Conversa usuario:Lameiro: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
Liña 312: Liña 312:


Falando doutra cousa... conseguín resucitar tódalas ligazóns mortas de Castelao!!!--[[Usuario:HombreDHojalata|<span style="font-size:90%;color:maroon;text-shadow:peru 1px 1px 1px;">. '''''HombreDHojalata'''''</span>.]]<sup>[[Conversa usuario:HombreDHojalata|<span style="font-size:86%;color:brown;">conversa</span>]]</sup> 21:08, 6 de abril de 2012 (UTC)
Falando doutra cousa... conseguín resucitar tódalas ligazóns mortas de Castelao!!!--[[Usuario:HombreDHojalata|<span style="font-size:90%;color:maroon;text-shadow:peru 1px 1px 1px;">. '''''HombreDHojalata'''''</span>.]]<sup>[[Conversa usuario:HombreDHojalata|<span style="font-size:86%;color:brown;">conversa</span>]]</sup> 21:08, 6 de abril de 2012 (UTC)

== Re: Recoñecemento de Orixe ==

Grazas polo aviso. Os erros gramaticais intento evitalos, máis é problable que me olvide dalgún. --[[Especial:Contribucións/50.117.56.142|50.117.56.142]] 15:32, 7 de abril de 2012 (UTC)

Revisión como estaba o 7 de abril de 2012 ás 15:32

Benvido á Galipedia Lameiro. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:57, 26 febreiro 2007 (UTC)



Re: O Grove

Xa o irei amañando. Porque tamén quero facer o artigo de Brea Gondar, no que despois te pedirei que botes unha man. Moitas grazas. --Xas (conversa) 15:30, 9 de outubro de 2011 (UTC)

Categoría:Acanthodii

Boas rapás!. Mira, que fixen a Categoría:Acanthodii copiándoa da wiki en castelán pero despois dinme conta que aquí úsanse nomes algo diferentes..., cando teñas un momento..., ¿poderías revisar se o nome está ben?, é que eu ata aí xa non chego... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:34, 10 de outubro de 2011 (UTC)

Eu non quería nada cos tipos estes :), só quería crear a categoría dentro de Peixes para que estivera un pouco máis completa. Terei que traslada ó nome Acantodios, ¿non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:15, 12 de outubro de 2011 (UTC)
Tes razón que non se debe crear unha categoría valeira así que agora tócame meterlle algo... ;) É que cando vin que a categoría peixes non tiña as familias básicas non sei que me deu, pero foi unha tolada porque seguro que iso para en tódalas categorías de animais e plantas... Foi un cable que me fixo mal contacto... Vou trasladar a categoría e a tentar facerlle un artigo para que non estea soa, aínda que eses peixes paréceme son un pouco rariños de máis :). Saúdos e grazas pola información. Ah, e sobre o dos nomes teremos que falar outro día, ese tema téñoo apuntado nas cousas por facer :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:23, 13 de outubro de 2011 (UTC)

Quenlla

Este artigo de Quenllas tamén chama por ti. --Atobar (conversa comigo) 00:11, 18 de outubro de 2011 (UTC)

A limpar!

Parabéns rapás! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:19, 18 de outubro de 2011 (UTC)

Parabéns polo teu nomeamento de administrador! Agardo que che vaia todo ben. --Toliño Fala aquí comigo 13:33, 18 de outubro de 2011 (UTC)
Parabéns. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 13:52, 18 de outubro de 2011 (UTC)
  • Permitídeme responder aquí a todos. Grazas pola confianza, coa vosa axuda non hai dúbida de que todo irá ben. Pero pídovos paciencia. Grazas a todos... todas. Pedro --Lameiro (conversa) 18:07, 18 de outubro de 2011 (UTC)

Podes botarlle un ollo os nomes dos animaliños? A ver se están ben escritos en galego. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 10:59, 23 de outubro de 2011 (UTC)

RE: Zoolóxicos

Busca ti unha categoría que lle acaia mellor. O certo é que vin o artigo sen categoría e mirei en en.wp a que tiñan alí; a primeira era Zooloxía, entre outras. Pois iso, non teño problema ningún en que a modifiques. --Toliño Fala aquí comigo 11:51, 23 de outubro de 2011 (UTC)

Resumo de portada

Pero ... faio ti, oh! que es o que controlas máis do tema :-) --. HombreDHojalata.conversa 20:38, 31 de outubro de 2011 (UTC)

