqués de Sargadelos diante da súa casa en Ribadeo.

Eran organismos de contro social, xa que as súas funcións non se circunscribían ao ámbito xudicial, tiñan capacidade para tomar e comisar fortalezas, para velar pola seguridade pública, para prender delincuentes, para cuestións de moeda, de camiños, do estado dos cárceres e outros asuntos, á parte das estritamente procesais. Co paso do tempo foron ampliando os seus efectivos, oidores, escribáns e avogados.

A de Galicia seviu á nobreza non só en canto que foi peza apetecida para situar alí aos seus membros, senón tamén porque os seus informes e as súas sentenzas procuraban favorecer os seus intereses. Ás veces de forma escandalosa, como cando os veciños dos arredores da fábrica de Sargadelos, ao pouco da súa fundación en 1798 (o 2 de febreiro de 1809), amotináronse contra a industria dirixidos polos curas e fidalgos da zona, destruíndo as instalacións e ocasionando varios mortos. A Audiencia, en lugar de reprimir severamente aos amotinados, procurou que a Xunta, e incluso o Cosello de Castela, e o mesmo rei, os amnistiaran (cómpre recordar que o señor marqués era un afranncesado)[9]

Os Intendentes do Reino

Na época de Filipe V instituíuse a Real Intendencia. Para afrontar a situación económica que experimentaba o Imperio español a inicios do século XVIII, o rei solicitou asesoría a Francia, que enviou a Juan Bautista Orry, o que recomendou, entre outras medidas, a aplicación do réxime francés de intendencias en España. Despois dalgúns estudos, decidiuse introducir o sistema, destinando a estes novos funcionarios, os intendentes, nun primeiro momento, á administración financeira do exército, debido a que o país se encontraba inmerso na Guerra de Sucesión Española. Os primeiros intendentes remóntanse a 1711. Primeiro se nomearon varios funcionarios co cargo de superintendente xeral do exército, para a suxeición dos territorios conquistados tanto no concernente ao exército como á facenda e gasto público. Debido ao éxito alcanzado, considerouse entón outorgarlles zonas territoriais, denominadas intendencias.

O intendente era un funcionario designado polo rei e dependente del, que gozaba de amplos poderes e tiña como misión a recadación de tributos e a dinamización económica, a través do control das autoridades locais, o coidado das Reales Fábricas, o impulso do desenvolvento da agricultura e a gandería, a realización de mapas e censos, o mantemento do urbanismo, etc. Esta figura posuía un sentido centralizador e absolutista, propio das Reformas da administración introducidas polos Borbóns. En 1718, coa "Ordenanza de Intendentes de ejército y provincia" [10] de 4 de xullo daquel ano, regúlase o seu ámbito xurisdicional, converténdose en intendentes de exército e provincia que, en ocasións, actuaron só no ámbito civil como intendente de provincia, outorgándoselles competencias en materia de xustiza, facenda, guerra e policía.[11] Con posterioridade, fóronselle engadindo facultades no ámbito económico (agricultura, comercio, industria, transportes) e ás veces acumulaban o cargo de corrixidor na cidade capital da súa provincia (intendente corrixidor). Por exemplo, foi a Intendencia a que interviu e mediou no pleito provocado nas rías galegas pola introdución de novos aparellos de pesca por parte dos fomentadores cataláns.[12]

En 1749, o rei Fernando VI reordeou o sistema con unha intendencia por provincia, xunto co corriximiento da capital (cargos que volveron a separarse en 1766). Cada intendente estaba auxiliado por un tenente letrado ou alcalde maior subordinados, ou ás veces dous, para o exercicio das funcións xudiciais.

En moitas ocasións aos intendentes encargábanselles comisións especiais para interviren en cuestións de contrabando, co que co tempo este asunto quedou como propio do Intendente. Así mesmo, a Intendencia foi comisionada para aprehensións de desertores e vagabundos (que eran destinados forzosos á Mariña), para que fixeran presión sobre os renuentes a pagar as contribucións, etc. Finalmente, en tempos de Carlos III, encargóuselle tamén o referente a Correos, Camiños e Portos.

Debido a tan amplas atribucións, ás veces mesmo mal definidas, orixinábase frecuentes conflitos co Gobernador, a real Audiencia e incluso coas xustizas dos señoríos e cos corrixidores. Para exercer tan vasta xurisdición, a Intendencia tiña os seus propios tribunais, como se desprende da Instrucción para el Método y Gobierno de las dependencias Judiciales del Tribunal de la Intendencia del Reino de Galicia, publicada en Santiago en 1739.[13]

Os corrixidores

Os corrixidores eran funcionarios reais, instituídos en Castella por Henrique III, que representaban á autoridade real nos municipios, xestionaban o seu desenvolvemento económico e administrativo, presidían os concellos, dando validez ás súas decisións, e eran xuíces en primeira ou segunda instancia.[14] Os Reis Católicos, no seu afán por uniformizar a administración de Castela, mandaron corrixidores ás prinicpais cidade do Reino. Desta forma a institución do corrixidor converteuse, teoricamente, nunha peza fundamental dol centralismo da monarquía absoluta. Pero só teoricamente porque, como veremos, o feito de que estes postos estiveran ocupados por membros da nobraza local, convertíaos en instrumentos moi apropiados para exercer o poder sobra a terra, mantendo unha política que non coincidía necesariamente coa política central.[15]

Crise política

Artigo principal: Crise do Antigo Réxime.

O pensamento ilustrado en Galicia

Artigo principal: A Ilustración.
Véxase tamén: A Ilustración en Galicia.
Frei Martín Sarmiento.

