Diferenzas entre revisións de «Xénese»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
m (r2.6.4) (Bot: Modifico: tl:Aklat ng Genesis)
Os autores, para ir creando o texto, utilizaron a xustaposición. Salvo en casos moi concretos, unha tradición uníase a outra, poñendo os materiais un a carón do outro ao longo dunha liña cronolóxica definida de antemán. Este método de construción do texto fai que en ocasións nos atopemos seguidas dúas versións dun mesmo relato. O exemplo máis famoso atopámolo na creación do mundo: hai un primeiro relato, o da creación do mundo en sete días, obra dos autores sacerdotais; a seguir dela empeza o relato iavista que pasa moi rápido pola criación do mundo para centrarse na creación do home e da muller.
 
Este sistema de traballo da lugar a un texto que pode resultar difícil para o lector, sobre todo o que se achega por primeira vez ao texto, ás veces o libro parece contradicirse, ou, noutros casos, cando rematou de explicar algo parece volver a empezar. Pero tamén ten dúas enormes vantaxes.:
 
* En primeiro lugar conserva os distintos matices que aportan cada unha das fontes que conforman o libro. Voltando ao relato da creación, gracias á xustaposición podemos apreciar o estilo cadencioso e solemne do relato sacerdotal e o próximo e vital do iavista; o Deus señor universal que crea o mundo en sete días, e o Deus próximo, máis antropomórfico, que se preocupa porque Adán está só e lle fai unha compañeira.
 
* A segunda gran vantaxe e para os estudosos: lingüistas, literatos, historiadores. Que poden acceder, sen case atrancos, ás fontes orixinais do libro, o que facilita recorre-lo traballo de redacción coas distintas mans, as súas influencias...
 
== Estudos e discusións ==
19.692

edicións

Menú de navegación