Aldehido e pontes de H

Xa sabía que se di aldehido, pero había páxinas que tiñan o termo "aldehído", con acento, e en vermello, e para redireccionalas a "aldehido", sen acento (que foi a páxina que fixen eu), creei a páxina aldehído como unha redirección que remitía a aldehido. Ademáis, estaba xa creada por outro usuario a páxina "formaldehído", con acento (que non é correcto), e eu creei a páxina "formaldehido", sen acento, para que se me puxesen en azul os termos formaldehido que incluín eu na miña páxina de aldehido. Quizais o que debía facerse era cambiarlle o nome á páxina "formaldehído", polo de formaldehido. Agora igual quedan en vermello as palabras aldehído de diversas páxinas e só quedarán en azul as aldehido. Ou habería que corrixirlle a ortografía a todas. Pero xa me dixeron que non se pode redireccionar sobre erros.

Tamén fixen algúns cambios en pontes de H.Miguelferig 11:42, 1 de novembro de 2011 (UTC)

Refraneiro

Pedro, comes y rascar, todo es empezar, en galego sería...? --Atobar (conversa comigo) 11:56, 1 de novembro de 2011 (UTC)

Graciñas. Si que o teño (o dicionario de dicionarios) nos favoritos, igual que te teño a ti, que sempre tiras ases do manga cando un espera cartas do común. --Atobar (conversa comigo) 15:35, 1 de novembro de 2011 (UTC)

salazóns

Moitas grazas polo aviso; non sabía que era castelanismo; hei revisar. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:42, 5 de novembro de 2011 (UTC)

Carne vs vianda

Lameiro, poderías engadir unha nota ou un apéndice ou algo describindo a diferenza entre carne e vianda no artigo carne? Sucede que moitoas veces se hiperenxebriza o uso da segunda como se fosen sinónimos, e non o son. --Atobar (conversa comigo) 18:07, 5 de novembro de 2011 (UTC)

Por min está ben, pero a miña pregunta agora é: facemos redirección de vianda a carne ou que outra posibilidade habería? --Atobar (conversa comigo) 20:10, 5 de novembro de 2011 (UTC)
Así sexa. --Atobar (conversa comigo) 20:19, 5 de novembro de 2011 (UTC)

Imaxe

Boas rapás, cando teñas un momentiño, ¿poderías revisar os textos desta imaxe?. Graciñas, --Elisardojm (conversa) 11:05, 16 de novembro de 2011 (UTC)

Mande???? :D. Vaia lío! E que teño que cambiar? :D. É que eu só traducín a versión en castelán, que está basada na versión en inglés, e xa sabes como é esta xente ás veces, ata teñen un país no que andan en coche ó revés! ;). Os cambios a facer pílloos ben, o que non sei que facer é coas dúbidas. As outras versións do ficheiro en francés, castelán, catalán, portugués, etc. teñen todas o T. celer e Thermotoga pero non teño nin idea de por que. O ficheiro orixinal é un gráfico da NASA, ¿terá iso algo que ver?, ¿será unha revisión para extraterrestres? ;). Eu ata aí non chego así que guíome polo que ti me contes.... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:13, 17 de novembro de 2011 (UTC)

Categoría errada

Por favor, pódesme dicir como se pode cambiar o nome dunha categoría? Creei a categoría Glicolípido, pero despois deime conta que era mellor que fose Glicolípidos, en plural, porque as categorías das substancias químicas están postas en plural, pero non atopei a maneira de cambiala. Xa debe haber media ducia de páxinas de glicolípidos (polo de agora) e é un grupo importante de lípidos que co tempo terá moitos máis artigos. Foi outro erro dos meus, pero supoño que ten remedio. Grazas. Miguelferig 17:42, 20 de novembro de 2011 (UTC)

Feito! Feito! e contestado por Lameiro. --. HombreDHojalata.conversa 08:24, 21 de novembro de 2011 (UTC)

Resposta na conversa do Estatuto

Sobre os meus comentarios non te trabucaches nas datas, é que un día fixen dous e logo outro día engadín o último :). Xa respondín alí, só me queda unha das dúbidas que tiña, a ver se pode amañarse :). Saúdos,--Elisardojm (conversa) 00:51, 21 de novembro de 2011 (UTC)

Boas, cando teñas un momento libre, ¿poderías botarlle un ollo ó meu último comentario na conversa?. É que comentaras as miñas dúbidas pero aínda me queda unha pendente... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:56, 14 de decembro de 2011 (UTC)