Os ilustrados galegos fixeran unha análise suficientemente correcta das causas que impedían o desenvolvemento económico e social de Galicia que fose paralelo ao que estaban experimentando outros países. Ao lado desta análise presentaban, polo xeral, unhas solucións que, en principio, non cuestionaban a estrutura económico-social do país; así, estimaban que o clero e a nobreza deberían seguir sendo as clases que o vertebraran socialmente, e non poñían en xuízo, en xeral, o sistema de Señorío, nin o foro como fórmula de tenenza da terra.

Aínda que había un sector máis crítico que, nos seus plantexamentos, se aproximaba a unha solución reviolucionaria, polo xeral hai que dicir que o pensamento ilustrado galego, que contaba nas súas filas con intelectuais como Sarmiento, Lucas Labrada, Luis Marcelino Pereira,[16] Juan Francisco de Castro,[17] [18] Cornide e o cóengo Pedro Antonio Sánchez Vaamonde,[19] entre outros, unicamente procuraba eliminar os obstáculos que dificultaban que se cumpriran as leis económicas, como os excesivos impostos, as trabas á circulación de mercadorías, etc., pero sen ofreceren un programa total de solucións que apuntran a un novo equilibrio de poderes.

Os liberais galegos

5 de maio de 1789
Inauguración dos Estados Xenerais en Versalles.
Toma da Bastilla, cadro de Jean-Pierre Houel (1735-1813).
Patente de Luis XVI na que se promulgou a Declaración dos Dereitos do Home e o Cidadán.
Artigo principal: Liberalismo.

No período que vai de 1789, ano no quen suceden importantísimos acontecementos para a historia:

e o de 1808 (comezo de Guerra da Independencia española), formáronse en Galicia diversos grupos de intelectuais que estaban xa moi afastados dos plantexamentos moderados dos ilustrados e que apuntaban cara a solucións radicais. Ao país, pensaban, non había que reformalo, senón cambialo. Eran os liberais, que se manterían un pouco na sombra até 1808 en que, a convulsión sufrida por España coa invasión francesa e a aparción da liberdade de prensa, permitiríalles presentarse e facer campaña das súas ideas.

Razóns inmediatas da aparición deste grupo

A aparición desta xeración de intelectuais e políticos liberais non foi, evidentemente, casual; tivo que ver cos progresos esperimentados pola economía europea no último terzo do século XVIII. Unha sociedade que se preocupa das ideas de liberdade, igualdade e democracia revela que ten resolvidos, polo menos en determinadas capas sociais, os problemas económicos máis urxentes.

En Galicia vislúmbranse unha serie de datos que indican que se estaba experimentando unha certa reactivación económica a finais do século. Os indicadores más destacados eran os seguintes:

  • Xeralización do cultivo do millo, o que permitiu un incremento da actividade gandeira e unha elevación da dieta alimentaria o que, como consecuencia inmedita, supuxo un aumento da poboación.
  • Xeralizción do cultivo da pataca, até o punto de que Lucas Labrada puido escribir que, en 1804 as patacas prtoducíanse en todas as comarcas de Galicia.[20]
  • Asociación de novos cultivos, como o dos feixóns (ou fabas) co millo, sen cansanzo excesivo da terra.[21]
  • Aumento da supreficie cultivada nunhas 200.000 Ha.[22]
  • Crecemento espectacular dos rendementos agrícolas até o punto de que, nalgunhas comarcas de clima privilexiado, como o Salnés, alcanzaríanse a finais do século XVIII cotas de produción non igualadas en todo o século XIX.[23]
  • Coxuntura favorábel dos prezos, que beneficiaría non só ás clases rentistas, senón tamén ao campesiñado posuidor de terras grazas á introdución dos novos cultivos, a extensión do campo cultivado e o incremento da produción gandeira.
  • Resposta favorábel da poboación, xa que este proceso de crecemento económico foi posíbel tamén, en boa parte, grazas á acumulación do esforzo.[24]
Novos cultivos, importados de América, que impulsaron o desenvolvemento económico de Galicia
na segunda metade do século XVIII
(1)
(1) Nota: Para coñecer a importancia socioeconómica destes cultivos, véxase Pataca, Millo e Feixón.
Prncipais grupos e liberais de Galicia antes de 1808
Entrada do Colexio de San Xerome, un dos lugares onde se reunían os liberais santiagueses. (Hoxe sede do reitorado da Universidade).

Na Universidade de Santiago formaríase un grupo en torno a Bazán de Mendoza e González Varela, ambos o dous catedráticos desta universidade, e constituído, entre outros, por Sánchez Boado, Patiño, Bedoya e outros. Este grupo, apoiado por algúns clérigos como Manuel Acuña e Malvar, sobriño do arcebispo Malvar,[25] polo párroco de Bastavales, Francisco Vázquez Aguiar,[26] polo profesor da universidade Regueiro Vázquez, polo impresor Rey, o atrabiliario Fandiño, etc., formría en Santiago unha especie de club que se reunñia secretamente en lugares escollidos, como os aposentos do bibliotecario da universidade, que comunicaba coa sala de Libros prohibidos na que todos eles pasarobn moitas horas lendo e discutindo as obras máis recentes, ou nos aposentos do vicerreitor do Colexio de San Xerome, Gonzalo Varela. Este club foi sistematicamente persguido polo arcebispo Múzquiz que, no ano 1803, acusou a varios sacerdotes deste grupo e desterrou a Acuña e Malvar a Aniago (Valladolid), e pola Inquisición, que actuaba especialmente no campo das lecturas.[27]

Moi distinto era o grupo liberal da Coruña, que estaba folrmado fundamentalmente por burgueses de foruna consolidada, como de Llano, Marcial del Adalid ou Juan Antonio de la Vega Rumeu. Este sector orientouse más decididamente cara ao campo da economía. Cunha gran visión de futuro, rodeáronse de intelectuais como Lucas labrada, o profesor Vega, que fora expulsado da cáteda de física da universidade polas súas ideas avanzadas, Pedro Bermúdez del Villar, e outros, que os asesoraban, e que en 1808 aparecían formandoun bloque liberal moi ben constituído.

