Eadweard Muybridge: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: mk:Едвард Мајбриџ |
m r2.7.1) (Bot: Engado: lv:Edvards Meibridžs |
||
Liña 69: | Liña 69: | ||
[[ka:ედვარდ მეიბრიჯი]] |
[[ka:ედვარდ მეიბრიჯი]] |
||
[[lb:Eadweard Muybridge]] |
[[lb:Eadweard Muybridge]] |
||
[[lv:Edvards Meibridžs]] |
|||
[[mk:Едвард Мајбриџ]] |
[[mk:Едвард Мајбриџ]] |
||
[[nl:Eadweard Muybridge]] |
[[nl:Eadweard Muybridge]] |
Revisión como estaba o 9 de abril de 2012 ás 17:24
Eadweard Muybridge | |
Nome orixinal | (en) Eadweard Muybridge |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de abril de 1830 Kingston-upon-Thames |
Morte | 8 de maio de 1904 Kingston upon Thames |
Causa da morte | Morte natural (Cancro de próstata ) |
Lugar de sepultura | Woking Crematorium (en) |
Datos persoais | |
Residencia | Inglaterra e Estados Unidos |
País de nacionalidade | inglés |
Coñecido por | xeración do movemento |
Actividade | |
Campo de traballo | Fotografía |
Ocupación | fotógrafo , actor de cinema , director de cinema , inventor , libreiro |
Lingua | Lingua inglesa |
Participou en | |
24 de xuño de 1977 | Documenta 6 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Premios | |
Eadweard James Muybridge, nado en Kingston upon Thames o 9 de abril de 1830 e finado na mesma vila o 8 de maio de 1904, foi un fotógrafo e investigador inglés, coñecido principalmente polos seus experimentos como a xeración do movemento.
Traxectoria
Traballou principalmente en California. As súas investigacións sobre a descomposición do movemento iniciadas en 1872 foron realizadas de forma paralela cos traballos de Étienne Jules Marey. En 1878, grazas ao encargo do home de negocios Leland Stanford, conseguíu fotografar unha égua galopando cunha serie de vinte e catro fotogramas. Cada unha das cámaras foi colocada de forma paralela ao traxecto da supracitada e cun cabo ligado ao disparador de cada cámara que se interpuña no citado traxecto a fin de que durante o galope a égua foi accionando as cámaras.
Este experimento fotográfico é coñecido polo título de "O Cabalo en movemento", e mostra algo que xa afirmara Étienne Jules Marey e que sen impedimento non conseguira demostrar, o cabalo cando galopa mantén os catro cascos no aire dunha vez sen manter apoio algún sobre o terreo, embora o ollo humano non capte. O sistema foi precursor para o posterior desenvolvemento das cámaras de cinema.
Muybridge utilizou esta técnica en moitas outras ocasións para fotografar persoas e animais a fin de estudar os seus movementos, chegando a colaborar con Étienne Jules Marey en París, en 1881.
Na década de 1990 o grupo de música U2 fixo un videoclip para a súa canción "Lemon" que supón un tributo ás técnicas de Muybridge. O compositor vangardista Philip Glass compuxo unha ópera en homenaxe ao fotógrafo.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Eadweard Muybridge |