Pedriño e Rañolas

Graciñas, Pedro; aínda teño que rematar o artigo e hei revisar todo, pero esa foi unha observación moi importante, abofé. Saúde e abrigo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:12, 1 de decembro de 2011 (UTC)

Este é outro artigo que é lelo e pensar o ben que lle viría unha man de pintura da túa brocha. Anímaste? --Atobar (conversa comigo) 10:55, 2 de decembro de 2011 (UTC)

Pole tricolpado

Engadín unha nota explicativa breve, que só di que o pole tricolpado é aquel que ten tres sucos (colpos) sobre a súa superficie. Engadín tamén unha referencia sobre a evolución dos sucos da superficie do gran de pole nas Dicotiledóneas, xa que non todas elas o teñen tricolpado. Son as referencias 3 e 4. Espero que sirva.--Miguelferig 20:56, 7 de decembro de 2011 (UTC)

RE:Datas do Paz Andrade

Creo que xa o amañei. O artigo ten o problema de que ten dúas gráficas e hai que poñer as datas na gráfica axeitada, a parte que o segundo timeline ten o formato de data mm/dd/aaaa, un lío... :). Cando teña un momento mirarei se pode facerse só cun timeline e cambiar o formato das datas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:47, 8 de decembro de 2011 (UTC)

Déixame que lle pegue uns retoques hoxe e cando esté xa che aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:23, 11 de decembro de 2011 (UTC)
Creo que está listo, agora só hai un timeline e o formato de tódalas datas é dd/mm/aaaa. Agora o que hai que facer é revisar tódalas datas nas referencias do artigo, por si metín a zoca nalgo, e ir engadindo máis. As datas revisareinas pola noitiña. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:10, 11 de decembro de 2011 (UTC)

Wikixogo

...ata do c***** saca estrobos. :) :) A ver como sae. Se me aburro borro a páxina e listo. :D --Xabier Cid Talk 2 me, please 01:09, 8 de decembro de 2011 (UTC)

Ola! Pódesme axudar a reducir o tamaño da imaxe neste artigo? arteria axilar. Moitas grazas! --Silverfox 18:02, 10 de decembro de 2011 (UTC)

  • Pois grazas! Gardo esas instrucións para poder facelo eu nas próximas ocasións!

Re:Prensa e dereitos de autor

Uf! Imos logo ó, sempre delicado, tema dos dereitos de autor.

Tes razón, a miña actuación foi incorrecta. O correcto sería borrar o ficheiro enteiro. Igual que habería que borrar algunhas imaxes máis que hai na Galipedia. Lembremos que en España teñen que pasar 80 anos do pasamento do autor para que a obra estea no dominio público.

Non teño escusa. Hai cousas que habería que borrar e non borramos, porque nos doe ter que facelo. Que queres que che diga? Que queres que fagamos? Metémonos a facer limpeza coa lei na man?

Cando dis que non compartes... eu teño clarísimo que tampouco comparto a normativa que me toca aplicar. Calquera con sentido común pode entender que é excesiva. Calquera menos algúns herdeiros que viven de rendas e as editoras multinacionais, como por exemplo Disney, que din que foi a que presionou no seu día para impoñer o dos 70 anos. Pero entón, logo, que facemos? Saltamos a lei por riba?

É moi frustrante.

Por outra banda, falando doutros casos, habería que ver un por un. Que inclúan elementos con copyright non implica que non sexan admisibles. Depende do tamaño/resolución etc. Hai unha boa explicación de como funciona iso en De minimis.

Neste concreto ... é que o debuxo de Maside, a unha resolución altísima perfectamente reproducible e sen posibilidade de minimis, clamaba ó ceo!--. HombreDHojalata.conversa 21:26, 10 de decembro de 2011 (UTC)

Échame una mano, primo, que viene mi novio a veeermeee...!--. HombreDHojalata.conversa 19:24, 11 de decembro de 2011 (UTC)

Grazas! Aquí tes unha foto exclusiva da Galipedia: Ficheiro:Paxaros no cable da luz.jpg. --. HombreDHojalata.conversa 20:21, 23 de decembro de 2011 (UTC)

Axe

Vértebras axe e Atlas (vértebra):

Son as dúas vértebras cervicais. O resto das vértebras posúen un corpo cada unha, unidos polas láminas ao resto de apófises. A única expcepción e a primera e a segunda vértebras cervicais. A primeira cervical carece de corpo. O que antropoloxicamente era o seu corpo, no ser humano foi trasladada á segunda. O corpo (apófise odointoide) é un cilindro, e o centro do atlas é aberto para permitir movementos de rotación. Polo tanto sí, dende un punto de vista anatómico o corpo do Atlas áchase no axe (de ahí a denominación). Así o ensinan nas universidades e podes velo así no Gray, Netter ou Sobotta ou calqueira outro libro de anatomía. Non te preocupes, que está ben redactado.