Fóra da Coruña e Santiago só cómpre resaltar un pequeno grupo localizado en Vigo en torno a Manuel Llorente Pastor, importante burgués co que se reunían o médico Ricardo Bermúdez, o avogado Manuel Rodal, o Marqués de Valladares (Francisco Javier Enríquez y Sarmiento de Valladares) e algúns máis.

As ideas de reforma

Os liberais galegos non podían, nesa altura, expresar as súas ideas. A Inquisición galega, aínda que non se excedeu, en xeral, perseguindo ás persoas, si que tiña un coidado especial en perseguir as ideas, especialmente no seo de Universidade de Santiago. Pero cando en 1808 s decreta a liberdade de prensa, a oculta ideoloxía desbordouse, o que indica o ben prfeparados que estaban desde había tempo. Eles mesmos deixaron dito cales eran as súa lecturas preferidas: Adam Smith foi o economista máis citado e, en política, Locke, Rousseau, Condillac, Malebranche e Montesquieu.

de acordo co pensamento daquela máis avanzado en Europa, os liberais galegos plantexaban unh reforma estrutural da sociedade en base aos seguintes principios:

  • Sobernía nacional, como resultado da teoría do contrato social (ou contratualismo), que estimaban que era a única que podía explicar adecuadamente a orixe da sociedade.
  • Como consecuencia da soberanía nacional, sepración de poderes e constitución duna Asemblea de represntación directa, que lexislaría en nome da nación.
  • Sometemento, por conseguinte, do soberano, que sería despoxado dos seus atributos de poder absoluto, á Constitución, que sería a garantía dos dereitos dos cidadáns.
  • Redución, ou incluso supresión, da Nobreza, eliminnto para iso a súa base económica: Señoríos e lei de vinculación.
  • Redución do clero á orde estritamente espiritual, mediante a necesaria separación das xurisdicións civil (de competencia exclusiva do Estado) e a eclesiástica.
  • Nova organización territorial ou modelo de Estado, dividindo este en provincias, estas en distritos e estes, á súa vez, en concellos, de forma que se desbloqueara o sistema tradicional de compartimentación en razón dos Señoríos, e todo isto co claro obxectivo de poñer as bases para consguir un mercado unificado que favorcera á clase social que quería substituír aom clero e á nobreza na dirección de España: a burguesía.[28]

O proceso revolucionario en España

La familia de Carlos IV por Goya, 1800-1801. (Museo do Prado).
Fernando de Borbón, Príncipe de Asturias. Retratado por Goya (1800).
Escea do Motín de Aranjuez na representación do mesmo, co Palacio Real de fondo, celebrada o 11 de setembro de 2006.
Napoleón Bonaparte nas Tullerías (1810). Retratado por David.
O infante Francisco de Paula de Borbón (1794-1865), retratado por Vicente López.
Xoaquín Murat, Mariscal de Francia, Príncipe do Imperio, Gran Duque Berg, Rei de Nápoles en 1808. Retrato ca. 1808.
Monumento a Daoíz e Velarde na Plaza del Dos de Mayo de Madrid. O arco é a antiga porta do Cuartel de Monteleón.
Pedro de Alcántara Álvarez de Toledo y Salm-Salm, duque del Infantado e Presidente do Consello de Castilla (1808 - 1809).
O capitán xeneral José de Palafox, pintado por Goya.
Xosé I Bonaparte, rei de España (1808-1813), retratado por François Gérard (ca. 1806).
Ficheiro:Count of Floridablanca by Goya.jpg
José Moñino y Redondo, I conde de Floridablanca, Presidente da Xunta Central Suprema e Gobernativa do Reino (1808), retratado por Goya contra 1783.
A infanta Carlota Xoaquina de Borbón.

En 1808 un conxunto de circunstancias ocasionais crearon unha coxuntura favorábel para que un amplo sector da opinión se comprometese na loita polo poder, co obxectl de levar a cabo unha radical transformación dos supostos que servian de base á España do Antigo Réxime. O fin da etapa reformista dos Borbóns ilustrados Fernando VI e Carlos III) foi o fin dunha grande ilusión que provocou unha frustración na conciencia nacional. A conciencia da crise do Antigo Réxime é un sentimento xeralizado na opinión que se fai pública, aínda que inicialmente non se formule como un proxecto revolucionario, senón como un programa de reformas. A partir de 1808, e en medio dunha terríbel guerra, especialmente destrutora pola natureza do seu plantexamento estratéxico, os poderes constituídos promoven, con relativa eficacia, o trunfo dos seus respectivos modelos de organización sociopolítica: os afrancesados, en cuxa fila militan algúns elementos de indudábel capacidade, non vacila en utilizar a posibilidade que Napoleón lles brinda para a realización dun programa de reformas que faga innecesaria a revolución. A guerra non lles permitiría poñer en práctica o seu programa e, cando chegou a paz, a súa colaboración co inimigo levaríaos ao desterro e o desprestixio social acompañaríaos de por vida polo seu colaboracionismo. Os liberais, donos do poder en España nos seis anos que durou o coflito armado, non tiveron oportunidade máis que de promulgar as leis que desenvolvían os puntos básicos do seu programa, e aínda isto de foma incompleta.[29]

En todo proceso revolucionario cabe distinguir tres actividades fundamentais: as que apuntan á conquista do poder, as destinadas a cear un novo réxime e as que tenden a configuarar a sociedade sobre bases teóricas distintas das vixentes.