Un saúdo! --Silverfox 19:32, 17 de decembro de 2011 (UTC)

Tamaño dos protozoos

A maioría dos protozoos miden uns poucos centos de microns como moito (hainos menores), polo que hai que velos utilizando o microscopio, pero hai algúns protozoos que son especialmente grandes, como certos ciliados e esporozoos, que poden medir varios milímetros, polo que poden verse a simple vista. Por exemplo, o ciliado Spirostomum mide uns 3 milímetros. Os máis grandes son os nummulites (foraminíferos fosilizados extinguidos do Terciario), que poden medir varios centímetros e ter o tamaño dunha moeda pequena. Estes protozoos grandes poden denominarse macroscópicos, pero non sei en que contexto os atopaches mencionados así. De todos modos, os protozoos considéranse hoxe un grupo polifilético e cada grupo clasifícase no seu propio filo.

Na natureza hai exemplos para todo, e mesmo existe unha bacteria chamada Thiomargarita namibiensis, que é grande dabondo como para verse a simple vista.--Miguelferig 18:11, 18 de decembro de 2011 (UTC)

Nome dos ósos

Paréceme ben a túa idea, ao longo duns días ireino corrixindo. Un saúdo! --Silverfox 19:41, 19 de decembro de 2011 (UTC)

RE:Ramon Conde

Moitas grazas!, é que estou a facer unha colección ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:08, 19 de decembro de 2011 (UTC)

Pouco a pouco. Xusto a un par de rúas da miña casa hai unha máis, fai ben anos que me fixei nela e nunca se me ocorrera que podía chegar a saber nada dela e mira ti, agora sei o nome (El columpio), o escultor e o ano en que a fixeron... :). Despois das vacacións teño que facerlle unha foto cando vaia de paseo por alí. Cando teña a lista coas coordenadas despois vótalle un vistazo ó mapa do Google, na ligazón da parte de enriba, e verás que cousa máis chula :). Cando teñamos iso feito cos artigos das listas de castros será impresionante. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:36, 20 de decembro de 2011 (UTC)
Moitas grazas pola cabeza :). E podes dicirme a rúa onde está?. É para poñerlle as coordenadas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:56, 21 de decembro de 2011 (UTC)

Bo Nadal !!

Espero que disfrutes destas fermosas e entrañables festas, e deséxoche o mellor para o ano entrante. Unha forte aperta e... Bo Nadal!! Furado 14:04, 20 de decembro de 2011 (UTC)

Eleccións

Eu entendo que si. Se non, en realidade é máis complexo, porque IU tamén foi con ChA, noutros sitios con ICV, etc. Outra cousa son os escanos, porque nese caso si que eu incluiría unha nota que dixese que PAR ten 1, que UPN ten 1, etc. --Xabier Cid Talk 2 me, please 23:44, 21 de decembro de 2011 (UTC)

casco celta de Tui

Si,a foto é das miñas.

Pía megalítica

Graciñas, Pedro; precipiteime ao categorizar fiándome da descrición. Andarei con máis ollo, e lerei o artigo con profundidade, que só lle botín un ollo por riba. Feliz día de Noiteboa! --Estevo(aei)pa o que queiras... 01:33, 24 de decembro de 2011 (UTC)

Re: Poboación dos concellos

Grazas por avisarme, porque non me dera conta. Feliz Ano! (a anterior edición foi cousa do usuario Andrespe, o 26 de decembro de 2011‎ ás 22:31, pero esqueceu asinar).

Endócrino

Pois o certo é que non ando traballando en fibrose quística. O único que fixen nesa páxina é poñer entre corchetes "illote de Langerhans" para que fixese ligazón coa páxina do mesmo nome que xusto agora acabo de facer. En canto a endócrino xa sei que se acentúa así e en todas as páxinas miñas está ben escrito (agás erro inadvertido). E tamén escribo autócrino, exócrino, parácrino, etc. Saúdos.--Miguelferig 22:34, 27 de decembro de 2011 (UTC)

Un modelo dentro dunha categoría

Boas Pedro. Estoulle a dar voltas á cabeza. Na Categoría:Ligas de fútbol de Primeira División quixera introducir un modelo que se vexa na parte alta da páxina, para que non se convirta nun caos conforme medre o número de artigos contidos nela. Para que te fagas unha idea, hai algo semellante nesta categoría da wiki inglesa: en:Category:National association football premier leagues. Eu faría algo menos impactante estéticamente, pero a idea e a mesma. ¿Pódese facer, ou nesta wiki non se poñen modelos nas categorías?. JonnyJonny 17:35, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)

Algúns comentarios

Moitas grazas polas indicacións.--Conversa con Tiberio 21:08, 7 de xaneiro de 2012 (UTC)

Especial:Contribucións/85.91.87.244

Please deal with this vandal, Especial:Contribucións/85.91.87.244, thank you.Bencmq 13:10, 13 de xaneiro de 2012 (UTC)

Esponxa/esponxas

En primeiro lugar, non sei que necesidade hai de ter dúas redireccións para esponxas, unha en singular ("esponxa") e outra en plural ("esponxas"). Xeralmente os títulos dos artigos póñense en singular.

O Reino Animal divídese en varios Subreinos, un deles é o dos Parazoos. Despois os Subreinos divídense en Filos. Xeralmente, cada Subreino comprende moitos filos, pero no caso dos parazoos o único filo que comprende é o dos Poríferos, onde están incluídas todas as esponxas (algúns inclúen o filo Placozoos tamén, o cal é un dato importante, como veremos).

Como é o único filo deste subreino, as esponxas son os únicos Poríferos, pero tamén os únicos Parazoos, polo que, en principio, se podería redireccionar a calquera dos dous. Pero, a miña opinión é que o nome do animal debería ir redireccionado ao taxon menor que o comprende, neste caso o filo Poríferos, porque alí se fala das características do animal, taxons inferiores comprendidos, etc., mentres que en Parazoos do que se fala é de cuestións moi xerais e discusións taxonómicas.

Por se fose pouco, algúns taxonomistas consideran que os Placozoos están incluídos tamén dentro dos Parazoos, que deste modo xa non terían un só filo senón dous, os Poríferos e os Placozoos, de modo que esponxa xa non sería sinónimo de Parazoo, porque os placozoos tamén o serían (segundo eses taxonomistas), o que é unha razón máis para non facer a equivalencia esponxas=parazoos. Polo contrario, a equivalencia esponxa=porífero é correcta.

Eu o que faría sería, simplemente, eliminar a redirección "esponxas" (borrala da Galipedia), porque ao meu ver sobra, e deixar só a redirección "esponxa"=porífero. Pero non sei como se fai iso tecnicamente.--Miguelferig 16:50, 14 de xaneiro de 2012 (UTC)

Pedro, que che parece a idea de dáreslle ti un repaso (estes dásenche moi ben) para o poder meter de destacado de Galicia a tempo para o entroido deste ano? --Atobar (conversa comigo) 23:17, 17 de xaneiro de 2012 (UTC)

Nome dun modelo

Non sei se terá importancia, pero creo que puxen mal o nome dun modelo. Creei o modelo hormonas, pero á páxina púxenlle o nome hormonas. Despois, deime conta que o nome dos modelos sempre é Modelo:..., polo que debín poñer Modelo:Hormonas. Entón o que fixen foi cambiarlle o nome a Hormonas e poñer no seu lugar Modelo:Hormonas. Pensei que así estaba solucionado, pero despois ao buscar páxinas na caixa de procurar vexo que existen a páxina hormona (que xa estaba feita) e hormonas (o modelo meu, que segue estando aí). Eu prefería que só figurase Modelo:Hormonas nas páxinas de modelos, e tamén a páxina que xa estaba feita de hormona (en singular) entre os artigos, pero segue existindo a páxina Hormonas (en plural), que en realidade é un modelo. Igual non ten importancia, pero aviso por se acaso.

Non sei como non me dei conta, porque xa fixera anteriormente o Modelo:Lípidos sen ningún problema. --Miguelferig 22:37, 20 de xaneiro de 2012 (UTC)

Xa vexo que está solucionado. Grazas.--Miguelferig 11:27, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)

Que é o que é "obra derivada" e que é o que non o é

Ola Pedrícola.

Pois non, non podes empregar esas fotos debido aos dereitos dos fotógrafos.