O primeiro destes fenómenos iníciase en España coa formación das Xuntas Provinciais en 1808, aínda que non desenvolvería as súas posibilidades até a reunión das Cortes de Cádiz dous anos despois. A constitución dun poder revolucionario implica a simultánea desaparición do poder constituído. En España o motín de Aranjuez e as abdicacións de Baiona son os elementos decisivos na crise da monarquía, en tanto que a pasividade das autoridades ante a presenza dos franceses o son da do goberno. O baleiro de poder resultante facilitaría as iniciativas das autoridades inferiores (como a do bando do acalde de Móstoles) e a constitución de institucións inéditas —as Xuntas Provinciais, a Xunta Central— que non vacilarían en asumilo con todas as responsabilidades que implicaba e, unha vez conseguido, negaríanse a devolvelo aos seus antigos titulares.

O motín de Aranjuez
Artigo principal: Motín de Aranjuez.

O motín de Aranjuez, cuxo desenvolvemento transcorreu entre a noite do 17 e a tarde do 19 marzo de 1808, foi a culminación da política persoal do príncipe de Asturias quen, mercede a unha revolta mas rúas, que fora o resultado dunha conspiración, lograría forzar a man do vello monarca, ao que pon en transo de abdicar. O preocedemento, por moi popular que fose o novo rei e calquera que fose o odio contra Godoy, non podía deixar incólume o prestixio da coroa. Unha vez no trono Fernando VII encontrouse nunha difícil postura debido ao inquietante silencio que Napoleón —cuxos exércitos cubrían parte da Península— obsevaba ante os acontecementos españois, chegando mesmo a abandoar o territorio nacional para acudir a Baiona parav entrevistarse co emperador.

As capitulacións de Baiona
Artigo principal: Capitulacións de Baiona.

En Baiona, Napoleón, cuxos plans en relación cos Península sufiron un decisivo cambio ao ter noticia da abdicación de Carlos IV, reuniu aos monarcas españois impoñéndolles a renuncia aos seus dereitos, renuncia que se fixo extensiva aos infantes Carlos (irmán menor de Fernando VII) e Antonio (irmán menor de Carlos IV). Formalmente, Fernado VII devolceulle a coroa ao seu pai que, sen esperar a esta renuncia, xa lle cedera ao emperador todos os seus dereitos ao trono de España e Indias.

Esta dupla capitulación de ambos os monarcas, e as dos infantes, non podía deixar de comprometer o prestixio da coroa, e contrbuiu decisivamente ao desconcerto das autoridades establecidas no país, ikncapaces de tomar unha decisión irreversíbel —declarar a guerra a Francia— sen recibir as oportunas ordes.

Cando Fernando marchou cara a Baiona nomeara unha Xunta de Goberno presidida polo seu tío o infante Antonio, e que integraban catro dos ministros do seu efémero primeiro reinado. A imprevisión do monarca ao poñerse en mans de Napoleón foi comparábel a das limitadísimas atribucións —materias gobernativas e urxentes— que conferiu á Xunta. Pero de feito, e a pesar de todas as limitacións, a niova institución foi a depositaria dunha sobernía que non foi quen de exercer nos críticos momentos que seguiromn ao 2 de maio.

Os sucesos do 2 de maio en Madrid
Artigo principal: Levantamento do 2 de maio.

A Xunta foi incapaz de satisfacer os requerimentos populares e, á vez, manter as boas relacións cos franceses, que lle mandara conservar o rei antes da súa partida, e foi incapaz de evitar a crise que se aveciñaba debido ao crecente descontento da poboación

O incidente que desencadeou o estalido da crise foi o traslado do infante Francisco de Paula, un mozo de 14 anos.[30] [31]

Un pequeno grupo de persoas logrou impedir o intento, pero a intervención dun batallón da garda, que incluso utuilizou a súa artillaría contra os amotinados, desencadeou unha violenta reacción popular qeu se estendeu a toda a cidade. Os franceses foron atacados, e os madrileños, donos da rúa, trataron de ocupar as portas da cidade para pechalas ás forzas francesas acampadas a extramuros. Murat puido despregar as súas tropas, que atacaron aos paisanos. A Porta do Sol e o Parque de Monteleón concvertéronse nas horas seguintes nos centros dunha desesperada resistencia protgonozada por civís sen outras armas que as que lograron durante o combate, resitencia á que se sumaron unicamente os artilleiros do mesmo parque, no que morreron os capitáns Luis Daoíz e Pedro Velarde e o tenente Jacinto Ruiz, mentres que as restantes forzas da gornición mantivérnose acuarteladas en cumprimento das ordes recibidas. A reacción dos soldados imperiais foi moi violenta, asasinado á xente a cegas, e a ela seguiu una sistemática represión ordeada por Murat.