Consideremos unha obra no dominio público, por exemplo un cadro de Serafín Avendaño. O cadro pode aparecer reproducido en libros, páxinas web, DVDs, etc. Esas reproducións, frontais, fidedignas, dunha obra bidimensional, son meras reproducións técnicas, non artísticas. Aquel que reproduce a obra non engade nada, non pode atribuírse dereitos sobre a propiedade intelectual (inda que as veces o pretenden). Só hai unha obra, a obra orixinal. Non hai obra derivada. Os reprodutores son meros intermediarios, non son artistas.

Agora outro exemplo. Unha escultura dun autor antiquísimo. De por si, pola súa antigüidade, a obra orixinal estará no dominio público. Porén, unha imaxe desa escultura (fotografía, debuxo) constitúe sempre outra obra en si mesma, porque o fotógrafo/debuxante escolle un ángulo determinado, un encadre, unha iluminación, uns cores... É sempre unha obra derivada. Entón hai que considerar (1º) os dereitos de explotación do autor orixinal, o escultor, que resulta que xa remataron, xa non os ten porque finou fai X decenas de anos, e (2º) os dereitos do autor da obra derivada (o fotógrafo/debuxante) que si que os ten, a non ser que, obviamente, renuncie a eles.

Amais de todo iso, hai que ter en conta outra cousa que está nas leis. En España e outros países (non en todos, en Francia non é así) se unha obra está permanentemente exposta na vía pública está no dominio público. Quer dicir que, si lle tiro unha foto á escultura dun artista contemporáneo que está no medio dunha praza, non teño que considerar a protección da propiedade intelectual da súa obra. Iso chámase liberdade de panoramaligazón en portugués e outras linguas. Con todo, e volvendo sobre o mesmo, a miña foto é unha obra artística, e para que terceiros a empreguen eu teño que licenciala nos termos que correspondan.

Outro exemplo. As composicións musicais dos grandes clásicos... están no dominio público? Pois .... depende. As obras (as partituras) si, mais unha gravación desa música moi probablemente non. Iso é debido a ... exacto!, os dereitos dos mestres interpretes (os violinistas, os trompetistas...) que son artistas, que interpretan a obra, que crean unha obra derivada.

Resumindo, se unha editorial (ou quen sexa) reproduce (sen modificala, sen engadirlle nada) unha obra que por lei está no dominio público, xa pode dicir "tódolos dereitos reservados" ou dicir misa, a obra está no dominio público ¡Y punto!que diría o finado.

Máis información en Commons:Obras derivadas (en galego).

Dime se te quedan dúbidas. --. HombreDHojalata.conversa 17:11, 29 de xaneiro de 2012 (UTC)

Se estamos a falar da reprodución dun cadro, non, o fotógrafo non escolle ángulo, ni encadre, nin cores, nin nada. O ángulo so pode ser un, perpendicular, as proporcións as marcou o artista orixinal, as cores deben ser fidedignas e iso implica unha iluminación determinada... se o caso non é ese, se sae un anaco de marco ou a foto está tirada de lado ou, que sei eu, iluminada cunha bombilla azul... entón si, entón xa volvemos ao da obra derivada.
En todo caso, non tomes ao pe da letra o que digo, que ao fin e ao resto so son un opinólogo non acreditado. Vai ás fontes que ligo. En concreto, por exemplo, para a liberdade de panorama a normativa española di exactamente (e non deixa lugar a moitas dúbidas):
...
Os facsímiles de obras no dominio público están no dominio público? Pois ... si. Non? Porqué non habían de estalo?
--. HombreDHojalata.conversa 19:18, 29 de xaneiro de 2012 (UTC)

Moitas grazas

En boa me metín. --Xabier Cid Talk 2 me, please 16:26, 5 de febreiro de 2012 (UTC)

Cúmulo

Ola Lameiro. Parece que para a RAG é cúmulo e acumulación. Desta, dan como SIN. amoreamento, cúmulo (máis culto), montón, morea. --Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 01:38, 7 de febreiro de 2012 (UTC)

Acción católica

Grazas polo aviso, Pedro. Xa o esquecera... Póñome con iso nestes días. Saúdos. --Xas (conversa) 20:24, 12 de febreiro de 2012 (UTC)

Casas de concellos

Pois que eu saiba non, non vin nengunha categoría oculta, se me entero dalgo xa che aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:35, 19 de febreiro de 2012 (UTC)

Ignacio Castro Rey

Estimados señores bibliotecarios, No sé si me recordarán, pero supongo que soy lo que ustedes llaman un autor, con sus correspondientes derechos. De hecho, he publicado tres libros en este pasado año que ustedes, con su probada competencia técnica, pueden fácilmente localizar. Pues bien, ya es suficiente. Mi colaboradora Ednamore me ha informado con detalle de este mes plagado de sobresaltos desde que iniciamos el contacto con Wikipedia. Reconozco que cometí un error de estilo al proponer una página de información que comenzaba por dos párrafos sin duda excesivamente “literarios” para la sobriedad que se le supone a una “Enciclopedia libre”. De acuerdo en este desliz inicial, pero a partir de él ni siquiera nos han dado tiempo para encontrar un interlocutor fiable que nos guiase en las necesarias correcciones. Todo han sido amenazas automáticas del sistema, juicios anónimos más bien insultantes y medidas un poco policiales. Comprendo que tienen que velar por la objetividad de unos parámetros, pero no creo que deba ser éste ni el método ni los modales. Para empezar, tampoco son objetivos sus criterios, pues ha sido mareante su continua fluctuación. Sé que estamos en España, pero que a mis amigos Jorge Alemán, José Luis Pardo o Ángel Gabilondo, por citar sólo tres ejemplos, les permitan unas páginas llenas de información, enlaces y fotos del autor, que en el caso de Ignacio Castro (sin duda, menos conocido) sean tachadas de “publicidad”, “vanidad” y acusaciones veladas de falsificación, es el colmo. Que se permitan decir que parece una “lista de supermercado” (¿le han hablado en estos términos a otros autores?) lo que es parte de un currículo, es la gota que colma el vaso. Cuando además, los párrafos más explicativos, conceptuales y “contextuales” enseguida los han tachado de publicidad y autobombo. Es imposible entenderles. Renuncio a seguir con este simulacro de “discusión”. Les pido disculpas por las molestias ocasionadas (aunque no sé quién me las pedirá a mí), pero pueden considerarse desde este momento libres de mi pesada carga. Es más, les ruego encarecidamente que retiren también la página que alguno de ustedes ha colgado en la Wikipedia en gallego. Es de una pobreza deprimente y está plagada de errores de bulto.

Sin más, se despide atentamente, Ignacio Castro Rey

Madrid, 23 de febrero de 2012

Saúdo de aniversario

Ola Lameiro. Vista a túa mensaxe de aniversario, comezo a serie de parabéns polo tempo que levas aquí, polo que levas feito e polo acadado pola comunidade. Espero que desfrutes outro tantos anos e máis e que todo, se é posible, vaia a mellor. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:08, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

  • Contesto aquí para anticiparme a esa serie que anuncias. Os parabéns son para todos vós. O agradecido son eu. Pero aínda así, por suposto que grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 19:11, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

Cinco aniños, por favor Lameiro ! Tes que entendelo como sorpresa de dita. Xa fai un tempiño que non tiven ocasión de ollar as fotos que subes, e co motivo de felicitarche vouno facer e propór algunhas para imaxe da Portada. Ando a educarme os ollos artisticamente, e a ver si escollo as que sairon mellor. Unha aperta Lameiro --Elvira (fálame) 21:14, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

Parabéns por este aniversario, por todo o traballo que levas feito no proxecto e grazas tamén por todo o que me levas axudado, que sexa por outros cinco anos máis! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:39, 25 de febreiro de 2012 (UTC)

Aínda acabo de ver agora a mensaxe informativo dos teus 5 anos de Galipedia. Moitos parabéns, moitas grazas e moitos saúdos. --Atobar (conversa comigo) 23:19, 10 de marzo de 2012 (UTC)

Redirección

Borrei a redirección que creaches na páxina "Acanthodii" porque era unha redirección cara a si mesma. Non sei se a redirección pretendía apuntar a outro lugar. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 15:41, 8 de marzo de 2012 (UTC)

Ola Lameiro. Vin no artigo Igrexa de Santiago da Coruña o seguinte texto "No seu adro reuníase o concello desde o século XV" que podería valer para incorporar a imaxe ao artigo Casa do concello. Ti adoitas dispoñer de documentación para referenciar este tipo de edicións. Quería preguntarche se neste caso dispós dalgún dato que poida servir para confirmar esa afirmación sempre que teñas tempo para miralo e non sexa unha molestia. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:14, 11 de marzo de 2012 (UTC)

Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:03, 13 de marzo de 2012 (UTC)