A partir do 2 de maio, a Xunta de Goberno, titular do exercio da soberanía, recoñecida e obedecida como tal por todas as autoridades do país, entra en crise, e a dualidade de opoderes que coexistían desde a saída do momnarca foi liquidada polo duque de Berg, que aproveitou a situación para engadir á súa condición de lugartenente imperial a presidencia da propia Xunta, despois de enviar a Baiona ao infante presidente, co que reuniu na súa persoa a suprema autoridade sobre os españois e os frenceses ocupantes. As vacilacións da Xunta e o seu temolr a comprometerse cunha ibniciativa que desencadease a guerra, descualificouna aos ollos dos españois, que buscarían en autoridades de inferior nivel unha dirección disposta a levalos á loita contra os franceses.[32]

O Consello de Castela e a Xunta de Goberno

O Consello de Castela convertérase, ao longo do século XVIII, na peza clave do sistema institucionl español. O hispanista francés Desdevises Du Dézert[33] definiuno dicindo del que:

"Era simultaneamente un comité lexislativo, un consello político, o centro da adminisrtración e un alto tribunal de xustiza administrativa, civil e penal".[34]

Sen a colaboración do Consello non era posíbel manexar a complicada engrenaxe da administración epañola. Pero a súa actuación nos meses críticos de maio-xuño, baixo a presidencia de Arias Mon y Velarde, limitouse, no exercicio das súas funcións gobernativas, ao mantemento da orde, pregándose no exercicio das súas funcións lexislativas, a dar forma legal á vontade das ordes dos invasores e da Xunta de Goberno. En ambos os casos o Consello buscaba desesperadamente, fonte ás medidas que se lle impoñen, librar a súa responsabilidade mediante protestas formais, recorrendo noutros casos, a negar a súa competencia para tomar determinadas decisións. A súa manifesta colaboración cos invasores minará o seu prestixio, e a súa influencia, entre os partidarios de combater aos franceses, que cada díoa ían en aumento.[35]

Ante a inacción do Consello de Castela que, por outra parte, andaba disperso, e da Xunta de Goberno, instituicións das que non se reciben nas provincias máis que recomnendacións pacifistas en lugar da esperada incitción á loita contra o francés, correspondería ás Audiencias e aos Capitáns Xeneris, os seus presidentes (nas funcións gobernativas), o exercicio da soberanía, da que non quixeran facerse cargo as instancias superiorers. Pero a resistencia destes a asumila (cuxa primeira manifestación debía ser a declaración de guerra a Napoleón) conduce á ruptura do vello sistema, para encher o baleiro de poder. Mesmo naqueles lugares onde non había unha presenza de franceses, como en Galicia, as autoridades lexitimamente constituídas esforzáronse, con todos os medios ao seu alcance, en mater a orde pública e en evitar c alquera incidente que puidera incomodar aos invasores.

En contraste con esta política de apaciguamento xorde unha presión popular para que se declare a guerra ao invasor, sen ter en conta o desequlibrio que existía entre as forzas armadas de España e Francia. Esta orrente de opinión mobilizou a amplos sectores da poboación atñe o punto de aparecer como unánime fronte a posuición contemporizadora das autoridades. Estes movementos, para lograr impoñer a guerra, veríanse obrigados a adoptar procedementos insurreccionais, revolucionarios, substituíndo as antigas autoridades por institucións cuxa única leximitidade era a vontade do pobo do que xorden.

A longa serie de alborotos e movementos, á vez patrióticos e insurreccionais, que teñen lugar en todo o país nos meses de maio e xuño, determinaron ujhn cambio radical na configuración do réxime, de tal xeito que ao final dun curto período de tan só cinco ou seis semanas non unha soa das autioridades lexítimas continuaba no exercicio do poder. Como consecuencia do levantamento das cidades, constituíronse en todas partes Xuntas que asumen o exercicio, sen limitacións, da soberanía. A Coruña, Oviedo, Valladolid, Badajoz, Sevilla, Lérida e Zaragoza foron o lugares nos que o levantamento desembocou na constitución de Xuntas Supremas provinciais que substiruíron ás antigas autoridades e promoveron a extensión do movemento a todas as outras cidades.

Así, nos primeiros días de xuño, a Península estaba gobernada da seguinte forma:

  • Hai dous capitáns Xenerais, Cuesta (de Castela a Vella) e Palafox (Aragón), que de feito teñen todo o poder nos seus respectivos territorios. Tanto, que o propio Cuesta pretendeu ser nomeado rexente, o mesmo que o marqués de Lazán, irmán maior de Palafox.[36]
  • Trece Xuntas Supremas, cada unha delas cunha dirección colexiada e, dependendo delas, unha restra de Xuntas de armamento e locais, que recoñecen a súa autoridade.

A antiga administración non existía ou, cando nalgures subsistira, quedara totalmente subordinada á autoridade da correpondente Xunta provincial ou local, que a ratificara pero recurtándolle as atribucións.[37]

O carácter popular do levantamento fixo que as forzas que impuxeron a guerra víranse moitas veces na necesidade de recorrer a persoas de maior representación, máis coñecidas, para formaren a xuntas que, en moitos casos, foron as mesmas autoridades derrocadas as que as integraran naquelas, aínda que, na súa nova función, actuaban non como axentes da coroa, senón como representantes do pobo.

O resultado máis importante que se derivou dos sucesos de maio-xuño foi a traslación do poder a mans de institucións xurdidas do levantamento popular, fenómeno acompañado do sentimento dunha asunción popular da soberanía, sentimento que se ve reflectido en todos os escritos do momento e que tería unha importantísima repercusión no inmediato plantexamento da organización política. Os textos ao respecto son explícitos e abundntes, pero baste co exemplo da actitude, e a linguaxe empregada, da Xunta Suprema de Galicia:

El Reyno por decreto del día de ayer, acordó, que como Potestad Suprema y Soberana, en representación de su Monarca el Señor Don Fernando VII, preso y detenido en Francia, se le dé el tratamiento de Alteza: Lo que avisa á V.S. para su noticia, y que comunique esta resolución a quien corresponda.
Reyno de Galicia 21 de Junio de 1808.[38]
A Xunta de Goberno e Xuntas Supremas provinciais