E-mail

Pedro, mandeiche un correo electrónico por un tema alleo á galipedia relacionado co refraneiro. Coméntocho por aquí por se resulta que o habilitado aquí non é un enderezo de correo que consultes decote. Graciñas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:17, 20 de marzo de 2012 (UTC)

Punto

OK, grazas --. HombreDHojalata.conversa 22:45, 30 de marzo de 2012 (UTC)

Novo DRAG

Ola Pedro. Xa o vin esta mañá (despois de ver a nova en La Voz mentres almorzaba). Moitas grazas por avisares. --XoioÉche o que hai 23:21, 31 de marzo de 2012 (UTC)

Elitserien

Ola Lameiro! Efectívamente, hai que borrar o artigo Elitserien i handoll för herrar porque ao crealo cominme unha letra. Non sei cómo facer para mover unha páxina sen deixar unha redirección :( Moitas grazas, un saudazo! --Piquito (conversa) 22:26, 4 de abril de 2012 (UTC)

Moitísimas grazas! Tereino en conta no futuro. --Piquito (conversa) 13:40, 5 de abril de 2012 (UTC)

Pazo

Ola Lameiro. Podo poñer, se queres, o bot a trocar a ligazón Pazo (arquitectura) por Pazo? Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:27, 5 de abril de 2012 (UTC)

Xa me poño a facelo. --Prevertgl 12:30, 5 de abril de 2012 (UTC)
Feito. Mantiven a escolla do editor en canto a dirixila a pazo ou palacio. Neste momento só apunta cara a Pazo (arquitectura) a mensaxe que publicaches na taberna, pódese borrar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:03, 5 de abril de 2012 (UTC)

Desculpa a intromisión. Igual estou medio cego e non o vexo, pero iso que lle dis a Piquito sobre a opción das redireccións paréceme que é exclusivo para administradores. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:27, 5 de abril de 2012 (UTC)

correccións

Graciñas polas túas correccións na sección s.XXI de España , a verdade é que non me decatara deses erros no que escribin. --83.35.148.206 11:18, 6 de abril de 2012 (UTC)

Ligazóns rotas e ligazóns mortas

Ola Lameiro. Entre as opcións de configuración dos bots hai unha que permite verificar todas as ligazóns externas. Con ese script activado pasei varias veces nas últimas semanas Prebot por toda a Galipedia e xa teño unha lista de ligazóns rotas ou mortas (chámolle mortas a aquelas que despareceron completamente mesmo o sitio web xa non existe). Polo de agora publiquei o comezo da lista en Usuario:Prevert/Ligazónsmortas á espera de que se decida se esa páxina debe estar no espazo Wikipedia: ou ten que permanecer nunha subpáxina persoal. No principio desa páxina hai instrucións sobre que facer en cada caso. Por outra banda, unha opción do script que verifica as ligazóns externas é publicar na páxina de conversa do artigo as ligazóns que non funcionan. En Wikipedia:A_Taberna_(técnica)#Ligazóns_rotas_e_ligazóns_mortas pregunto á comunidade se activar ou non esa opción. Para que unha ligazón externa se inclúa como rota ou morta na lista no prazo dunha semana non estaba activa polo menos dúas veces. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:18, 6 de abril de 2012 (UTC)

Agradecemento

Grazas polo teu consello. E certo que todo foi motivo dun calentón, e para nada trataba de acosar a Prvert ou como carallo se escriba.

En fin grazas de novo. --83.58.21.28 19:14, 6 de abril de 2012 (UTC)

Bloqueo de IP

Ola Lameiro. Creo que te trabúcaches na interpretación do bloqueo, non é pola foto dos templarios. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:21, 6 de abril de 2012 (UTC)

Na miña opnión agora que sabes que o bloqueo do IP non foi pola foto dos templarios tes que aclarar se segues discordando co xeito no que se fixo o bloqueo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:03, 6 de abril de 2012 (UTC)
Grazas. --Prevertgl 21:13, 6 de abril de 2012 (UTC)

Verificabilidade

Síntoo, debe ser xa tarde que me perdo. Non entendo que é concretamente o que me queres dicir. Que é o que fixen mal?

Falando doutra cousa... conseguín resucitar tódalas ligazóns mortas de Castelao!!!--. HombreDHojalata.conversa 21:08, 6 de abril de 2012 (UTC)

Re: Recoñecemento de Orixe

Grazas polo aviso. Os erros gramaticais intento evitalos, máis é problable que me olvide dalgún. --50.117.56.142 15:32, 7 de abril de 2012 (UTC)