A necesidade de coordinar o esforzo bélico (e tamén a conciencia da unidade nacional) conduciron á creación sun goberno central nun prazo excepcionalmente breve, especialmente tendo en conta os medios de comunicación da época, e tamén o pluralismo de poderes que existía. As Xuntas provinciais promoveron, mediante iniciativas desordenadas pero converxentes, a formación dun goberno nacional, cuxa constitución se produciu en pouco más de tres meses. A unanimidade en canto á neceside dun goberno central trocábase nunha pluralidade de opinións, difíciles de harmonizar, á hora de determinar a súa composición e mais as súas competencias. As pronicpais alternativas eran tres:

  • os partidarios do establecemento dunha rexencia;
  • os partidarios de unir nun só corpo de goberno ás vellas e ás novas autoridades, e
  • os máis radicais, que se negaban a entregar o poder aos que mostraran, no momento da invasión, unha debilidade que consideraban delito de lesa patria.

Finalmente triunfou o criterio, intermedio, da Xunta de Sevilla, favorábel a delegar o poder en mans de representantes elixidos polas Xuntas, aceptándose a proposta da de Granada de que fosen dous por cada unha delas. Os delegados procedentes do sur, sen esperar aos que procedían do máis afastado norte chegaran, decidiron constituírse en Xunta Central (o seu nome oficial e completo era Xunta Central Suprema e Gobernativa do Reino) o 21 de setembro de 1808. A Xunta Central, á marxe das funcións de gorberno, promoveu a reunión de Cortas (que serían as famosas Cortes de Cádiz), tolerou unha moi ampla liberdade de imprenta e levou a cabo unha consulta ao pañis, que favorceu a exoplictación de toda clase de demandas.[39]

A Xunta Central

A Xunta Central era o único órgano de goberno supremo de España, pois a monarquía non existía de facto dado que os patriotas non aceptaban a Xosé I (proclamado polo seu irmán Napoleón como rei de España en xullo de 1801), e as vellas autoridades, como o Consello de Catilla, andaban dispersas. A composición da Xunta axuda a comprendr a súa política. Presidíaa o conde de Floridablanca, un vello inimigo da Revolución francesa. A súa elección seguramente debíase ao feito de que fora a Xunta de Murcia a primeira en pedir (en xullo de 1808) a constitución da Central.[40] Antano reformista, os sucesos da Revolución francesa fixeron que cambiara de forma radical o seu punto de vista político, converténdose nun reaccionario. Tras o levantamiento contra los franceses, José Moñino organizou a Xunta Suprema de Murcia, apoiando a candidatura da infanta Carlota Xoaquina de Borbón á rexencia.[41] [42]

Inicialmente a Xunta Central estaba fomada por 24 membros, que posteriormente pasarían a ser 35. Entre eles había tres ex ministros (Floridablanca, Jovellanos e Valdés), cinco grandes de España, tres marqueses, catro condes, dous xenerais, cinco altos funcionarios, catro membros do alto clero e só dous representantes do que puideramos chamar burguesía.[43]

A Xunta tomou o título de Maxestade o que, coa súa mera formulación, saíu ao paso das abmbicións dalgúns memobros da familia real, como o citado da infanta Carlota. Pero, illada en Aranjuez, sen contacto co pobo ou, —o que é máis probábel— respondendo á formación tradicional dos seus membros, cometeu o erro de volver a convocar ao Consello de Castilla, reucitando así no órgano prerrevolucionario o máximo inimigo da súa propia significación. Foi este un dos primeiros e máis graves erros deste corpo político que, porén, subsistiu a paesar don manexos do Consello, a pesar de que os aliados ingleses presionaban a favor dunha autoridade más expeditiva.[44]

O levantamento de Galicia

Levantamento da Coruña

Levantamento de Santiago

Levantamento noutras cidades e vilas de Galicia

A organización do levantamento

A Xunta Suprema do Reino de Galicia

Constitución e composición

Actuacións militares

Actuacións en facenda

Política internacional

Relacións con outras Xuntas españolas

Desaparición da Xunta Suprema

Notas

  1. Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1981): Historia de Galicia. IV. Edade Contemporánea. Vigo: Galaxia, pp. 17-18.
  2. As Nuevas Poblaciones de Andalucía y Sierra Morena foron unha intendencia española (provincia) cuxa creación se iniciou contra 1767, durante o reinado de Carlos III, e que foi suprimida en 1813. Durante a súa existencia foi a "quinta provincia andaluza", co mesmo nivel político e administrativo que os catro reinos de Andalucía: Córdoba, Xaén, Sevilla e Granada. Véxase Hamer, A (2009).
  3. Barreiro Fernández, Xosé Ramón: "Historia política", in X. R. Barreiro Fernández et. al. (1984): Los Gallegos. 2ª ed. Madrid: Ediciones Itsmo, p. 132.
  4. Río Barja, F. J. (1985): "La delimitación provincial de Galicia en siglo XIX", Bol. Univ. Santiago, 66, p. 47.
  5. Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1982): Historia Contemporánea de Galicia. I. De la Guerra de la Independencia al Postfranquismo (1815-1893). A Coruña: Ediciones Gamma, pp. 16-17.
  6. Real Resolución de 27 de novembro de 1773, citada por Fernández-Villamil Alegre, Enrique (1962): Juntas del Reino de Galicia. Historia de su nacimiento, actuaciones y extinción. Madrid: Instituto de Estudios Políticos, I, p. 506.
  7. Barreiro (1982), Op. cit., pp. 18-19.
  8. Ley 17/1999, de 18 de mayo, de Régimen del Personal de las Fuerzas Armadas.
  9. Barreiro (1982), Op. cit., p. 19.
  10. Ordenanza de 4 de julio de 1718.
  11. Artola, Miguel (1991): Enciclopedia de Historia de España. Tomo V pp. 678-679. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-5294-6
  12. Alonso Álvarez, L. (1976): Industrialización y conflictos sociales en la Galicia de Antiguo Régimen, 1750-1830. Madrid: Akal, pp. 89 e ss.
  13. Barreiro (1982), Op. cit., pp. 19-21.
  14. WordReference.com Diccionario de la lengua española. Corregidor
  15. Barreiro (1982), Op. cit., p. 21.
  16. José María Queipo de Llano Ruiz de Saravía, conde de Toreno: Historia del levantamiento, guerra y revolución de España, I, p. 301
  17. Juan Francisco de Castro Fernández 1721-1790 Biografía
  18. Dopico Gutiérrez del Arroyo, Fausto: "Juan Francisco Castro, un ilustrado galego entre a reforma e a superación da sociedade feudal", Grial, tomo 14, nº 53, xullo-setembro 1976, pp. 356-360.
  19. Meijide Pardo, Antonio: "Biografía de Sánchez Vaamonde, ilustre canónigo y catedrático, fundador de la Biblioteca del Real Consulado". Anuario Brigantino, 2002, nº 25, pp.261-274.
  20. Labrada, José Lucas (1804): Descripción económica del Reyno de Galicia. Ferrol: Impr. de Lorenzo José Riesgo Montero, p. 27. [1]. Reditada en 1971 pola Editorial Galaxia, Vigo.
  21. Constatación empírica do súa asociación simbiótica con "rizobios" (bacterias fixadoras de nitróxeno, da familia das rizobiáceas), que forman nódulos nas raíces destas plantas.
  22. Meijide Pardo, Antonio M. (1960): La emigración gallega intrapeninsular en el siglo XVIII. Madrid: Instituto Balmes de Sociología, p. 19.
  23. Pérez García, José Manuel (1979): Un modelo de sociedad rural del Antiguo Régimen en la Galica costera: la Península del Salnés (Jurisdicción de La Lanzada). Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. Departamento de Historia Moderna.
  24. Barreiro (1982), Op. cit., pp.29-30.
  25. Escribe Barreiro (1982) que "la familia Acuña y Malvar, naturales de Salcedo (Pontevedra), tenía muy bien dispuestos sus efectivos políticos ya que cubrían todos los frentes político del momento. El ex-ministro y clérigo D. Pedro era del grupo de Godoy, D. Manuel era exaltado liberal. D. Andrés era exaltado reaccionario. Cualquiera que fuera la línea política triunfante siempre había un Acuña y Malvar dispuesto a servir al país".
  26. Amado López, José María e José Antonio Vázquez Vilanova: "Participación del clero de Santiago en la difusión del liberalismo: un fenómeno minoritario pero muy significativo", in Balboa López, Xesús e Herminia Pernas Oroza (eds.) (2001): Entre nós. Estudios de arte, xeografía e historia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose Antelo. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. Servicio de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 84-8121-969-X, pp. 969-980. [2]
  27. Barreiro (1982), Op. cit., pp. 31-32.
  28. Barreiro (1982), pp. 33-34.
  29. Artola, Miguel (1973): La burguesía revolucionaria (1808-1869). Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial/Alfaguara, pp. 7-8.
  30. Francisco de Paula Antonio de Borbón y Borbón-Parma nacido en Madrid o 10 de marzo de 1794 era o menor dos fillos de Carlos IV e María Luisa de Parma. Coa cidad ocupada polos franceses e os reis e o resto da familia real camiño de Baiona, a primeira hora do 2 de maio de 1808 saiu o infante de Palacio, transportado nun coche. Un cerralleiro, Blas Molina, penetrou entón no edificio e saíu a un dos seus balcóns gritando á multitude de desocupados e curiosos que observaban o acto: "Traición! Quitáronnos ao noso rei e queren levar tamén a todas as persas reais! Morte aos franceses!" De tal xeito, Francisco de Paula serviu de detonante e coartada do célebre levantamiento do dous de maio. En cualquera caso, o infante acompañou aos seus pais no seu exilio en Francia e Roma. Afeizoado ás artes e decidido protector delas, foi membro honorario e meritorio da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e deixou pintados varios cadros de valía. En 1815, os diplomáticos representantes en Europa das Provincias Unidas del Río de la Plata proxectaron coroarlo como rei dun hipotético Reino Unido del Río de la Plata, Perú y Chile, co posíbel apoio de Carlos IV. Pero o plan non pasou de proxecto, e nin sequera foi seriamente tratado no Río da Plata, pese a que os dous diplomáticos que o idearon foran personaxes tan influentes como Manuel Belgrano e Bernardino Rivadavia. O infante morereu en Madrid en 1865.
  31. Chastenet, Jacques (1953): Godoy Master Of Spain 1792 1808. London: The Batchworth Press. [3]
  32. Artola, Miguel (1973): La burguesía revolucionaria (1808-1869). Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial/Alfaguara, pp. 9-11.
  33. Georges Desdevises Du Dézert (Lessay, Manche, Baixa Normandía, Francia 1854 - Chamalières, Puy-de-Dôme, Auvernia, Francia, 1942), foi un historiador, novelista, poeta e crítico literairio francés, prolífico autor duna vasta obra que abarcou multitude de asuntos. Doutor en dereito, as súas primeiras obra son asteses de licenciatura e doutoramento, pero non se dedicou a este oficio (acutou só unha vez nun tribunal de Caen, e como avogado de oficio). Tamén licenciado en Letras, foi prefesor de historia no lycée de Lorient en 1878, data que inicia unha brillante carreira no ensino que o leva a Le Mans, Tours, Rennes, de novo Caen e finalmente, en 1892, a Clermont-Ferrand. Na universidade desta última cidade foi decano da Facultade de Letras en 1907. A súa obra abarca aspectos relacionados coa Normandía, Auvernia e España e o mundo hispánico, tanto que o seu amigo Louis Bréhier dixo del que "este normando imbuíuse do espírito do seu país de adopción, de xeito que pode cicirse que, despois de España, é Auvernia quen ocupa máis lugar na súa obra".
  34. Desdevises Du Dézert, Georges (1899): L’Espagne de l’ancien régime: les institutions. Paris: Société française d'imprimerie et de librairie.
  35. Artola (1973), p. 12.
  36. Frenández de Pinedo, E. et al. (1980): Centralismo, Ilustración y agonía de Antiguo Régimen (1715-1833). Vol. VII de: Manuel Tuñón de Lara (dir.) Historia de España. Barcelona: Editorial Labor, p. 271.
  37. Artola (1973), p. 13.
  38. Barreiro (1983), p. 51.
  39. Artola (1973), pp. 14-15.
  40. Instrucciones del Conde de Floridablanca a la Junta de Murcia, para la erección de la Suprema Central del Reino. Murcia, 19 de agosto de 1808.
  41. Etchepareborda, Roberto (1972): Qué fue el carlotismo. Buenos Aires: Ed. Plus Ultra.
  42. Carlota Xoaquina Tereas de Borbón e Borbón-Parma (25 de abril de 1775 – 7 de xaneiro de 1830), infanta de España, era a filla primoxénita do rei Carlos IV. Con apenas dez anos de idade foi obrigada a casar co príncipe Xoán de Braganza(futuro Xoan VI de Portugal), segundo fillo de María. En 1808 Xoán VI dispuxo a fuxida, rumbo a Brasil, da familia real portuguesa, e entre 1808 e 1812, Carlota Xoaquina pretendeu reemprazar ao seu irmán Fernando VII como rexente de España en tanto durara a prisión deste e a usurpación do trono español por parte de Xosé Bonaparte. Alegaba Carlota ser a única integrante da familia de Carlos IV que non estaba apresada polos franceses. A súa cercanía ao vicerreinado do Río da Prata provocou a creación dun partido carlotista en Buenos Aires, que pretendía valerse de Carlota Xoaquina para conseguir a independencia do territorio do Río da Prata. En efecto, Carlota aspiraba tamén a aproveitar a invasión napoleónica de España para asegurarse un trono para si mesma en América do Sur. A interferencia da diplomacia británica e a política expansionista do seu esposo fixeron fracasar o proxecto. Xoán VI determinou que, se a súa esposa era proclamada rexente de España, entón o propio rei portugués tería dereitos sobre o Vicerreinado do Río da Prata como esposo da rexente. Esta insinuación de Xoán VI fixo que o plan perdera todo apoio en Buenos Aires, onde non se desexaba caer baixo dominio portugués. Por outra parte, a ocupación francesa en España facía que Gran Bretaña rexeitara a existencia dunha rexente española en Buenos Aires.
  43. Baugmarten, Herman (1868-1871): Gechichte Spaniens zur Zeit der französischen Revolution bis auf unsere Tage. Leipzig: Hirzel, 3 partes en 4 vols. en p. 312.
  44. Frenández de Pinedo, E. et al. (1980), p. 271.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Artola, Miguel (1973): La burguesía revolucionaria (1808-1869). Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial / Alfaguara. ISBN 84-206-2046-7.
  • Artola, Miguel (1977): La guerra de la indpendencia. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 9788467026245.
  • Artola, Miguel (2008): La España de Fernando VII. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 9788467029185.
  • Barreiro Fernández, Xosé Ramón: "Historia política", in X. R. Barreiro Fernández et. al. (1984): Los Gallegos. 2ª ed. Madrid: Ediciones Itsmo. ISBN 84-7090-006-4, pp. 95-148. (1ª ed. en Akal, 1976) Los gallegos
  • Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1981): Historia de Galicia. IV. Edade Contemporánea. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-388-5.
  • Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1982): Historia Contemporánea de Galicia. I. De la Guerra de la Independencia al Postfranquismo (1815-1893). A Coruña: Ediciones Gamma. ISBN 84-300-6423-0.
  • Beramendi, Justo [G.] (2007): De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-640-2.
  • Fernández de Pinedo, Emiliano; Gil Novales, Alberto, e Dérozier, Albert (1980): Centralismo, Ilustración y agonía de Antiguo Régimen (1715-1833). Vol. VII de: Manuel Tuñón de Lara (dir.) Historia de España. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-9427-3.
  • González López, Emilio (1977): El águila desplumada. Vigo: Castrelos. ISBN 84-7041-088-1.
  • González López, Emilio (1980): Historia de Galicia. A Coruña: La Voz de Galicia. Biblioteca Gallega. Serie Nova. ISBN 84-85287-22-3.
  • Hamer, Adolfo (2009): La Intendencia de las Nuevas Poblaciones de Sierra Morena y Andalucía, 1784-1835. Gobierno y administración de un territorio foral a fines de la Edad Moderna. Córdoba: Universidad de Córdoba / CajaSur Publicaciones. ISBN 978-84-7801-982-3.
  • Palacio Atard, Vicente (1981): La España del siglo XIX. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 84-239-4959-1.
  • Voltes, Pedro (1985): Ferrnando VII. Vida y reinado. Barcelona: Editorial Juventud. ISBN 84-261-2959-4.

Outros artigos

Ligazóns externas